O derbi da Galega foi para o Burela, que segue á espera dun fallo do Noia, que goleou ao Vilalba

Disputouse un dos partidos pendentes da categoría feminina cunha vitoria avultada do Burela sobre o Vilalba

División de Honra Xuvenil

A vitoria na categoría foi para o Ribeira, que venceu ao Tres Columnas por 5-3. A primeira parte rematou con empate a 1 no marcador despois de 19 minutos sen goles, xa que meteron os dous seguidos, comezando polo visitante.

Na segunda parte o local tirou do carro nada máis volver pero foi o visitante o que acabou pasando por diante de novo. Conseguiron os de Arcadio chegar as táboas de novo e nos últimos segundos marcaron os dous goles que lles valeron os tres puntos.

Derrota do Acasti Reformas a domicilio ante o líder do grupo, o Valladolid, que non deixa que se lle tusa na casa. Os lugueses non tiveron opcións e encaixaron dous goles na primeira metade. Ao regreso da pausa, o local marcou de novo e ao minuto seguinte o Lugo sumou o seu por un tanto en propia porta do local. Finalmente, o líder completaría a conta sobre a bucina.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 5 - 3 TRES COLUMNAS

Ribeira Fútbol Sala: Cristian (1), Unai, Alejandro, Xabier (1), Saúl (2), Álvaro, Mael, Mateo, Bruno, Roberto e Uriel (1).
CD Tres Columnas Soliges Redmediaria: Francisco, Carlos, Álex, José Alberto (2), Pablo B, Javier M, Paul, Javier R (1) e Pablo U.
Cancha: O Palomar.

VALLADOLID 4 - 1 ACASTI REFORMAS

Valladolid Tierno Galván Agrocesa: César, Miguel, Andrés (1), Alberto, Alejandro, Eduardo, Asier, David (1), Yeray (1), Roberto, Gonzalo e Sergi (1).
Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Daniel, Luis, Raúl, Teo, Alejandro, Anxo, Diego, Iván e Pedro. Gol en propia porta o rival.
Cancha: Lalo García.

 

Resultados xornada 21

Salamanca 3 2 Carballiño
Parrulo 9 1 Pontevedra
Zamora 0 2 Inter Sala
Ribeira 5 3 Tres Columnas
Valladolid 4 1 Acasti Reformas
Vigo 7 2 Benavente
  D 5 Coruña
Próxima xornada
Pontevedra - - Carballiño
Inter Sala - - Parrulo
Tres Columnas - - Zamora
Acasti Reformas - - Ribeira
Benavente - - Valladolid
5 Coruña - - Vigo
  D Salamanca

 

 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

Moitas xornadas aínda por disputarse na categoría Galega, que é máis longa que o resto e na que non hai nada decidido, xa que des o posto 7 ao 15 están todos os equipos en oito puntos o que implica que non se saberá que equipos descenden ata o final.

Despois desta sesión, só o Vilalba está dentro do grupo de descenso, pero o Meigallos está só a un punto e o Casás pouco máis arriba.

O Burela, pola contra, pelexa polo ascenso e o liderado do grupo que ten a só cinco puntos pero o Noia non falla e as xornadas van descontándose. Nesta ocasión venceu ao Meigallos cunha gran superioridade no marcador e tamén no xogo. Os de Sarria tampouco o puxeron fácil pero a diferencia entre ambos notouse.

Axudou aos laranxas que se puxeron rápido por diante, con tres goles. O Meigallos reaccionou e conseguiu acortar distancias pero nun dobre penalti o Burela chega ao 4-1. Despois do descanso os sarriaos saíron mellor e conseguiron recurtar cun gol de falta e despois dunha ocasión, na que o balón pegou no largueiro, o resultado apertouse ata 4-2. Marcan os laranxas nun saque de banda e a partir de aí, o visitante veuse abaixo e o local aproveitou para engrosar o marcador.

O Noia precisamente foi o verdugo do Vilalba, que caeu derrotado pola gran superioridade do local e baixa ata a última posición dunha táboa que están moi apertada.

Xogaron adiantados en Noia e quedaron sen oportunidades cedo e no intermedio o Noia xa tiña 5 goles no peto. Na segunda parte non deixou de marcar.

O Casás firmou unha vitoria importante para as súas aspiracións de permanencia na categoría. Venceu 9-6 ao Hércules, situado na parte alta da táboa, na quinta posición, pero sen nada decidido aínda.

Os amarelos comezaron ben pero unha expulsión xusta por unha man trouxo cambios, xa que provocou o empate e despois a superioridade no marcador do visitante, que chegou a poñerse 3-6. Non se renderon os de Nino, que comezaron a remar cara arriba con porteiro xogador e así lle deron a volta ao resultado nunha xesta incrible para firmar o final cun 9-6.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 9 - 2 MEIGALLOS

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Luis, Rafael, Hugo, Elías, Unai, Bruno, Jocelino, Diego, Iago e David.
Os Meigallos FS: Álex, Uxío, Jesús, Saúl, Xoel, Adrián, Alonso e Tomás.
Cancha: Vista Alegre.

NOIA 13 - 0 VILALBA   

Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Álex, César, Álvaro, Miguel, Raúl, Fernando, Mateo, Xavi, Roi, Óliver e Hugo.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Alexandre, Ismael, Martín, David, Dilan, Pablo R, Anxo, Alain, Noé e Brais.
Cancha: Municipal de Noia.

CASÁS 9 - 6 HÉRCULES

Club Polideportivo Casás: Jorge B, Manuel, Alonso, Yeray, Daniel, Mateo, Nicolás e Samuel.
Hércules FS: Yago, Daniel, Pablo, Sergio, Jacobo, Carlos, Diego e Olaya.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 24

Burela 9 2 Meigallos
Noia 13 0 Vilalba
Alto do Vento 2 0 Coruxo
Betanzos 3 3 Redondela
Campito 8 7 Narón
Beade 6 3 5 Coruña B
Casás 9 6 Hércules
  D Sala Ourense
Próxima xornada
Hércules - - Burela
Meigallos - - Noia
Vilalba - - Alto do Vento
Coruxo - - Betanzos
Redondela - - Campito
Narón - - Beade
5 Coruña B - - Sala Ourense
  D Casás

 

 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

Disputouse durante a Semana Santa un dos duelos pendentes da categoría feminina. O Burela enfrontouse ao Vilalba ao que venceu con rotundidade (8-0), concentrando os goles principalmente no final do partido. Tardaron en abrir a conta e chegaron a intermedio 3-0, para completar o marcador nos intres finais. Agora só queda o partido entre o Vilalba e o Amarelle, que non ten data aínda.

No grupo B, os dous partidos adiados repartiranse entre este venres, 12 de abril e oi 24.

BURELA 8 - 0 VILALBA

Burela FS (Pescados Rubén): Ester, Irene, Iria, Sandra, Nerea, Lola, Claudia, Fátima e Sara.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Leire, Laura P, María, Sandra, Laura V, Sofía, Naiara, Lucía, Iris e Sara.
Cancha: Municipal de Vilalba.
 
GRUPO A
Resultados xornadas 5 e 6
Burela 8 0 Vilalba
  D  
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 9 4 3 0 0 21 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 3 0 0 3 1 25
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada
Ribeira 26/04 Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF 12/04 Cidade das Burgas
  D Ribeira