Dobre derbi nesta xornada de volta ao parqué con vitoria de Meigallos e Burela, sobre Vilalba e Casás, respectivamente. O equipo Vilalbés cae á última praza, que deixa o Guitiriz, que sumou a segunda vitoria consecutiva.
O Meigallos segue liderando o grupo da xuvenil cinco puntos por riba do seu perseguidor tras sumar unha vitoria contra o Vilalba nesta xornada de reanudación. Foron moi superiores os de Sarria, aínda que os vilalbeses tiveron as súas oportunidades antes do descanso, ao que se chegou 0-2.
Na segunda parte, o Vilalba acortou distancias co 1-2 e o Meigallos sufriu un pouco antes de marcar o 1-3 nunha xogada a balón parado para volver ser superiores. Tralo 1-4, o Vilalba sacou o porteiro xogador pero foi o Meigallos o que marcou a porta baleira. Vitoria importante para o equipo de Sarria na súa procura de asentar o liderado malia ter dúas baixas importantes, Rubén, que rompeu o menisco, e Gonzalo, que foi expulsado.
No outro debi da xornada, o Casás caeu ante o Burela, que se coloca terceiro, malia que foi o equipo amarelo o que comezou gañando, cun 2-0 nos primeiros minutos. Partido moi igualado na primeira metade, como foi o de ida, ofrecendo un gran espectáculo ao público.
Na segunda parte, o Burela retomou o xogo con forza e o Casás quedou atontado ante tres goles laranxas en rápida sucesión. Os de Nino dispuxeron depois de numerosas ocasións pero non foron capaces de levantar o resultado e o marcador non se moveu máis.
Finalmente, o Guitiriz, xa que o Begonte descansou, logrou sumar a segunda vitoria consecutiva, tras unha tempada para esquecer. Deste modo, abandona a última praza con opcións aínda de seguir mellorando. Venceron a un Ventorrillo, que acudiu xusto de xogadores, por 5-4. Primeira parte tamén moi igualada que rematou cun único gol de Alexandre no minuto 1.
Na segunda, o Guitiriz púxose nada máis aterrar con dous goles máis por diante mentres o Ventorrillo non deixaba irse ao equipo local no marcador. Chegaron a poñerse 5-2 pero o Ventorrillo recuperou no tramo final ata o 5-4 con porteiro xogador. O perigo real estivo cando faltaban dez segundos, o Guitiriz fixo unha falta que trouxo un dobre penalti pero Iago foi o encargado de parar o misil para sumar os dous puntos.
VILALBA 1 - 5 MEIGALLOS
Os Meigallos FS: Saúl T, Iago, Pablo (1), Borja (1), Saúl F (1), Álex, Adrián, Brais (1), Tomás (1) e Jesús.
Cancha: Municipal de Vilalba.
CASÁS 2 - 5 BURELA
Pescados Rubén Burela FS: Javier, Bruno (1), Hugo, Rafael (2), Fernando (1), Roi, Elías, Lucas (1), Luis Miguel, Isaias, Saúl e David.
Cancha: O Palomar.
GUITIRIZ 5 - 4 VENTORRILLO
Distrito Ventorrillo FS: Rubén (1), Jaime, Ramón (2), Abel (1) e Miguel A.
Cancha: Jonathan Carro.
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A |
---|
Resultados xornada 14
Vilalba | 1-5 | Meigallos |
Casás | 2-5 | Burela |
5 Coruña | 6-2 | Hércules |
Guitiriz | 5-4 | Ventorrillo |
D | Begonte |
Próxima xornada
Meigallos | - | Casás |
Burela | - | 5 Coruña |
Hércules | - | Guitiriz |
Ventorrillo | - | Begonte |
D | Vilalba |
Liga Feminina
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B |
---|
Próximas xornadas (21/02)
Vilalba | - | Cidade das Burgas |
Ribeira | - | Burela |
Burela | - | Vilalba |
Cidade das Burgas | - | Ribeira |