Vitoria clara do Acasti Reformas e derrota inmerecida do Ribeira no regreso ás pistas

O Burela fíxose co derbi ante o Casás nun duelo de moita desigualdade. Os equipos femininos volverán á competición o martes de Entroido

División de Honra Xuvenil

Retomouse esta fin de semana a competición la División de honra, que tivo descanso a pasada sesión. Neste reinicio, o Acasti Reformas venceu claramente ao Tres Columnas, o que lle axuda a despegar na táboa.

Os brancos xogaron unha boa primeira parte, sendo superiores e xerando unha gran cantidade de ocasións, pero non foron capaces de conseguir que acabasen en gol polo que o partido ao descanso estaba máis igualado no marcador que na pista (1-0).

Foi na segunda parte cando xogo igualouse máis pero o marcador púxose de cara para os brancos e lograron iniciar unha xeira anotadora que os levaría a ampliar o resultado e ter un final cómodo.

Para o Ribeira a derrota ante o Salamanca nos últimos segundos foi un xarro de auga fría despois de dominar todo o partido, agás os primeiros cinco minutos.

O dominio notouse no marcador, xa que chegaron á pausa co 2-1 no electrónico. O rival non facía dano ao xogo ribeirao, que engrosou o resultado ata o 3-1. Dispuxo despois de numerosas ocasións para matar o partido pero o 1-4 non chegou, logo de cinco minutos nos que o balón remataba contra o pau ou o porteiro rival.

Durante o 5 para 4, o Salamanca achegouse ata o 3-2 e logo subiron o empate nunha xogada desafortunada. A falta de 40 segundos e coas táboas no marcador acabaron os de Arcadio regalando o gol que os condenaba cando sacaron porteiro xogador. Aínda tiveron oportunidade de empatar pero a bóla xa no quixo entrar.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 7 - 2 TRES COLUMNAS

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Daniel (1), Pedro (2), Raúl (1), Teo, Alejandro, Anxo. (2), Diego, Iván (1) e Hugo 
CD Tres Columnas Soliges Redmediaria: Francisco, Yassin (1), Carlos (1), José Alberto, Paul, Juan Antonio, Alejandro e Pablo.
Cancha: O Palomar.

SALAMANCA 4 - 3 RIBEIRA

FS Salamanca: Hugo G, Iván (3), Marcos, Adrián (1), Raúl, Ángel, Mario, Hugo A, Sergio, Pablo e Antonio.
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Mateo, Unai (1), Xabier, Roberto, Alejandro S (1), Adrián (1), Mael, Bruno, Saúl e Alejandro P.
Cancha: La Alamedilla.

Resultados xornada 15

Salamanca 4 3 Ribeira
Valladolid 14 0 Zamora
Vigo 3 6 Parrulo
5 Coruña S Pontevedra
Benavente 5 1 Inter Sala
Acasti Reformas 7 2 Tres Columnas
  D Carballiño
Próxima xornada
Zamora - - Ribeira
Parrulo - - Valladolid
Carballiño - - Vigo
Inter Sala - - 5 Coruña
Tres Columnas - - Benavente
Acasti Reformas - - Salamanca
  D Pontevedra
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

Só dous partidos marcaron a competición xuvenil para os equipos da provincia esta fin de semana. Destacou o derbi Casás-Burela, no que o equipo mariñao foi inflexible e volveu a casa cun 0-7 ao seu favor. 

O equipo mariñao, que ten claro que vai a por todas e quere volver á División de Honra, aínda que o Noia non llo pon nada fácil, goleou amosando superioridade ante un Casás que tampouco tivo o seu mellor día. Os laranxas puxéronse cedo por diante e no intermedio xa estaba 0-5, a segunda foi máis tranquila pero a vitoria non perigou en ningún momento e, nos últimos segundo, marcaron o sétimo.

Xunto ao Casás, na parte morna da táboa, segue o Vilalba, que foi derrotado polo 5 Coruña, un dos aspirantes ao título e ascenso. Xogaron ben a primeira parte pero os fallos individuais pasaron factura e o rival púxose 2-0 antes do intermedio. Na segunda parte intentaron achegarse co 5 para 4 pero non houbo fortuna e non puideron pasar dun gol, ademais de encaixar o sexto.

Consulta a clasificación aquí

5 CORUÑA 6 - 1 VILALBA

5 Coruña FS B-Mera FS: Gustavo, Leo, Gonzalo, Gerardo, Rodrigo, Tomás, Iago, Pablo, Bruno M, Brais, Aarón e Bruno B.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexandre, David, Pablo D, Pablo R, Alain, Ismael, Noé, Javier e Brais.
Cancha: Novo Mesoiro.

CASÁS 0 - 7 BURELA

Club Polideportivo Casás: Jorge, Manuel, Alonso, Joel, Yerai, Mateo, Nicolás e Samuel.
Pescados Rubén Burela FS: Jocelino, Luis, Bruno, Elías, Unai, Diego, Iago D, Rafael, iago L e David.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 17

Hércules 4 4 Redondela
Narón 2 2 Coruxo
5 Coruña B 6 1 Vilalba
Casás 0 7 Burela
Sala Ourense 1 7 Noia
Beade 3 3 Alto do Vento
Campito 6 5 Betanzos
  D Meigallos

Próxima xornada

Coruxo - - Redondela
Vilalba - - Narón
Meigallos - - 5 Coruña B
Noia - - Casás
Alto do Vento - - Sala Ourense
Betanzos - - Beade
Campito - - Hércules
  D Burela
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

A competición ligueira feminina terá o martes de Entroido, 13 de febreiro, a próxima cita, con dobre partido para o Vilalba e un para Ribeira e Burela.
 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 6 3 2 0 0 13 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada (13/02)
Burela - - Vilalba
  D  
Vilalba - - Viaxes Amarelle
  D Burela
 
GRUPO B

Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada (13/2)
Ribeira - - Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF - - Cidade das Burgas
  D Ribeira