O Burela e o Casás aportaron as boas noticias da xornada, con senllas vitorias

Xornada de descanso para a División de Honra, que volverá ao parqué o próximo sábado

División de Honra Xuvenil

Toca descanso esta fin de semana debido a citas da selección, polo que non xogaron os partidos da provincia, que reanundarán a liga o sábado.

Consulta a clasificación aquí

Próxima xornada

Parrulo - - Zamora
Carballiño - - Ribeira
Pontevedra - - Valladolid
Inter Sala - - Vigo
Acasti Reformas - - 5 Coruña
Benavente - - Salamanca
  D Tres Columnas
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

Na Liga Galega, o Burela e o Casás aportaron as boas noticias da xornada. O equipo mariñao foi moi superior ao seu rival para levarse os tres puntos cunha cómoda vitoria de 6-1. Abriron a quenda os laranxas na primeira xogada e antes do intermedio xa estaban 3-0. Xusto á volta marcou o rival pero o Burela seguiu abrindo fenda ata o 6-1 do final. O equipo burelao está segundo e ten ao Noia seis puntos por riba cos mesmos partidos disputados.

O Casás púxose no oitavo banzo da táboa logo de superar ao Betanzos, do que agora só lles separa un punto. Venceron os amarelos 3-6 logo de facer un gran partido cunha aliñación na que destacaron as aportacións dos cadetes, que están facendo un gran papel na categoría inferior. Partido moi igualado que se mantivo coas táboas no marcador como protagonistas ata os minutos finais, cando o Casás abriu fenda aproveitando os últimos segundos.

En caída libre segue o Meigallos, que xa está na décima praza da competición, logo de perder esta fin de semana ante o Redondela por un contundente 2-7. Derrota xusta para os de Sarria xa que o rival tivo máis intensidade. Empezaron cunha presión moi alta e marcaron o primeiro, seguiron sumando aproveitando dous fallos dos locais e tampouco faltou a axuda que recibiron dos rexeites. Así, foron 0-5 ao descanso. Na segunda parte saíron mellor os sarriaos, que conseguiron poñerse 2-5. Cando se preparaba o terceiro gol, o Redondela ampliou cun tanto nunha contra e aínda tiveron tempo para outro máis.

Derrota tamén para o Vilalba, que caeu ante o Coruxo 2-5 nun partido moi competido e no que os vilalbeses foron superiores pero os erros pasaron factura. Chegaron igualados ao final do duelo pero o rival marcou tres goles nos últimos tres minutos aproveitando as imprecisións. Esta derrota envía ao conxunto chairego á undécima praza ao ser superado polo Casás e o Meigallos.

Consulta a clasificación aquí

VILALBA 2 - 5 CORUXO

Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexandre, Javier, Alejandro, Aarón, Alain, Ismael, Noé, Martín, Pablo e Brais.
IES Coruxo FS: Marcos, Cristian, Raúl, Alan, Javier, Álex, Alejandro, Aarón e Samuel.
Cancha: Municipal de Vilalba.

MEIGALLOS 2 - 7 REDONDELA

Os Meigallos FS: Álex, Uxío, Jesús, Óscar, Xoel, Saúl, F, Mauro, Dennis, Tomás e Rubén.
Redondela FS Maramar: Lois, Antón, Adrián, Noé, Nicolás, Izan, Pedro, David, Roi, Uxío e Carlos.
Cancha: Novo Chanto.

BURELA 6 - 1 NARÓN

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Borja, Luis, Rafael, David, Unai, Bruno, Jocelino, Diego, Iago e Hugo.
SDCyR Narón O Freixo A: Matías, David, Gael, Manuel, Edgar, Samuel, Iván e Martín.
Cancha: Vista Alegre.

BETANZOS 3 - 6 CASÁS

Grelo Troula Betanzos FS: Alonso, Dilan, Gabriel, Daniel P, Daniel S, David, Pablo, Simón, Carlos, Andrés e Javier.
Club Polideportivo Casás: Jorge B, Jorge C, Manuel, Alonso, Yerai, Mateo, Nicolás, Samuel e Pablo.
Cancha: Municipal de Betanzos.

 

Resultados xornada 20

Vilalba 2 5 Coruxo
Meigallos 2 7 Redondela
Burela 6 1 Narón
Noia 3 0 5 Coruña B
Betanzos 3 6 Casás
Campito 2 3 Sala Ourense
Beade S Hércules
  D Alto do Vento
Próxima xornada
Hércules - - Vilalba
Coruxo - - Meigallos
Redondela - - Burela
Narón - - Noia
5 Coruña B - - Alto do Vento
Casás - - Campito
Sala Ourense - - Beade
  D Betanzos

 

 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

A competición ligueira feminina que estaba prevista para este martes de Entroido, 13 de febreiro, con dobre partido para o Vilalba e un para Ribeira e Burela, foi aprazado nun caso para o 25 de marzo e suspendido nos outros dous debido á convocatoria da selección autonómica.
 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 6 3 2 0 0 13 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada 
Burela A Vilalba
  D  
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada
Ribeira S Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF S Cidade das Burgas
  D Ribeira