O Ribeira vence ao Pontevedra nun duelo igualado na xornada de descanso do Acasti Refomas

O Meigallos recupera o sorriso cunha vitoria ante o Vilalba, no derbi da xornada

División de Honra Xuvenil

Co Acasti Reformas de descanso, foi o Ribeira o que defendeu o pavillón lugués esta fin de semana para traerse tres puntos do duelo co Pontevedra. Partido moi igualado no que foron os rivais os que tiveron o acerto de cara nos primeiros compases, aínda que Xabier logrou empatar antes da pausa e, xusto á volta poñerse por diante. De cara ao final empataron os visitantes pero pouco lles durou a ledicia xa que Mael marcou o último tanto do partido, o que lles daba a vitoria, segundos despois.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 3 - 2 PONTEVEDRA

Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai, Alejandro, Mateo, Adrián, Xabier (2), Mael (1), Roberto, Alejandro P, Álvaro, Brais e Uriel.
Leis Pontevedra: Carlos, Ignacio, Yeray (2), David, Mitxel, Xián, Xaquín, Jesús e José Luis.
Cancha: Municipal de Lugo

Resultados xornada 19

Salamanca 5 5 Parrulo
Zamora 0 4 Carballiño
Ribeira 3 2 Pontevedra
Valladolid 9 4 Inter Sala
Vigo 6 2 Tres Columnas
5 Coruña 9 1 Benavente
  D Acasti Reformas
Próxima xornada
Carballiño - - Parrulo
Pontevedra - - Zamora
Inter Sala - - Ribeira
Tres Columnas - - Valladolid
Acasti Reformas - - Vigo
5 Coruña - - Salamanca
  D Benavente
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

Poucos cambios na xuvenil, na que o Burela espera atento un despiste do Noia, que non se produce, para facerse co liderado. Esta fin de semana os laranxas gañaron na casa ao Coruxo por 5-3. Foi un partido que se puxo difícil xa que lle custou gañar, de feito non foi ata os últimos minutos que logrou romper a igualdade que imperaba no parqué para poñer terra de por medio. Malia a igualdade, o equipo lugués foi sempre por diante.

A sesión contou co seu derbi, o Meigallos recuperou o sorriso en forma de vitoria sobre o Vilalba despois de tres derrotas consecutivas. Necesitaba vencer o equipo sarriao, que comezou moi ben a tempada pero logo torceuse por falta de acerto na porta. Tiveron os de Erik o partido controlado, agás o minuto no que estiveron empatados cun golazo. 

No descanso xa estaba por diante con vantaxe (4-1) e na segunda parte non saíron tan ben, o Vilalba apertou moito, pero nunha falta foron os locais os que seguiron abrindo fenda. Recurtaron os vilalbeses nun córner mal defendido e con dúas contras o Meigallos logrou poñer o 7-2. Cando quedaba un minuto marcaron o último os de Vilalba.

Para o Casás foron malas noticias, xa que caeu ante o Beade por 5-3. Fallaron moito os de Nino nunha xornada para esquecer con tres goles en propia porta incluídos e aínda así estiveron no partido ata o final.

Consulta a clasificación aquí

MEIGALLOS 7 - 3 VILALBA 

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Adrián, Xoel, Tomás, Uxí, Rubén e Alonso.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Alexandre, Ismael, Javier, David, Dilan, Pablo R, Noé, Martín e Pablo.
Cancha: O Chanto.

BURELA 5 - 3 CORUXO 

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Luis, Rafael, Iago, Hugo, Jocelino, Diego, David e Elías.
IES Coruxo FS: Marcos, Álex, Cristian, Alan, Javier, Alejandro, Jorge, Saúl, Aarón, Samuel e Samuel.
Cancha: Vista Alegre.

BEADE 5 - 3 CASÁS

CD Beade/Galektra: Gabriel, Bruno, Iker, Daniel, Mateo, Daniel P, Alejandro, Adrián, Antón, Xoel e Airas.
Club Polideportivo Casás: Jorge B, Manuel, Mateo, Yerai, Nicolás, Pablo e Samuel.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 22

Meigallos 7 3 Vilalba
Burela 5 3 Coruxo
Noia 4 6 Redondela
Alto do Vento 4 7 Narón
Betanzos 5 1 5 Coruña B
Beade 5 3 Casás
Sala Ourense 6 5 Hércules
  D Campito
Próxima xornada
Hércules - - Meigallos
Vilalba - - Burela
Coruxo - - Noia
Redondela - - Alto do Vento
Narón - - Betanzos
5 Coruña B - - Campito
Casás - - Sala Ourense
  D Beade

 

 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

A competición ligueira feminina que estaba prevista para este martes de Entroido, 13 de febreiro, con dobre partido para o Vilalba e un para Ribeira e Burela, foi aprazado nun caso para o 25 de marzo e suspendido nos outros dous debido á convocatoria da selección autonómica.
 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 6 3 2 0 0 13 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada 
Burela 25/03 Vilalba
  D  
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada
Ribeira S Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF S Cidade das Burgas
  D Ribeira