O Burela arranca como líder con moitas ganas e unha goleada ao Sala Ourense

Dobre derbi provincial con vitorias de Vilalba e Meigallos sobre Begonte e Casás, respectivamente

Liga Galega Xuvenil

O Burela abriu a Liga con ganas de recuperar a súa praza na División de Honra e comezou facendo méritos tras marcar un 3-12 na xornada inaugural.

Os de Pardeiro foron contundentes desde os minutos iniciais. Aos 6 minutos xa estaban con tres goles de vantaxe e no intermedio o marcador lucía un 1-7 que xa apuntaba maneiras para pechar o partido co 3-12 do final cun último gol sobre a bucina.

Dous derbis provinciais completaron a xornada. O Casás recibiu ao Meigallos e intercambiaron posicións na táboa ao longo do partido. Comezou dominando o Meigallos, que chegou ao minuto 10 cun 0-3 que antes do descanso xa estaba en empate. O segundo tempo estivo dominado ao principio polo Casás pero aos xogadores, noveles na categoría, pasoulles factura o cansazo e o Meigallos recuperou posicións para adiantarlles ata o 5-7 do final.

O Vilalba FS venceu amplamente ao Concello de Begonte a domicilio por 3-8. Os vilalbeses saíron na primeira parte a morder e meteron tres goles para empezar. Así foi que aos 6 minutos ían 0-3. Tras un tanto en propia porta, seguiron marcando ata o 4-2 co que chegaron ao descanso. Marcou ao equipo a expulsión de Javi por dobre amarela. 

O Begonte achegouse no intermedio ata o 3-4 pero o Vilalba volveu coller forzas e pechou o resultado co 3-8 final.

Consulta a clasificación aquí

SALA OURENSE 3 - 12 BURELA

Sala Ourense 2014: Xoel, Iago, Marcos (1), Hugo, Javier, Martín T, Jorge, Alejandro (1), Martín V (1), André e Pablo.
Pescados Rubén Burela FS: Brais, Bruno (1), Luis Miguel (1), Rafael (4), Hugo (1), Unai, Iago (2), Diego E (3), David e Diego P.
Cancha: Paco Paz.

BEGONTE 3 - 8 VILALBA

Concello de Begonte FS: Daniel, Pablo (1), Rubén, Anxo (1), Ramón, Yerai, Antón, Mario, David, Álvaro, Diego e Xabier. Un en propia do rival.
Grupo Foma-T Vilalba FS: Dilan, Javier, Anxo L (1), David (2), Pablo (3), Anxo S, Martín (1), Noe, Alexandre, Samuel (1), Ismael e Brais.
Cancha: Municipal e Baamonde.

CASÁS 5 - 7 MEIGALLOS

Club Polideportivo Casás: Jorge, Manuel, Yerai, Nicolás (1), Samuel (2), Mateo, Joel (1) e Sergio (1).
Os Meigallos FS: Álex, Óscar (3), Adrián, Xoel, Saúl (2), Álex, Rubén, Jesús, Uxío (2), Dennis, Mauro e Tomás.
Cancha: O Palomar.

Resultados xornada 1

Narón 5 5 Redondela
5 Coruña B 9 0 Coruxo
Begonte 3 8 Vilalba
Casás 5 7 Meigallos
Sala Ourense 3 12 Burela
Beade 4 6 Noia
Campito 6 2 Alto do Vento
Hércules 3 3 Betanzos

Próxima xornada

Redondela - - Hércules
Coruxo - - Narón
Vilalba - - 5 Coruña
Meigallos - - Begonte
Burela - - Casás
Noia - - Sala Ourense
Alto do Vento - - Beade
Betanzos - - Campito

 

División de Honra Xuvenil

A próxima fin de semana dará comezo a competición na máxima categoría xuvenil, a División de Honra, na que participan este ano Ribeira FS e Lugo Sala Acasti Reformas. Ambos os dous repiten, xa que competiron nesta mesma categoría a tempada pasada. Nesta ocasión o grupo contará con 13 equipos nun curso que se alongará ata mediados de maio.

Primeira xornada

Valladolid - - Ribeira
Vigo - - Zamora
5 Coruña - - Carballiño
Benavente - - Pontevedra
Lugo Sala - - Inter Sala
Salamanca - - Tres Columnas
  D Parrulo