O Burela feminino remata a primeira fase da Liga como campión de grupo e invicto

Na masculina, comeza a segunda parte co empate do Meigallos e a vitoria do Burela na súa loita polo título e o ascenso

Grupo 1º

Deu comezo a segunda quenda da Liga cos dous equipos da provincia situados na loita polo título puntuando. O Meigallos físoxe co punto do empate co Hércules mentres que o Burela venceu por un gol ao Bueu e ponse segundo.

Os laranxas lograron a vitoria por un gol de diferenza no último minuto e tras un partido desigual que comezaron gañando con dous goles moi madrugadores. De feito, o grueso da dos goles estiveron na primeira metade, que rematou 3-4, con vantaxe para o Bueu, o único momento no que a tivo.

A igualdade mantívose á vota ata o final co Burela por riba e o Bueu empatando ata que no último minuto os laranxas romperon o equilibro do marcador co tanto da vitoria.

Consulta aquí a clasificación

En igualdade acabou o partido do Hércules co Meigallos (5-5). Partido moi igualado e intenso que puido caer para calquera lado e onde os locais aproveitaron as súas contras e xogadas a balón parado e os sarriaos propuxeron un pouco máis de xogo.

Nos últimos minutos mandaron dous balóns con orientación a gol ao traveseiro e o Hércules tivo algún disparo claro xogando o Meigallos de porteiro xogador que puido romper o resultado final.

HÉRCULES 5 - 5 MEIGALLOS

Sport Sala Hércules: Ignacio, Fernando, Darío (2), Martín, Rodrigo, Daniel, Álvaro, Matías (2, 1 de penalti), Sergio V, Sergio S e Manuel (1).
Os Meigallos FS: Saúl T, Brais (1), Gonzalo (1), Pablo, Saúl F, Álex, Óscar (1), Jesús, Iago e Xoel (1). Un en propia do Hércules.
Cancha: Barrio das Flores.

BURELA 6 - 5 BUEU

Pescados Rubén Burela FS: Roi, Bruno, Hugo (1), Luis, Isaias (2), Javier, Diego P, Lucas, Rafael (2), Saúl, David e Fernando (1).
ADFS Bueu-Grupo Roslev: Ángel, Pedro (1), Eloy, Marco, David (2), Marcos, Javier, Fernando (1), Raúl, Antón e Daniel. Un en propia do Burela.
Cancha: Vista Alegre.   

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 1º 

                Resultados xornada 1

Burela 6-5 Bueu
Redondela 2-7 Carballiño
Hércules 5-5 Meigallos

Próxima xornada

Bueu - Hércules
Carballiño - Burela
Meigallos - Redondela

            

      

Grupo 2º

O Grupo 2º o Vilalba colleiteu vitoria ante o Pecheches mentres que o Begonte suma 3 puntos ante a incomparecencia de o Marín. Ademais, coa retirada do Poio o grupo queda moi mermado.

O partido comezou de cara para os chairegos, que sumaron dous goles, o segundo en propia do rival e a medida que se achegaba o descanso aumentaba a igualdade, xa que foron a vestiarios cun 2-3 a favor dos vilalbeses.

Na segunda metade o Pecheches tivo as súas opcións e deulle a volta ao marcador pero Michael rematou o partido cun hat trick en dous minutos que sentenciou o duelo a favor do Vilalba.

Consulta aquí a clasificación

PECHECHES 4 - 6 VILALBA

Pecheches FS: Lucas, Pablo (2), Aday, Yeray, Samuel, José Manuel (1) e José Carlos (1).
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Diego M, Javier (1), David, José, Michael (3), Mario (1), Pablo D, Pablo L e Brais. Un en propia porta do Pecheches.
Cancha: Colegio Marcote.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 1

Pecheches 4-6 Vilalba
Begonte S Marín
  D Poio

Próxima xornada

Marín - Pecheches
Begonte D Vilalba

            

Grupo 3º

O Guitiriz presentou neste primeiro duelo da segunda fase unha cara distinta á primeira e foi quen de golear a La Peña. A primeira parte estivo máis igualada pero ao rival faltoulle conexión. Marcaron o primeiro tanto no minuto 1 pero foi o único, xa que no descanso o Guitiriz xa puxera o 4-1 no marcador.

