Ataviado cun pasamontañas e mono azul, un home abandonaba seis gatos ás portas da protectora Gatocan, en Coirós. As cámaras de seguridade do recinto gravaron o momento.
"Máis que enfadar, xa te supera que alguén chegue a vestirse como se fora facer un atraco a un banco para vir deixar uns gatos", comentaba unha das colaboradoras da protectora á Televisión de Galicia.
Os gatos tiñan idades moi diversas, desde os 15 meses ata os seis anos.