miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Estabilizado o incendio que queimou unhas 66 hectáreas en Verín

Incenido en Verín. TWITTER (@BrifLaza)
Incenido en Verín. TWITTER (@BrifLaza)

As lapas orixináronse na parroquia do municipio ourensán de Vilamaior do Val

O incendio forestal que queimou unhas 66 hectáreas de superficie en Verín foi por estabilizado polos medios de extinción. 

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 15.39 horas na parroquia de Vilamaior do Val e para o seu control movilizáronse un técnico, sete axentes, 13 brigadas, cinco motobombas, unha pá, oito helicópteros e un avión. 

EXTINGUIDO. Mentres, o incendio forestal que se iniciou ás 2.21 deste martes no municipio de Muras quedou extinguido ás 19.47 horas.

As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 25 hectáreas de monte raso. No seu control traballaron dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, unha pa e un helicóptero.

Pola súa banda, ás 14.25 deste martes quedou extinguido o lume declarado ás 19.18 do luns na parroquia de Pambre, en Palas de Rei. Debido a este lume ardeu unha superficie de 35 hectáreas, de elas14 de monte arborado e 21 de raso.

Para extinguir este incendio mobilizáronse seis axentes, 14 brigadas, seis motobombas, dúas pas e seis helicópteros. 

Estabilizado o incendio que queimou unhas 66 hectáreas en Verín