Dobrete de vitorias na División de Honra, na que xa está todo dito

O Burela da Galega cae co Noia e di adeus ao ascenso, aínda que sexa matematicamente posible. Na parte fonda non hai nada decidido cos tres equipos en perigo

División de Honra Xuvenil

Dúas vitorias dos lugueses esta fin de semana a falta de tres xornadas, aínda que ao Ribeira quédanlle dous partidos só.

Sabedores de que teñen a praza asegurada xa que só descende un, e será o Zamora, o Acasti Reformas xogou tranquilo para pechar o marcador nun 2-9 avultado e seguro. Malia que abriu cedo o marcador e afastouse, o rival empatou aos dez minutos. Ao final foron á pausa 2-3 por riba cun gol en propia porta do rival. Foi na segunda cando o equipo do Lugo Sala abriu fenda amplamente ata irse no marcador ata o 2-9 do final.

O Ribeira tamén optou pola vitoria esta fin de semana, ante o Benavente, nun duelo no que a primeira parte foi de claro dominio azul. Saíron moi ben os de Lugo, que fixeron dous goles moi cedo, aínda que o marcador non se moveu máis. Aproveitaron os de Arcadio todos os factores defensivos e que o rival non creaba nada para atacar. Tiveron algunha oportunidade de ampliar a fenda pero non foi posible.

Na segunda parte o rival apertou máis e achegouse ata o 3-3 utilizando o porteiro xogador xa que co 4 para 4 non conseguían facer dano aos de Lugo, agás algún tiro afastado.

A partir de aí o Ribeira volveu coller a ansia de gañar, nun partido que se estaba a quedar lento, e marcou dous goles máis para asegurar a vitoria.

Consulta a clasificación aquí

ZAMORA 2 - 9 ACASTI REFORMAS

River Zamora FS: Héctor, Miguel (1), Víctor, Pablo, Marcos (1), Carlos, Raúl, Eduardo e Aitor.
Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Diego (1), Luis (1), Teo (2), Daniel (3), Alejandro, Anxo, Iván (1) e Javier. Un en propia porta do rival.
Cancha: Manuel Camba.

RIBEIRA 5 - 3 BENAVENTE

Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai (2), Xabier (1), Mael, Saúl, Alejandro S, Mateo, Bruno (1), Roberto, Alejandro P, Álvaro e Uriel. (1).
Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS: Alejandro R, Unai, Diego, Javier, Hugo, Raúl, Aday, Daniel, Sergio A, Alejandro M, Sergio B e Enzo. 
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 23

Salamanca 11 1 Pontevedra
Carballiño 5 5 Inter Sala
Parrulo 5 1 Tres Columnas
Zamora 2 9 Acasti Reformas
Ribeira 5 3 Benavente
Valladolid 4 2 5 Coruña
  D Vigo
Próxima xornada
Inter Sala - - Pontevedra
Tres Columnas - - Carballiño
Acasti Reformas - - Parrulo
Benavente - - Zamora
5 Coruña - - Ribeira
Vigo - - Salamanca
  D Valladolid

 

 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

A falta de 4 xornadas para o remate da competición, o Noia deu un golpe na mesa vencendo ao Burela e aínda que non é campión matematicamente todo parece indicar que o ano que vén será o que estará na División de Honra. Así, os laranxas caeron por 3-0 coma visitantes nun duelo no que o local sentenciou xa na primeira parte completando o resultado co que marcharían ao final do partido. Moito traballo tivo o árbitro que repartiu varias vermellas, 5 para o local e 7 para os visitantes, incluído o adestrador.

O Noia abre así unha fenda de 8 puntos difícil de superar debido á traxectoria da Liga. O que si está claro é que o equipo burelao está libre do descenso, algo que non poden dicir ningún dos outros equipos debido á igualdade que impera na táboa.

