Remata a División de Honra cunha goleada a favor do Acasti Reformas

O Meigallos xogarase co Sala Ourense na última sesión a permanencia na Galega, que será para un dos dous

División de Honra Xuvenil

Última xornada na categoría de División de Honra, que completa a tempada cunha goleada a favor do Acasti Reformas, que firmou un 10-0 ante o Pontevedra, equipo da zona baixa. Como indica o resultado, foron moi superiores os lugueses, que non tardaron en abrirse paso na porta rival con dous tantos antes dos dez minutos, que foron catro no intermedio.

Na segunda metade non deixou de dominar e seguiu marcando ata completar a xesta.

Non estivo tan afortunado o Ribeira, que despide a tempada con derrota avultada ante o Vigo 2015, equipo da zona alta e ao que regalaron o primeiro gol, que entrou en propia porta no primeiro minuto.

Os lugueses conseguiron achegarse co 2-1 pero antes do intermedio o rival marcou de novo. Na segunda parte seguiu abrindo fenda, co último gol no último minuto, que poñía o 6-1 para marcar de vacacións.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 10 - 0 PONTEVEDRA

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Daniel (2), Iván (2), Luis (1), Raúl (1), Alejandro, Anxo (1), Pablo, Pedro (1) e Teo (2).
Leis Pontevedra FS: Carlos, Xián, Jairo, Lucas, David, Xoel, Iago, José Luis, Iván e Jesús.
Cancha: Municipal de Lugo.

VIGO 6 - 1 RIBEIRA

ED Vigo 2015: Pablo, Lucas E, Tomás, Manuel, Izan, Iker, Anxo, José Ángel e Lucas B.
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai, Mael, Roberto, Álvaro, Alejandro, Xabier, Mateo, Bruno, Brais e Miguel.
Cancha: As Travesas.

Resultados xornada 26

Tres Columnas 6 7 Inter Sala
Acasti Reformas 10 0 Pontevedra
Benavente 5 3 Carballiño
5 Coruña 4 5 Parrulo
Vigo 6 1 Ribeira
Salamanca 3 7 Valladolid
  D Zamora
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

A categoría ultima as xornadas e nesta penúltima a tensión queda na parte baixa da táboa xa que o Burela, segundo goleou esta fin de semana ao Campito por 10-6. O equipo laranxa foi superior pero tivo momentos malos, nos que permitiu que o rival empatara.

Comezaron abrindo vantaxe, con tres goles en once minutos, e logo deixaron que o rival se achegara ao 3-2, malia que foron á pausa por diante (4-2).

Á vota de vestiarios faltaron os goles pero o visitante aproveitou para poñer as táboas co 4-4. Foi nese momento cando logrou reaccionar o equipo de Pardeiro, que encarrilou a vitoria cunha sucesión de goles en cinco minutos, o que lle permitiu abrir a fenda ata o 9-4. O rival logrou maquillar o resultado poñendo dous máis pero o Burela completou a ducia co último gol sobre a bucina.

O Meigallos venceu esta fin de semana pero queda nunha situación perigosa xa que o Sala Ourense, o seu próximo e último rival, está ocupando agora mesmo a última praza da salvación, un punto por riba dos sarriaos.

Xogará un partido crucial para seguir na Galega a fin de semana próxima e intentará repetir a superioridade coa que xogou esta fin de semana ante o Beade, ao que venceu por 7-5.

O equipo púxose por diante con moita vantaxe e chegou a estar 5-1 antes do descanso pero fallou moito e podería ter descansado con máis vantaxe. Á volta notouse a baixada de ritmo que se reflectiu no marcador, xa que o rival achegouse ata o 6-4 pero en ningún momento houbo perigo para os de Sarria.

No capítulo de derrotas, o Casás caeu ante o Coruxo, o que non implica moito xa que o equipo amarelo está salvado desde hai unhas semanas. Comezaron gañando e estiveron por diante practicamente toda a primeira parte. Xogaron os cadetes e aproveitaron para probar cousas novas pero ao final o partido fóiselles das mans no 5 para 4 do rival, onde teñen que mellorar.

Derrota moito máis amarga foi a do Vilalba, que xa está matematicamente descendido da categoría. Perdeu ante o Sala Ourense, próximo rival do Meigallos, por 1-5. Foi o visitante o que se puxo por diante cun gol no primeiro tempo, o único que subiu ao marcador. Na segunda, ampliou o rival a vantaxe ata poñerse 0-3. Nos últimos catro minutos o Vilalba marcou para achegarse pero o Sala Ourense contestou con dous goles máis e facer a distancia insalvable. Malia o resultado, foi un duelo igualado, que de decidiu polo acerto a porta.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 10 - 6 CAMPITO

Pescados Rubén Burela FS: Unai, Luis Miguel, Rafael, Iago, Hugo, Gabriel, Diego P, Diego X, David e Elías.
Campito Chapela FS: Luis, Borja, Pedro, Álex, Víctor, Iván, Hugo, Adrián, Raúl e Gabriel.
Cancha: Vista Alegre.

MEIGALLOS 7 - 5 BEADE

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Saúl, Xoel, Rubén, Dennis, Alonso, Gael e Tomás.
CD Beade/Galektra: Gabriel, Alejandro, Adrián A, Daniel, Mateo, Iker M, Brais, Adrián P, Xoel e Andrés.
Cancha: Novo Chanto.

VILALBA 1 - 5 SALA OURENSE

Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexander, Javier, David, Aarón, Pablo R, Alain, Samuel, Martín e Pablo D.
Sala Ourense 2014: Xoel, Alejandro, Jorge, Javier, Hugo, Martín T, Martín V, Juan, Ignacio, Simón, Antón e Marcos.
Cancha: IES Beade.

CORUXO 5 - 4 CASÁS

IES Coruxo FS: Marcos, Álex, Samuel, Alan, Javier, Xabier, Cristian, Jorge, Raúl, Aarón e Marcos.
Club Polideportivo Casás: Jorge B, Manuel L, Sergio, Nicolás, Samue A, Mateo, Pablo e Samuel R.
Cancha: IES Coruxo.

 

Resultados xornada 29

Alto do Vento 5 8 Hércules
Noia 8 3 Betanzos
Burela 10 6 Campito
Meigallos 7 5 Beade
Vilalba 1 5 Sala Ourense
Coruxo 5 4 Casás
Narón 6 3 5 Coruña B
  D Redondela

Próxima xornada

Betanzos - - Alto do Vento
Campito - - Noia
Beade - - Burela
Sala Ourense - - Meigallos
Casás - - Vilalba
5 Coruña B - - Redondela
Hércules - - Narón
  D Coruxo

 

 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

O Burela prepárase para disputar este domingo a Final de Liga ante o Bembrive no estadio municipal de Noia.

Semifinal
Poio 1 1 Burela
Bembrive 3 1 Ourense CF
Final (17/05)
Burela - - Bembrive