Antonio López: "Queremos unha USC radicalmente diferente"

O profesor de Barreiros vese con máis posibilidades que hai catro anos de derrotar a Juan Viaño, o actual reitor

Antonio López
photo_camera Antonio López. EP

Antonio López presentou o venres a súa candidatura a reitor no Rexistro Xeral da Universidade de Santiago (USC) acompañado da profesora Mar Lorenzo e o tamén docente Gumersindo Feijóo.

López (Barreiros, 1964), que decidiu pugnar de novo con Juan Viaño polo Reitorado da USC, considera que esta vez conta con máis posibilidades que hai catro anos de derrotar ao actual reitor, ao que ve "desgastado" por unha "escura" xestión que, segundo el, conduciu á Universidade compostelá "a unha perda de relevancia tanto na súa proxección social como dentro do sistema universitario”.

Recuperar a autonomía universitaria é o primeiro dos tres obxectivos que se propón Antonio López. Os outros son "saír da pobreza funcional na que se ten instalado a USC" e "recobrar a ilusión". O mariñán fincado desde hai anos na contorna de Santiago pide restablecer o protagonismo dos órganos de goberno da Universidade, acadar un modelo financeiro "alternativo ao da austeridade" e devolver "a vocación de crecer en todos os ámbitos". 

Despois da Semana Santa e tras manter xuntanzas nas últimas semanas nos distintos ámbitos universitarios, Antonio López presentará "un programa de propostas encamiñadas a corrixir estes erros. "Queremos unha universidade radicalmente diferente á que temos agora e que recupere o liderado que lle corresponde”, sinala.

Comentarios