Tarragona acollerá as fases previas masculinas do Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Oito xogadores xuvenís e cadetes foron chamados para prepararse na fase previa mentres que son once as mulleres de ambas as dúas categorías preseleccionadas
torneo-tarragona
photo_camera torneo-tarragona

A Federación Catalana de Fútbol será a organizadora da fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala das categorías sub 16 e sub 19 masculinas, unha cita que terá lugar do 26 ao 30 de decembro.

Os pavillóns Ponent de Salou e o Sant Jordi de Torredembarra acollerán esta fase previa de ambas as categorías.

Nas dúas participarán un total de cinco combinados autonómicos: Cataluña, Galicia, Ceuta, Aragón e Comunidade Valenciana. Estas seleccións sitúanse no Grupo A, tanto na categoría sub 16 como sub 19, e os dous primeiros clasificados conseguirán o billete para a fase final dos Campionatos de España.

Cada día haberá dous partidos en cada sede. O luns 26 de decembro de 2022 disputaranse os primeiros partidos pola tarde, tanto en Salou como en Torredembarra. Os demais días disputaranse os partidos, en ambos pavillóns, ás 10:00 horas e ás 12:15 horas.

Para Galicia o luns será día de descanso mentres que o martes enfrontarase en primeiro lugar coa Comunidade Valenciana, para seguir o mércores co Ceuta, o xoves con Cataluña e o venres con Aragón.

Os nosos seguen coa preparación para esta cita en territorio catalán. Tanto o combinado sub 16 como o sub 19 xa disputaron varios encontros amigables e a próxima semana regresarán aos adestramentos.

Na masculina a convocatoria Sub 19 consta cos seguintes xogadores da provincia:

  • Pablo Vázquez (Lugo Sala)
  • Yeri Espiñeira (Lugo Sala)

Na masculina a convocatoria Sub 16 están:

  • Borja Cortegaza (Burela)
  • Iago López (Burela)
  • Gabriel Díaz (Burela)
  • Aimar Gómez (Ribeira)
  • Cristian Giraldo (Ribeira)
  • Saúl Luna (Ribeira)

FEMININA

A fase previa feminina será en Murcia na semana do 16 de xaneiro. Na categoría feminina as convocadas ata o momento en Sub 19 son:

  • Paula Rodriguez (Ribeira)
  • Daria Kowshyk  (Burela)
  • Sofiia Kowshyk (Burela)
  • Aroa Rodríguez (Vilalba)
  • Jennifer García (Vilalba)
  • Yanira Guizán (Guitiriz)

Na Sub 16 as convocadas foron

  • Claudia Rodríguez (Burela)
  • Lola Muñoz (Burela)
  • Antía Corral (Castro)
  • Irene Suárez (Castro)
  • Mara Fiallega (Ribeira)