Moita igualdade nos duelos de honra, que rendaron un único punto para o equipo de Sarceda

O Burela pon vantaxe na segunda praza derrotando ao Redondela nun partido que se decidiu nos últimos segundos

División de Honra Xuvenil

Moita igualdade para os equipos da provincia esta fin de semana de regreso da competición despois do alto da pasada polas citas nacionais. O Acasti Reformas colleitou un punto do duelo co 5 Coruña logo de empatar a 4. O empate foi a máxima, de feito fixeron a pausa tamén empatados, pero a 2 xa que na primeira parte propuxeron e xeraron ocasións en ámbalas dúas porterías polas dúas partes. 

Na segunda parte no mudou a cousa, e aínda que o Acasti Reformas se adiantou cedo e tivo o control do xogo pero como ambos xeraban ao final a contenda igualouse de novo. Finalmente, no último minuto o visitante empataba nun rexeite.

O Ribeira estivo moi preto do Carballiño no partido que rematou cunha ensalada de goles, que se comezou a xestar no minuto 1 co primeiro gol a cargo do equipo local. Abriron fenda ata poñerse 3-0 en 8 minutos pero o Ribeira reaccionou e logrou poñerse antes do intermedio 4-3.

A vez do Ribeira chegaría xusto á volta, con intercambio de dono do resultado pero cun gran xogo do azuis que comezaron a alternar no dominio do marcador ata o 6-6. O Ribeira recibiu dúas expulsións e a amonestación do adestrador polo que a situación tornouse desfavorable, o que aproveitou o local para levarse finalmente a vitoria no último minuto. Tiveron a opción de empatar nos últimos segundos pero non foi posible.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 4 - 4 5 CORUÑA

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Iván (1), Pablo (1), Raúl, Teo (1), Alejandro, Daniel, Anxo (1), Diego, Pedro, Luis e Hugo.
5 Coruña FS: Jorge, Antón, Samuel, Gonzalo (2), Iker, Daniel, Fernando (1), Rubén, Iago, Gerardo, Rodrigo e Matías. Un en propia do rival.
Cancha: Municipal de Lugo.

CARBALLIÑO 7- 6 RIBEIRA 

Carballiño FS: Mateo O, Diego (1), Samuel (1), Pablo (1), Santiago, Miguel, Mateo A, Daniel, Yago (1), Lucas (2) e Óliver (1).
Ribeira Fútbol Sala: Iago, Roberto, Unai (2), Adrián (2), Mateo, Alejandro S, Saúl (1), Mael, Roi, Bruno, Alejandro P (1) e Álvaro.
Cancha: Paco Chao

Resultados xornada 18

Parrulo 9 2 Zamora
Carballiño 7 6 Ribeira
Pontevedra 2 8 Valladolid
Inter Sala 3 3 Vigo
Acasti Reformas 4 4 5 Coruña
Benavente 4 4 Salamanca
  D Tres Columnas
Próxima xornada
Salamanca - - Parrulo
Zamora - - Carballiño
Ribeira - - Pontevedra
Valladolid - - Inter Sala
Vigo - - Tres Columnas
5 Coruña - - Benavente
  D Acasti Reformas
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

O Burela asentou esta fin de semana a segunda praza da clasificación logo de vencer ao Redondela, o seu principal rival, a domicilio por 8-9. Moita igualdade e un xogo complicado para os dous equipos que ao final se decidiu nos últimos segundos a favor dos laranxas.

Entraron para o Burela os primeiros goles pero antes do intermedio xa lograron poñer o empate no marcador co 3-3. Na segunda parte foi o rival o que se puxo por diante e lle tocou ao equipo de Pardeiro reaccionar para poñerse 6-6. Nos últimos dous minutos o Redondela marcou en dúas ocasións para adiantarse e noutras tantas o Burela igualou o resultado. Nun final de infarto, o Burela levouse os tres puntos co noveno gol nun partido no que as protagonistas tamén foron as tarxetas.

Tres puntos que significan moito para un equipo que aspira ao ascenso que agoara mesmo ten o Noia no seu poder.

