La Xunta invita a dialogar a 'Queremos Galego', que no recibió aviso oficial

Tra-lo anuncio realizado ós medios de comunicación dun convite por parte do Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo , ao voceiro da plataforma 'Queremos Galego', Francisco Rei, éste afirmou que o colectivo aínda non recibiu unha comunicación oficial''. O anuncio do convite chegou aos medios a través dun comunicado da Consellería de Educación.

Nesta nota de prensa da Xunta infórmase de que o secretario xeral convidou a Francisco Rei ''a exporlle en persoa as súas inquedanzas sobre a promoción e protección da lingua galega''. Desta forma, Anxo Lorenzo pídelle que '' presente as súas alternativas en materia de política lingüística, de tal modo que poidan ser tidas en consideración''.

Polo de agora, Francisco Rei, a falta dunha convocatoria concreta limitouse a definir esta información coma unha ''proposta mediática'' aínda que ''agardaremos a que se produza a comunicación oficial'' é que unha vez recibida será valorada pola plataforma.

Rei destacou que o seu colectivo ve positivo poñer en común co resto da sociedade e expresou que, aínda que se descoñeza o que se transmitirá a Xunta nunha reunión destas características, ''se é favorable para a lingua, se se produce unha rectificación pois benvida sexa''.

Así, afirma que de realizarse esta xuntanza, a plataforma ''transmitirá a posición expresada na rúa'' por un sector activo da sociedade que quere un cambio na política lingüística da Xunta. Tamén expresou a súa esperanza por que unha persoa coma Anxo Lorenzo, de ''recoñecido prestixio na lingüística e que coñece a realidade'', non caia nos ''tópicos da imposición do galego''.

Rueda amosa ''respecto'' polos manifestantes

Este anuncio de reunión trátase da primeira resposta de achegamento por parte da Xunta tras a multitudinaria manifestación celebrada o domingo polas rúas de Santiago de Compostela. Ata o momento a única resposta que a Xunta comunicara foran unhas declaracións do conselleira de Presidencia, Alfonso Rueda.

Nelas, Rueda afirmaba o seu ''respecto'' polas persoas que se manifestaran ''de boa fe'' coa plataforma 'Queremos Galego', pero afirmou que tal mobilización fora politizada polo BNG e PSdeG. Tamén arremetera contra o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, pola súa presenza na reunión, considerándoo como un representante do Gobernop Central.

Francisco Rei afirmou que as palabras de Rueda céntrase só no ''anecdótico'', e ante a falta dunha postura concreta por parte da Xunta ante a mobilización do domingo o voceiro de 'Queremos Galego' cre que ''non teñen nada que facer, neste caso non poden deixar de darnos a razón''.

Iniciativa Lexislativa Popular

O voceiro de 'Queremos Galego' anunciou tamén que nas vindeiras semanas continuarán as actividades de 'Queremos Galego'. As accións da plataforma centaranse en impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular que solicite a o cumprimento e a blindaxe da lexislación lingüística acadada por consenso.

Esta iniciativa, que será levada ao Parlamento galego, levará ao colectivo, no que se encadran unhas 500 asociacións de diversos sectores sociais, a realizar un traballo a pé de rúa durante uns catro meses para a recollida de apoios, segundo estipulou Rei. A proposta unha vez

Comentarios