Viernes. 24.05.2019 |
El tiempo
Viernes. 24.05.2019
El tiempo

Abascal programa un mitin na Coruña por sorpresa

El presidente de Vox, Santiago Abascal. EFE
El presidente de Vox, Santiago Abascal. EFE

O líder de Vox non tiña previsto desprazarse ata Galicia na campaña

O líder de Vox e candidato á presidencia do Goberno por esta formación, Santiago Abascal, desprazarase o vindeiro luns até A Coruña para participar nun mitin. 

Así o confirmaron a Europa Press fontes de Vox, que aseguraron que o líder do partido estará en Galicia para participar "polo menos" nun mitin que se celebrará pola tarde no Palacio de Congresos da Coruña. 

A decisión de programar un mitin de Abascal en Galicia, comunidade que inicialmente non figuraba na súa axenda, prodúcese un día despois de que a Xunta Electoral Central deixase a Vox fóra do debate electoral organizado por Atresmedia, alegando que a súa presenza vulneraría os criterios de representatividade. 

Ademais, vén reforzar a presenza dos cargos do partido en Galicia, despois da visita que a pasada fin de semana realizou a Vigo e Ourense a responsable de Vox en Madrid, Rocío Monasterio.

Abascal programa un mitin na Coruña por sorpresa
Comentarios