A outra vitoria da sesión foi a do Casás, que venceu 5-3 ao Campito, nun partido moi táctico e moi traballado polos amarelos. Os de Nino tardaron en abrir a caixa dos goles, no minuto 15 pero impulsaron ao rival a marcar polo que marcharon ao descanso 2-1. Na segunda metade o equipo lugués gobernou o marcador e mantivo o control do duelo facendo un xogo serio que lle trouxo máis goles e unha vantaxe segura no final, de 5-3. O equipo de Lugo escala así unha posición máis, ata a sétima.

O Meigallos segue en caída libre na táboa. Entrou no grupo do terzo inferior da clasificación logo de caer derrotado ante un rival da súa zona, o IES Coruxo. Empezaron ben os sarriaos o partido, facendo presión arriba e adiantándose no marcador nunha recuperación de balón. O rival saíu ben ás contras e foi aí onde fixo dano. Nunha desas contras conseguiu empatar o partido aínda que o Meigallos volveu adiantarse nunha xogada colectiva, resultado co que foi ao descanso.

Na segunda comezaron mellor os sarriaos pero dous fallos defensivos provocaron que o marcador dese a volta aínda que logo o solucionaron cun novo empate. A partir de aí, intentaron ir polo partido co porteiro xogador. Dispuxeron de ocasións que non meteron como si o fixo o rival, que cambiou o conto con contraataques.

O Vilalba, como o Meigallos, vai pola terceira derrota consecutiva, quedando os dous empatados a puntos. Xogaron ben os vilalbeses, que estiveron por diante no marcador durante a maior parte da primeira parte con dominio no xogo. Na segunda parte foi crucial a expulsión do porteiro, que cambia o conto e deixa por riba ao Coruxo. Os fallos tampouco a axudaron pero as decisións arbitrais marcaron a sesión.

Consulta a clasificación aquí

HÉRCULES 6 - 2 VILALBA 

Hércules FS: Yago, Lucas, Pablo, Sergio, Fabio, Jesús, Daniel G, Diego, Daniel S, Jacobo e Javier.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexandre, Martín, David, Aarón, Pablo R, Ismael, Noé, Pablo D e Brais.
Cancha: Ventorrillo.

CORUXO 7 - 4 MEIGALLOS 

IES Coruxo FS: Marcos, Álex, Raúl, Alan, Javier, Cristian, Alejandro, Jorge, Saúl, Aarón, Samuel e Marcos.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Saúl F, Dennis, Xoel, Alonso, Gael, Adrián, Tomás e Rubén.
Cancha: IES Coruxo.

REDONDELA 8 - 9 BURELA 

Redondela FS Maramar: Izan, Antón, Adrián, Noé, Nicolás, Lois, Pedro, David, Roi, Uxío e Carlos.
Pescados Rubén Burela FS: Unai, Diego, Luis, Rafael, David, Brais, Bruno, Jocelino, Iago e Hugo.
Cancha: A Marisma.

CASÁS 5 - 3 CAMPITO

Club Polideportivo Casás: Jorge B, Manuel, Alonso, Yerai, Nicolás, Marcos, Saúl, e Samuel.
Campito Chapela FS: Luis, Borja, Eyasu, Álex, Pablo, Víctor, Thiago, Gabriel e Pedro.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 21

Hércules 6 2 Vilalba
Coruxo 7 4 Meigallos
Redondela 8 9 Burela
Narón 3 9 Noia
5 Coruña B 7 0 Alto do Vento
Casás 5 3 Campito
Sala Ourense 6 2 Beade
  D Betanzos

Próxima xornada

Meigallos - - Vilalba
Burela - - Coruxo
Noia - - Redondela
Alto do Vento - - Narón
Betanzos - - 5 Coruña B
Beade - - Casás
Sala Ourense - - Hércules
  D Campito
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

A competición ligueira feminina que estaba prevista para este martes de Entroido, 13 de febreiro, con dobre partido para o Vilalba e un para Ribeira e Burela, foi aprazado nun caso para o 25 de marzo e suspendido nos outros dous debido á convocatoria da selección autonómica.
 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 6 3 2 0 0 13 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada 
Burela A Vilalba
  D  
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada
Ribeira S Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF S Cidade das Burgas
  D Ribeira