O Vilalba empata co Amarelle e o Ribeira perde co Ourense CF na última xornada da feminina

Vitorias do Acasti Reformas na División de Honra e do Casás na Galega, nas últimas xornadas antes do final da Liga, dúas para os primeiros e tres para os segundos

División de Honra Xuvenil

A vitoria foi para o Acasti Reformas esta fin de semana, cun axustado 3-2 ante o Parrulo. Primeira parte de moita igualdade con poucas chegadas a portería, que se traduciu no empate a cero no descanso. Na segunda, comezou mellor o visitante, pero pouco a pouco os lugueses foron meténdose no partido chegando a poñerse por diante con dous goles a falta de poucos minutos. Un tanto en propia porta dáballe emoción ao final, pero a vitoria quedaría en Lugo.

O Ribeira caeu ante o 5 Coruña nun duelo no que o equipo local estivo por diante no marcador na maior parte das ocasións aínda que a igualdade foi clara no parqué. Chegaron igualados a dous goles á pausa, despois de empatar o equipo azul ata en dúas ocasións. Na Segunda parte foi un gol de Alejandro o que os puxo por diante pero Gonzalo, xogodor local, completou un triplete para darlle a volta ao resultado e deixar ao Ribeira sen puntos.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 3 - 2 PARRULO

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Iván, (1) Pablo (1), Raúl, Teo, Alejandro, Daniel (1), Diego, Anxo, Pedro, Hugo e Luis.
O Parrulo FS: Diego C, Brais, Mateo, Hugo, Daniel (1), Lois, Diego G, Borja, Antón, Adrián, Jesús e Sergio. Un en propia porta do local.
Cancha: Municipal de Lugo.

5 CORUÑA 4 - 3 RIBEIRA

5 Coruña FS: Daniel, Tomás, Fernando, Antón, Gonzalo (3), Jorge, Alan (1), Rubén, Iago, Iker, Rodrigo e Aarón. 
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai (1), Xabier, Mael, Saúl (1), Alejandro S (1), Mateo, Bruno, Roberto e Alejandro P.
Cancha: Novo Mesoiro.

 

Resultados xornada 24

Inter Sala S Pontevedra
Tres Columnas 3 3 Carballiño
Acasti Reformas 3 2 Parrulo
Benavente 7 0 Zamora
5 Coruña 4 3 Ribeira
Vigo 1 6 Salamanca
  D Valladolid

Próxima xornada

Inter Sala - - Salamanca
Pontevedra - - Tres Columnas
Carballiño - - Acasti Reformas
Parrulo - - Benavente
Zamora - - 5 Coruña
Valladolid - - Vigo
  D Ribeira
 
 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

O Burela, que loitou por lograr o ascenso directo á División de Honra, perdeu esta fin de semana ante o Alto do Vento. O equipo laranxa, sabedor da súa segunda praza, tomouno con calma e acabou perdendo. Encaixou o primeiro gol moi cedo, no 3' e non sería ata a segunda parte que chegaría o empate. O Alto do vento tardou dous minutos máis en meter o segundo e logo xa non habería máis cambios. Dobre amoestación do adestrador laranxa no minuto 13 e de Iago, xa contra o final.

Intranquilidade na parte baixa, onde Casás, Meigallos e Vilalba non teñen nada decidido aínda. O equipo amarelo están máis preto da salvación, que podería ser efectiva xa a próxima semana xa que nesta xornada venceu ao Narón por 1-3. Xogaron unha primeira parte de tolos, que podería ter terminado cun marcador moito máis avultado que o logrado (0-3).

Na segunda parte deixaron máis xogo ao rival controlando o partido despois de que o Narón marcara á volta de vestiarios.

O Meigallos segue en zona de perigo logo de perder ante o Betanzos por 2-5. Aínda que está fóra da primeira posición de descenso, que ocupa o Sala Ourense, está empatado a puntos con el. Os de Sarria comenzaron por detrás no marcador, xa nos primeiros minutos e logo tiveron que remar pero o rival sempre foi por diante e non perigou a súa vitoria. Resultado inxusto xa que o Meigallos tivo moitas oportunidades pero non tivo acerto mentres que o rival aproveitou as poucas que tivo.

Comezaron encaixando o 2-0 e malia que recortaron diferenzas tiveron ata 5 ocasións para empatar, pero estas non entraron. Fixeron o descanso co 1-3 e na segunda recortaron os de Sarria pero o rival aproveitou unha contra e unha perda dos locais para irse ata o 2-5 final.

