Activo un incendio que afecta a unha nave de explotación de gando en Xinzo

Os Bombeiros centran os seus esforzos en atallar o lume declarado nuns rolos de herba seca
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bombeiros. AEP

Os servizos de emerxencia traballan arestora na extinción dun incendio nunha nave de gando situada no Camiño do Canal, en Xinzo de Limia.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os Bombeiros de Xinzo centran os seus esforzos en atallar o lume declarado nuns rolos de herba seca que atopábanse tanto no interior coma no exterior da construción, sen que se rexistrasen danos persoais.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ás seis e cuarto da tarde, a través dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Xinzo.

Decontado, os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia, da Policía Local e dos axentes da Garda Civil.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse do incendio a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Verín, como medida preventiva por se fose precisa a súa intervención.

Comentarios