O Guitiriz despídese da categoría cunha derrota ante o Ventorrillo en partido adiado

Co remate da liga feminina, a competición xuvenil pecha a tempada
JUV MAS GUITIRIZ-CASÁS10
photo_camera JUV MAS GUITIRIZ-CASÁS10

Grupo 3º

O Guitiriz despediuse ao final con derrota da competición galega tras unha tempada aciaga na que as baixas e as lesións pasaron factura dende o inicio da Liga. Aínda así o equipo estivo a piques de vencer no tramo final, no que remontou un 5-1 en 3 minutos.

Fixeron un gran partido os de Maradona, pero a falta de confianza e a mala sorte impediron que o equipo fose ao descanso con vantaxe no marcador xa que houbo moitas ocasións. Finalmente, cando o marcador estaba 5-1 para os locais, comezaron a entrar todos os goles que non o fixeran antes achegándose ata o 5-4 co que terminou e con opcións de empatar.

Consulta aquí a clasificación

VENTORRILLO 5 - 4 GUITIRIZ

Distrito Ventorrillo FS: Alejandro P, Alejandro V, Álvaro Alvite (1), Jaime, Miguel, Álvaro Arbaiza, Brais (2), Rubén e Xoel (2).
ED Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel (1), Aitor, Alexandre (1), Anxo (1), Iago, Lois e Bruno (1).
Cancha: Ventorrillo.

  

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 10

Casás 7-2 Sala Ourense
Campito 3-2 La Peña
Ventorrillo 5-4 Guitiriz

       

Liga Feminina

Fin da competición con vitoria do Bembrive e sen a presenza do Burela, que caeu nas semifinais ante o Poio.               

LIGA GALEGA FEMININA - FASE FINAL

         Semifinais

Bembrive 4-0 Narón 
Burela 0-2 Poio

   Final

Bembrive 5-3 Poio