O Vilalba si está en una posición máis complicada, xa que vai último e ten a salvación a 7 puntos. Perdeu esta fin de semana ante o Campito cun marcador moi avultado, que non reflicte o que viu na cancha. A primeira parte estivo máis disputada, de feito, chegaron empatados ao intermedio (3-3) e foi na segunda cando o rival avultou o marcador nos primeiros compases no regreso sendo moi superior.

Aos equipos da provincia quédanlles a todos tres partidos para decidir o futuro, aínda que o Burela xa non variará posición.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 1 - 2 ALTO DO VENTO

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Luis Miguel, Rafael, Iago, Hugo, Gabriel, Bruno, Jocelino,  David e Elías.
Alto do Vento FS Albergue A Casa do Boi: Nicolás, Gabriel, Martín, Saúl, Uxío, Hugo, José e Lucas.
Cancha: Vista Alegre.

MEIGALLOS 2 - 5 BETANZOS

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Saúl, Xoel, Rubén, Gael, Alonso, Brais e Tomás.
Grelo Troula Betanzos FS: Alonso, Dilan, Daniel P, Daniel S, Javier, Miguel, Gabriel, Carlos, Andrés, David e Alejandro.
Cancha: O Chanto.

VILALBA 3 - 9 CAMPITO

Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexandre, David, Pablo D, Dilan, Alain, Alejandro, Ismael, Noé, Javier e Brais.
Campito Chapela FS: Luis, Víctor, Iker, Eyasu, Pablo, Ismael, Raúl, Hugo, Borja, Álex, Gabriel e Pedro.
Cancha: Municipal de Vilalba.

NARÓN 1 - 3 CASÁS

SDCyR Narón O Freixo: Matías, David G, Alberto, Manuel, Edgar, Samuel, Brais, David P, Iván e Martín.
Club Polideportivo Casás: Jorge B, Manuel, Samuel¡, Yerai, Nicolás, Marcos, Hugo e Saúl.
Cancha: As Lagoas.

 

Resultados xornada 27

Hércules 5 5 Noia
Burela 1 2 Alto do Vento
Meigallos 2 5 Betanzos
Vilalba 3 9 Campito
Coruxo 2 2 Beade
Redondela 2 3 Sala Ourense
Narón 1 3 Casás
  D 5 Coruña B

Próxima xornada

Alto do Vento - - Noia
Betanzos - - Burela
Campito - - Meigallos
Beade - - Vilalba
Sala Ourense - - Coruxo
Casás - - Redondela
5 Coruña B - - Hércules
  D Narón

 

 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

Despois de dous meses de espera, a Liga xuvenil feminina celebrou os dous últimos partidos. No grupo A, o Vilalba empatou na casa co Amarelle por 4-4, pero aínda así quedará último na clasificación, que encabeza o Burela con tres vitorias e unha derrota.

O equipo chairego abriu o marcador cedo e xusto antes da pausa empatou o equipo coruñés. Xa na segunda parte as locais foron abrindo feda ata o 4-1 pero nos últimos minutos o Amarelle fixo unha remontada espectacular ata lograr o empate a dous minutos do final.

No grupo B o Ribeira caeu co Ourense CF logo de ir por detrás todo o partido e queda último cunha sanción acumulada. O rival logrou abrir no segundo tempo unha fenda importante de 1-6 pero maquillaron o resultado as luguesas nos últimos minutos

VILALBA 4 - 4 AMARELLE

Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Laura V, Leire, Laura P, María, Sofía, Naira, Lucía, Sandra, Iris e Sara.
Viaxes Amarelle FSF: Icía, Sofía, Lucía, Sabela, Sila, Antía, Elba e Claudia.
Cancha: Municipal de Vilalba.

RIBEIRA 3 - 6 OURENSE CF

Ribeira Fútbol Sala: Ainara, Carla, Alma, María, Antía, Saínza, Alba, Noelia, Mara e Nerea.
OUrense CF: Candela, Sara, Sofía, Nuria, Alba, Antía, Lucía, Noa A, Thalia, Noa G e Ainhoa. 
Cancha: Municipal de Oia.
 
 
GRUPO A
Resultados xornadas 6
Vilalba 4 4 Viaxes Amarelle
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 9 4 3 0 1 21 5
 Amarelle 7 4 2 1 1 19 11
Vilalba 1 4 0 1 3 5 29
 
GRUPO B
Partido adiado
Ribeira 3 6 Ourense CF
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  10 4 3 1 0 19 10
Cidade das Burgas 7 4 2 1 1 11 6
Ribeira -3 4 0 0 4 8 22