O Acasti Reformas faise do derbi da División de Honra nun partido con moita igualdade

O Meigallos achégase ao descenso na xuvenil, mentres o Burela suma outra vitoria e permanece á espera da próxima fin de semana, na que se xogará o título co Noia no parqué

División de Honra Xuvenil

Disputouse esta fin de semana en Lugo o segundo derbi da tempada entre os dous lugueses, que caeu do lado do que exercía como local, o Acasti Reformas. Fixeron un partido moi cambiante que comezaron dominando claramente os do Ribeira, que chegaron a poñerse con dous goles de vantaxe nos primeiros catro minutos. O rival do Lugo Sala non deixou ir o partido e comezou a sentirse mellor e a avanzar. Fixeron o descanso co 1-2 no marcador e con todo aberto.

Na segunda parte, despois dos primeiros dez minutos de igualdade, o Acasti Reformas colleu a dianteira con dous goles de Dani. O Ribeira subiu as liñas para atacar pero deixou espazos que aproveitou o local para irse no resultado ata o 5-2. Nos últimos minutos, con porteiro xogador, o Ribeira achegouse perigosamente e a piques estivo de poñer o empate no marcador.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 5 - 4 RIBEIRA

Lugo Sala Acasti Reformas: Alejandro, Daniel (2), Pablo (1), Raúl (1), Teo (1), Xurxo, Diego, Iván, Pedro, Luis e Hugo. 
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai (1), Xabier, Mael (1), Saúl, Alejandro, Mateo (1), Bruno (1), Roberto, Adrián e Álvaro.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 22

Pontevedra 1 5 Carballiño
Inter Sala 6 6 Parrulo
Tres Columnas 5 3 Zamora
Acasti Reformas 5 4 Ribeira
Benavente 2 6 Valladolid
5 Coruña 5 3 Vigo
  D Salamanca

Próxima xornada

Salamanca - - Pontevedra
Carballiño - - Inter Sala
Parrulo - - Tres Columnas
Zamora - - Acasti Reformas
Ribeira - - Benavente
Valladolid - - 5 Coruña
  D Vigo
 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

A falta de 5 xornadas, a situación complícase para o Meigallos, que foi derrotado cun avultado marcador polo Noia, o líder da categoría, por un 2-7. Entraron centrados os de Sarria, que marcaron de saída, aínda que pouco durou a ledicia, xa que o rival non tardou en empatar e en comezar a darlle a volta ao marcador. Aínda así, non deixaron escapar a situación os locais, que empuxaron para poñer o 2-5. Na segunda parte o visitante ampliou a vantaxe metendo o último gol sobre a bucina.

Agora mesmo queda empatado a puntos o equipo sarriao co primeiro que descende, o Sala Ourense. 

Tamén o Vilalba segue no pozo, en especial despois de perder cun marcador moi avultado co Alto do Vento. Resistiron o empuxo do rival durante o primeiro tempo pero ao final encaixaron un 0-4 que se ampliou ata o 1-10 durante a segunda parte.

Á espera de que o Noia falle, segue o Burela, que esta fin de semana volveu gañar, ao Hércules, por 4-8. Os laranxas están cinco puntos por baixo do líder cos mesmos partidos e teñen opcións de facerse coa única praza de ascenso a División de Honra pero as xornadas esgótanse e o Noia segue sendo superior aos seus rivais. Terá o esperado duelo entre eles, que podería ser definitivo, a próxima fin de semana.

Consulta a clasificación aquí

MEIGALLOS 2 - 7 NOIA

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Saúl, Adrián, Alonso, Uxío, Gael, Xoel, Rubén e Tomás.
Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Álex, César, Álvaro, Miguel, Raúl, Mateo Varela, Fernando, Mateo Vázquez, Xavi, Óliver e Hugo.
Cancha: O Chanto.

VILALBA 1 - 10 ALTO DO VENTO

Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Alexandre, Ismael, David, Pablo D, Dilan, Alain, Samuel, Noé, Javier e Brais.
Alto do Vento FS Albergue A Casa do Boi: Pedro, Gabriel, Hugo, Saúl, Uxío, Nicolás, José, Jorge e Mateo.
Cancha: Municipal de Vilalba.

HÉRCULES 4 - 8 BURELA

Hércules FS: Óscar, Daniel G, Pablo, Sergio, Jacobo, Jesús, Lucas, Diego e Daniel S.
Pescados Rubén Burela FS: Brais, Bruno, Hugo, Iago, Rafael, Unai, Borja, Diego, Jocelino, Elías e David.
Cancha: Barrio das Flores.

 

Resultados xornada 25

Hércules 4 8 Burela
Meigallos 2 7 Noia
Vilalba 1 10 Alto do Vento
Coruxo 4 4 Betanzos
Redondela 3 6 Campito
Narón 3 5 Beade
5 Coruña B 4 3 Sala Ourense
  D Casás

Próxima xornada

Noia - - Burela
Alto do Vento - - Meigallos
Betanzos - - Vilalba
Campito - - Coruxo
Beade - - Redondela
Sala Ourense - - Narón
Casás - - 5 Coruña B
  D Hércules
 
 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

Disputado un dos partidos pendentes do grupo B que non modifica a situación do Ribeira, que está último, a falta do duelo do día 26.

No grupo A segue faltando o duelo Vilalba-Amarelle e non ten data aínda.

GRUPO A
Resultados xornadas 6
 
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 9 4 3 0 0 21 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 3 0 0 3 1 25
 
GRUPO B
Resultados xornada 5 e 6
Ribeira 26/04 Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF 2 2 Cidade das Burgas
  D Ribeira
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  7 3 2 1 0 13 7
Cidade das Burgas 7 4 2 1 1 11 6
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16