Xornada a medio gas co aprazamento dun derbi e o descanso do líder, o Meigallos

O Burela venceu ao Vilalba cun marcador un pouco curto para o que viu na cancha e o Casás, case sen cambios, caeu ante o Hércules
xuvenil-vilalba-futbol-sala
photo_camera xuvenil-vilalba-futbol-sala

Xornada a medio gas para despedir o ano. Xogaron só tres equipos dos seis que hai no grupo coa única vitoria do Burela sobre o Vilalba. O equipo de Pardeiro asegurou a terceira praza cunha vitoria sobre un Vilalba que sobrevive na parte máis baixa da táboa. Marcador axustado para os laranxas, que se levaron os tres puntos cun 4-2 e que se quedou un pouco curto para o dominio do xogo que tiveron.

Xa costou marcar na primeira parte, na que só meteu un gol o equipo laranxa y tras 20 minutos nos que o Vilalba foi duro en defensa pero non se achegou á portería contraria. Os de Pardeiro competiron ben e deron movemento ao marcador no tramo final.

Por outra banda, o Casás, un punto por baixo, foi derrotado polo Hércules, co que empata agora en puntos e posición na táboa. O equipo amarelo acudiu ao duelo en cuadro e aínda que se meteron no partido co 2-1, ao final a falta de acerto pasou factura para avultar o resultado en contra. Xeraron ocasións no cinco para catro pero houbo mala sorte na finalización e o rival aproveitou para engordar o marcador.

O Begonte e o Guitiriz xogarán este xoves.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte e o Guitiriz xogarán este xoves.

BURELA 4 - 2 VILALBA

Pescados Rubén Burela FS: Lois, Bruno, Luis Miguel (2), Isaias, Fernando (1), Diego, Lucas, Hugo (1), Rafael e Saúl.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Pablo D, Pablo L, Brais, Javier (2), David e Noé.
Cancha: Vista Alegre.

HÉRCULES 5 - 1 CASÁS

Sport Sala Hércules FS: Daniel (3), Fernando, Darío Q (1), Álvaro, Rodrigo, Darío R, Martín (1) e Sergio.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel, Sami (1), Alberto, Diego, Uxío, Alonso e Pablo.
Cancha: Barrio das Flores.                 

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 13

Burela 4-2 Vilalba
Hércules 5-1 Casás
Ventorrillo 3-5 5 Coruña
Begonte A Guitiriz
  D Meigallos

         Próxima xornada  

Vilalba - Meigallos
Casás - Meigallos
5 Coruña - Hércules
Guitiriz - Ventorrillo
  D Begonte

                                  

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira