sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Unha anciá recupera 2.000 euros que perdera logo de atopalos unha moza en O Grove

Zona na que aconteceu o suceso. TVG
Zona na que aconteceu o suceso. TVG
Nada máis velos tirados nun sobre na rúa, a muller foi na rápida procura da propietaria

As milagres de Nadal semellan existir, igual que a boa xente. Aconteceu en O Grove. Segundo informa a TVG, unha moza atopou tirado ás portas dunha farmacia un sobre no que había un feixe de cartos, ata 2.000€.

A muller foi na procura da propietaria do sobre, que supuxo que se atoparía no establecemento. Alí estaba unha anciá que non atopaba no seu bolso os cartos cos que pagar a súa compra. Ao vela, a moza procedeu coa entrega do diñeiro.

Deste xeito, todo quedou nunha anécdota de veloz solución.

Unha anciá recupera 2.000 euros que perdera logo de atopalos unha...
Comentarios