Na segunda, nada máis comezar viñéronse abaixo afectados pola retirada dun compañeiro cun hombreiro dislocado. Foi a oportunidade dos cadetes para amosar o aprendido e completar o marcador que se avultou ao final.

Consulta aquí a clasificación

O Casás, pola contra, caeu ante o Ventorrillo nun partido moi igualado no que pesaron moito na conclusión as decisións arbitrais. O local estivo tamén máis atinado de cara ao gol pero o xogo foi máis dos amarelos que comezaron por diante pero que no descanso xa estaban empatados (2-2).

Á volta de vestiarios prodúxose unha alternancia no marcador que ao final beneficiaría ao Ventorrillo, que se levou os tres puntos.

VENTORRILLO 7 - 5 CASÁS

Distrito Ventorrillo: Alejandro (1), Álvaro, Diego (2), Miguel (1), Jaime, Gabriel, Ramón e Xoel (3).
Club Polideportivo Casás: Raúl, Sami, Iván (3), Alberto, Diego (1), Jorge, Sergio e Manuel (1).
Cancha: Barrio das Flores.

GUITIRIZ 11 - 2 LA PEÑA

EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel (5), Aitor, Sergio (3), Anxo, Iago (1), Lois (1) e Bruno (1).
Club Deportivo La Peña LP: Anxo, Iván L, Iván D (1), Iago, Pablo (1), Mateo e Breixo.
Cancha: Jonathan Carro.

               

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 1

Guitiriz 11-2 La Peña
Campito 11-6 Sala Ourense
Ventorrillo 7-5 Casás

Próxima xornada 

La Peña - Ventorrillo
Sala Ourense - Guitiriz
Casás - Campito

            

            

Liga Feminina

Rematou a Primeira fase da Liga na categoría feminina co Burela como campión de grupo con moita vantaxe sobre o segundo, o Ribeira.

A competición celebrou as dúas últimas xornadas condensadas no martes de Entroido en Ourense. O Burela, que finalizou a fase invicto, goleou ao Vilalba e venceu pola mínima ao Ribeira.

Os outros dous equipos da provincia acabaron empatados e ambos remataron cun empate co Cidade das Burgas. 

VILALBA 4 - 4 CIDADE DAS BURGAS

Grupo Forma-T Vilalba FS: Iria, Ainara (1), Leire, María (2), Iris, Jennifer (1), Sofía, Naira, Lucía, Sandra, Sara e Aitana.
Cidade As Burgas FS: Noa, Letizia (1), Andrea (1), Carmen, Karem, Sheila (2), Ánxela e Andrea.
Cancha: Os Remedios.

BURELA 9 - 0 VILALBA

Pescados Rubén Burela FS: Evelina, Claudia (2), Iria, Laura (2), Sofiia, Ester, Daria (2), Nerea (1), Sofía (2) e Mariia.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Iria, Jennifer, Leire, María, Sandra, Ainara, Sofía, Alejandra, Naira, Iris, Sara e Aitana.
Cancha: Os Remedios.

CIDADE DAS BURGAS 3 - 3 RIBEIRA

Cidade As Burgas FS: Noa, Sheila (1), Carmen, Andrea, Karem, Letizia (2), Ánxela e Andrea.
Ribeira FS Lieders: Alba, Carla D (1), Paula R (1), María, Mara (1), Ainara, Carla V, Iria, Alba, Paula M, María e Xenia.
Cancha: Os Remedios.

RIBEIRA 1 - 2 BURELA

Ribeira FS Lieders: Alba, Carla V, Carla D, Paula R (1), Paula M, Ainara, Alba, Mara, María e Xenia.
Pescados Rubén Burela FS: Ester, Daria, Sofía, Mariia, Sofiia (2), Evelina, Claudia, Nerea, Iria e Laura.
Cancha: Os Remedios.

     

        

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Resultados xornadas 5 e 6                        

Vilalba 4-4 Cidade das Burgas
Ribeira 1-2 Burela
Burela 9-0 Vilalba
Cidade das Burgas 3-3 Ribeira