O Burela feminino faise cunha praza na final da Liga logo de vencer ao Poio nos penaltis

O Acasti Reformas vence no penúltimo partido da División de Honra e na Galega o Burela golea, sendo a única vitoria para os da provincia

División de Honra Xuvenil

O Acasti Reformas venceu con comodidade ao Carballiño esta fin de semana a domicilio. Foi un contundente 4-7 que apuntaba a ser máis avultado nos primeiros minutos, xa que o equipo do Lugo Sala logrou poñerse en 9 minutos 0-4.

Estreouse no marcador o local pero chegaron ao descanso cunha maior vantaxe, axudada por Daniel, que completou o seu póquer de goles xusto á volta, poñendo a situación en 1-6. No último tramo o local aproveitou para achegarse ata o 4-7 final pero sen poñer en perigo a vitoria para o equipo lugués.

A categoría terá a próxima fin de semana a última sesión, cos dous equipos lugueses coa permanencia asegurada. O Ribeira tivo descanso nesta xornada. 

Consulta a clasificación aquí

CARBALLIÑO 4 - 7 ACASTI REFORMAS

Carballliño FS: Miguel, Samuel (3), Pablo, Santiago, Xacobo, Mateo O, Mateo A, Diego, Yago, Lucas (1), Daniel e Mauro.
Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Daniel (4), Iván (1), Luis, Hugo (1), Alejandro, Anxo, Pedro, Javier e David (1).
Cancha: Paco Chao.

Resultados xornada 25

Inter Sala 4 8 Salamanca
Pontevedra 0 2 Tres Columnas
Carballiño 4 7 Acasti Reformas
Parrulo 3 2 Benavente
Zamora 0 8 5 Coruña
Valladolid 3 0 Vigo
  D Ribeira
 
Próxima xornada
Tres Columnas - - Inter Sala
Acasti Reformas - - Pontevedra
Benavente - - Carballiño
5 Coruña - - Parrulo
Vigo - - Ribeira
Salamanca - - Valladolid
  D Zamora
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

O Burela, que xa non ten opcións de ascenso, non baixou o ritmo e esta fin de semana goleou inclemente ao Betanzos, ao que superou cun marcador de 1-12. Os de Pardeiro foron claramente superiores abrindo cedo o marcador. Aos cinco minutos xa tiñan tres goles e seguiron abrindo fenda ata o intermedio, onde xa estaban 0-12. Baixaron o ritmo na segunda parte, na que só o local puido marcar un gol.

O Casás caeu ante o Redondela, pero respira tranquilo logo de saberse fóra dos descensos da categoría, a falta de dúas semanas para o remate. Partido extremadamente igualado o que disputou o equipo amarelo co Redondela, e no que mantiveron a igualdade no marcador constantemente. Aínda así o Casás chegou a ter de inicio unha vantaxe de 3-0 pero esta desapareceu rápido e no intermedio xa estaban 4-4. Intentaron a vitoria co 5 para 4 ao final, pero non conseguiron marcar e deixaron ir os puntos.

Derrota para o Meigallos, que acudiu á súa cita co Campito con moitas baixas e sen porteiros. Loitaron o que puideron pero non saíron as cousas ben e acabaron 6-2. Aínda que comezou o rival por diante o equipo de Sarria deulle a volta ao marcador, pero antes da pausa xa estaban empatados de novo.

Despois do descanso, eles puxéronse por diante e o Meigallos intentouno con porteiro xogador pero, a base de contras, o local conseguiu levarse o partido avultando o resultado.

Co mesmo resultado de 6-2 perdeu o Vilalba co Beade. Os visitantes abriron a caixa dos goles e estiveron por diante porque despois do empate, de seguido, volveron colocarse arriba e así foron ao descanso. Na segunda metade o local empatou rápido e seguiu ampliando a conta ata o último minuto.

Para o Vilalba e o Meigallos, estas dúas derrotas significan entrar en postos de descenso directo aínda que teñen dúas oportunidades para salvarse.

Consulta a clasificación aquí

BETANZOS 1 - 12 BURELA 

Grelo Troula Betanzos FS: Alonso, Dilan, Gabriel, Daniel P, Andrés, David, Pablo, Carlos, Daniel, Javier e Alejandro.
Pescados Rubén Burela FS: Brais, Luis Miguel, Rafael, Iago, Hugo, Unai, Borja, Diego, David e Elías.
Cancha: Municipal de Betanzos.

CAMPITO 6 - 2 MEIGALLOS

Campito Chapela FS: Luis, Hugo, Borja, Álex, Pablo, Sergio, Raúl, Víctor, Eyasu, Iker, Gabriel e Pedro.
Os Meigallos FS: Uxío, Jesús, Óscar, Saúl, Tomás, Rubén, Kulio, Brais e Alonso.
Cancha: Municipal de Redondela.

BEADE 6 - 2 VILALBA

CD Beade/Galektra: Gabriel, Antón, Bruno, Iker N, Daniel, Iker M, Alejandro, Adrián, Xoel, Airas e Mateo.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Martín, Javier, David, Pablo D, Aarón, Pablo R, Alain, Ismael e Noé.
Cancha: IES Beade.

CASÁS 6 - 7 REDONDELA

Club Polideportivo Casás: Jorge B, Manuel L, Yerai, Nicolás, Samuel, Jorge C, Pablo, Daniel e Manuel D.
Redondela FS Maramar: Izan, Pedro, Antón, Uxío, Nicolás, David, Adrián, Noé e Carlos.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 28

Alto do Vento 1 5 Noia
Betanzos 1 12 Burela
Campito 6 2 Meigallos
Beade 6 2 Vilalba
Sala Ourense 4 4 Coruxo
Casás 6 7 Redondela
5 Coruña B 4 3 Hércules
  D Narón

Próxima xornada

Alto do Vento - - Hércules
Noia - - Betanzos
Burela - - Campito
Meigallos - - Beade
Vilalba - - Sala Ourense
Coruxo - - Casás
Narón - - 5 Coruña B
  D Redondela

 

 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

O Burela necesitou os chegar aos penaltis co Poio pero nun final de infarto fíxose co triunfo para chegar a disputar a final de Liga o día 17 de maio ante o Bembrive.

Despois da tempada, que se dilatou no tempo, o equipo laranxa quedou clasificado na fase de grupos para disputarse o título de Liga. Quedou emparexado co Poio, co que chegaron empatados a 1. Despois dun partido de 0-0 os dous goles foron seguidos dous minutos antes do final, primeiro o Burela e logo o Poio.

Nos penaltis foi o Burela o que estivo máis atinado marcando os cinco sen fallo por un erro do rival. O seguinte paso será a final, que foi aprazada xa que estaba prevista para o día 5.

POIO 1 - 1 BURELA

ED Poio Pescamar FS: Estela, Olalla, Sofía, María, Irene, Lucía, Iria, Carmen e Luna.
Burela FS (Pescados Rubén): Lola, Irene, Claudia, Aroa, Sandra, Marina, Iria, Claudia, Ester e Nerea.
Penaltis: 3-5.
Cancha: Municipal A Seca.
 
Semifinal
Poio 1 1 Burela
Bembrive 3 1 Ourense CF
Final (17/05)
Burela - - Bembrive