Abanca pon en marcha a campaña 'Unha Nova Árbore' coa que busca replantar máis de 4.000 exemplares na comunidade 

Para que quen queira colaborar con esta iniciativa poderá facelo a través da "caixa-tronco" ► Os fondos recadados serán doados ao Grupo Naturalista Hábitat

Paisaxe de outono no rural galego. RAFA FARIÑA
photo_camera Paisaxe de outono no rural galego. RAFA FARIÑA

Coa iniciativa 'Unha Nova Árbore' Abanca comprométese a replantar 4.608 exemplares nos montes galegos, cada un deles simboliza a cada un dos seus empregados.

Ademais, para quen queira participar nesta campaña, a entidade pon á venta unha caixa, con forma de tronco, a un prezo de 10 euros que serán doados integramente ao Grupo Naturalista Hábitat, que plantará unha árbore na comunidade por cada paquete vendido. 

Algunhas das especies que se cultivarán serán: o carballo, o freixo, o castiñeiro, a abeleira ou o ameneiro.

Para máis información podes consultar a web www.unhanovaarbore.com.

Comentarios