O Vilalba e o Burela empatan a 6 nun partido igualado no derbi da xornada na xuvenil

Os equipos da División de Honra volveron á competición cunha avultada goleada en contra para o Ribeira e derrota clara para o Acasti Reformas

División de Honra Xuvenil

Un Ribeira lastrado polas baixas caeu derrotado esta fin de semana a domicilio polo Inter Sala. 15-7 foi o resultado co que os ribeiraos foron superados por un equipo da súa zona. Malia o resultado, os lugueses comezaron mellor e durante os primeiros 15 minutos levaron a voz cantante. No último tramo da primeira metade cambiou o conto e con gol en propia porta e todo fixeron a pausa co 6-4 no marcador. Foi na segunda parte cando o local abriu unha enorme fenda ata o 9-4 que foi imposible de frear e aínda que marcaron tres goles máis o rival sempre contestou ata dobrar o resultado lugués.

Derrota tamén para o Acasti Reformas, que está un posto por riba na táboa. Aínda así, dominaron os de Lugo a primeira parte ata o primeiro gol visitante, que provoca unha baixada de brazos e chegar ao descanso moi por debaixo no marcador (1-5). Na segunda metade melloraron pero non lograron romper a vantaxe do rival pero aportaron solucións de xogo.

Consulta a clasificación aquí

INTER SALA 15 - 7 RIBEIRA

CD Inter Sala: Miguel, Alejandro (3), Manuel M (1), Iván (4), Hugo (1), Rubén, Carlos (1), Sergio (1), Adrián (1), José (2), Manuel G e Enzo (1).
Ribeira Fútbol Sala: Pablo, Unai (3), Saúl, Marco (1), Álvaro, Alejandro, Xabier, Mael, Mateo (1) e Roberto (1). Un en propia porta do rival.
Cancha: La Alamedilla.

ACASTI REFORMAS 4 - 7 VIGO

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Iván, Luis, Raúl, Teo, Daniel, Anxo, Diego e Pedro.
ED Vigo 2015: Andrés, Jorge, Tomás, Izan, Lucas B, Pablo, Lucas E, Anxo, José Ángel e Elías.
Cancha: Municipal de Lugo

 

Resultados xornada 20

Carballiño 2 3 Parrulo
Pontevedra 8 1 Zamora
Inter Sala 15 7 Ribeira
Tres Columnas 2 10 Valladolid
Acasti Reformas 4 7 Vigo
5 Coruña 3 6 Salamanca
  D Benavente

Próxima xornada

Salamanca - - Carballiño
Parrulo - - Pontevedra
Zamora - - Inter Sala
Ribeira - - Tres Columnas
Valladolid - - Acasti Reformas
Vigo - - Benavente
  D 5 Coruña
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

Mala xornada para os equipos da provincia, que non lograron as metas propostas. O Burela, aspirante ao ascenso, tropezou cun Vilalba que ten un pé no descenso empatando ámbolos dous, o que non lles supón vantaxe ningunha. Ademais, os outros dous, o Meigallos e o Casás, foron derrotados.

O resultado de empate a 6 do derbi Vilalba-Burela non deixa contento a ninguén. O Burela perde dous puntos preciosos para manterse na loita polo ascenso nestas últimas xornadas e o Vilalba segue en postos de descenso, dos que intenta saír coa dificultade que supón unha categoría tan apertada.

Partido moi igualado cunha gran actuación do equipo local ante un rival fisicamente superior que non estivo ao nivel habitual. A primeira parte estivo máis igualada cos equipos parellos no marcador, de feito foron ao descanso 2-3 pero no reinicio xa estaban empatados. Na segunda parte o equipo chairego conseguiu darlle a volta ao marcador axudados por un penalti e poñerse 6-4 pero un erro defensivo trouxo o empate nos minutos finais.

Malos resultados tamén para o Casás e o Meigallos, que aínda que están fóra de postos de descenso, non están aínda seguros.

O Casás, que está na oitava praza, foi derrotado polo Sala Ourense por 2-4 nun partido moi competido no que houbo opcións para o equipo de Nino, pero que ao final foi de cor visitante, xa que o equipo viña reforzado con xogadores que tamén están en Segunda B. Contenda moi igualada na que o rival estivo sempre por diante pero na que o Casás non quedou atrás e tivo opcións de darlle a volta ao marcador.

Para o Meigallos foi unha xornada para esquecer. Foi goleado por Hércules cun 10-2. Os de Sarria foron os encargados de abrir a caixa dos goles pero non tardaría o local en empatar poñerse por diante. No cinco minutos previos ao descanso o marcador foise xa para o equipo coruñés chegando á pausa cun 5-1 no marcador. Na segunda parte o Meigallos non espertou e así acabaron entrando o resto de goles facendo ampla unha vantaxe que non era tanta.

Consulta a clasificación aquí

HÉRCULES 10 - 1 MEIGALLOS

Hércules FS: Yago, Daniel, Pablo, Jacobo, Javier, Lucas, Diego, Daniel e Fabio.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Xoel, Adrián, Dennis, Uxío, Tomás e Rubén.
Cancha: Ventorrillo.

VILALBA 6 - 6 BURELA 

Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Alexandre, Ismael, Javier, David, Dilan, Pablo R, Noé, Martín e Brais.
Pescados Rubén Burela FS: Brais, Luis, Rafael, Iago, Hugo, Unai, Jocelino, Diego, David e Elías.
Cancha: Municipal de Vilalba.

CASÁS 2 - 4 SALA OURENSE

Club Polideportivo Casás: Jorge B, Yeray, Manuel, Saúl, Nicolás, Jesús, Mateo e Samuel.
Sla Ourense 2014: Marco, Juan, Jorge, Javier, Iago, Martín, Alejandro, André, Simón e Marcos.
Cancha: Casa do Deporte.

 

Resultados xornada 23

Hércules 10 2 Meigallos
Vilalba 6 6 Burela
Coruxo S Noia
Redondela 9 6 Alto do Vento
Narón 7 3 Betanzos
5 Coruña B 3 4 Campito
Casás 2 4 Sala Ourense
  D Beade

Próxima xornada

Burela - - Meigallos
Noia - - Vilalba
Alto do Vento - - Coruxo
Betanzos - - Redondela
Campito - - Narón
Beade - - 5 Coruña B
Casás - - Hércules
  D Sala Ourense
 
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

A competición ligueira feminina que estaba prevista para este martes de Entroido, 13 de febreiro, con dobre partido para o Vilalba e un para Ribeira e Burela, foi aprazado nun caso para o 25 de marzo e suspendido nos outros dous debido á convocatoria da selección autonómica.
 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 6 3 2 0 0 13 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada 
Burela 25/03 Vilalba
  D  
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada
Ribeira S Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF S Cidade das Burgas
  D Ribeira