O Casás tamén se levou a vitoria, unha importantísima nestes últimos intres de Liga, na que nada está asegurado aínda. Venceu o equipo amarelo ao 5 Coruña por 11-6 cun resultado cómodo despois dun partido no que non sempre foron por diante. Abriron a conta cun penalti no minuto 2 e logo foi o rival o que se adiantou. Antes da pausa xa estaban por diante (4-2) e a distancia foise abrindo máis na segunda parte, que contou con altercado incluído no minuto 31', co 10-4 no marcador.

Despois de tres derrotas consecutivas o Meigallos recibiu unha boa nova coa vitoria calara sobre o Alto do Vento, equipo da mesma zona co que competía pola praza que lles permite coller distancia sobre o descenso.

O Meigallos estivo cómodo e foi superior, pero podería ter gañado por máis diferenza pero non quixo entrar a bóla. Empezaron os sarriaos poñéndose rápido por diante pero empataron na seguinte xogada por fallos na defensa. Conseguiron poñerse por diante e tiveron moitas ocasións pero só entrou unha antes do descanso.-

Na segunda parte o rival arriscou con porteiro xogador deixando espazos o que xerou moitas ocasións pero non quixeron entrar, ata que quedando pouco máis dun minuto entrou o definitivo.

O Vilalba caeu derrotado ante o Betanzos, polo que non deixa a última praza e é candidato ao descenso. O partido estivo competido ata que con dúas faltas desde lonxe, o local adiantouse e a partir de o Vilalba comenzou a decaer, sobre todo cando marcaron dous máis para chegar 4-0 ao descanso.

Regresaron os verdes con ansia e achegáronse ata o 4-2. A expulsión do porteiro foi crucial para que o local abrise fenda ata o 8-2 co que rematou o duelo.

Consulta a clasificación aquí

NOIA 3 - 0 BURELA

Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Álex, César, Álvaro, Miguel, Raúl, Mateo Varela, Fernando, Mateo Vázquez, Xavi, Óliver e Hugo.
Pescados Rubén Burela FS: Brais, Luis Miguel, Rafael, Iago, Hugo, Gabriel, Bruno, Diego, Borja David e Elías.
Cancha: Municipal de Noia.

ALTO DO VENTO 1 - 4 MEIGALLOS

Alto do Vento FS Albergue A Casa do Boi: Pedro, Gabriel, Hugo, Saúl, Uxío, Nicolás, Martín, José, Lucas e Pablo.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Saúl, Uxío, Xoel, Julio, Dennis, Rubén e Brais.
Cancha: Carmen Estévez.

BETANZOS 8 - 2 VILALBA

Grelo Troula Betanzos FS: David, Dilan, Gabriel, Carlos, Daniel P, Miguel, Alonso, Simón, Andrés, Yago, Daniel S e Javier.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alain, Alexandre, David, Dilan, Pablo R, Alejandro, Samuel, Ismael e Martín.
Cancha: Municipal de Betanzos.

CASÁS 11 - 6 5 CORUÑA B 

Club Polideportivo Casás: Jorge B, Alonso, Yerai, Héctor, Samuel, Jorge C, Matep e Nicolás.
5 Coruña FS B -Mera FS: Adolfo, Leo, Bruno M, Gerardo, Rodrigo, Gonzalo, Pablo, Aarón e Bruno B.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 26

Noia 3 0 Burela
Alto do Vento 1 4 Meigallos
Betanzos 8 2 Vilalba
Campito 7 1 Coruxo
Beade 1 4 Redondela
Sala Ourense 5 6 Narón
Casás 11 6 5 Coruña B
  D Hércules

Próxima xornada

Hércules - - Noia
Burela - - Alto do Vento
Meigallos - - Betanzos
Vilalba - - Campito
Coruxo - - Beade
Redondela - - Sala Ourense
Narón - - Casás
  D 5 Coruña B
 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

GRUPO A
Resultados xornadas 6
Vilalba 27/04 Viaxes Amarelle
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 9 4 3 0 0 21 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 3 0 0 3 1 25
 
GRUPO B
Partido adiado
Ribeira 26/04 Ourense CF
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  7 3 2 1 0 13 7
Cidade das Burgas 7 4 2 1 1 11 6
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16