O Burela e o Casás aportaron as únicas vitorias nas dúas categorías xuvenís para a provincia

Os laranxas seguen na senda da vitoria co obxectivo posto no regreso á División de Honra

División de Honra Xuvenil

Mala xornada para os equipos lugueses na máxima división xa que ambos os dous non lograron puntuar. O Acasti Reformas, situado na sétima praza, caeu ante o Benavente, cuarto. O equipo branco pagou caro os erros defensivos na primeira parte, sumados estes á falta de acerto de cara a gol o que os leva novamente a ir por debaixo no marcador na pausa (3-4) logo de recuperar un 1-4 en contra.

Na segunda parte, máis do mesmo, falta de acerto e comodidade na cancha do equipo local, que non tivo máis problemas e que aínda que o Acasti Reformas se achegou, logrou manterse firme.

Tampouco tivo fortuna o Ribeira, que caeu ante o Parrulo por 3-8 no Municipal. Mal comezo para os locais, que viero como o marcado se ía ata o 0-3 en 11 intensos minutos do rival. Aínda que rompeu a xeira cun tanto acabaron marchando ao descanso 1-4.

Na segunda parte o Ribeira esperteu e logrou poñerse 3-4 pero no tramo final o Parrulo meteu outra marcha e acabou rompendo o partido ata levar o resultado ao 3-8 co que rematou.

Consulta a clasificación aquí

BENAVENTE 6 - 4 ACASTI REFORMAS

Lácteas Cobreros Atlético Benavente FS: Alejandro R, Aday (1), Diego (1) , Alejandro M, Hugo, Raúl, Daniel, Sergio A, Unai, David, Javier (3) e Sergio B (1).
Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Daniel, Pablo (1), Raúl, Teo, Alejandro, Anxo (1), Diego, Iván (1), Pedro e Luis (1).
Cancha: La Rosaleda.

RIBEIRA 3 - 8 PARRULO

Ribeira Fútbol Sala: Pablo, Unai, Xabier, Mateo (1), Alejandro P, Alejandro S, Mael, Roi, Bruno, Roberto, Adrián (1) e Álvaro(1).
O Parrulo FS: Diego, Daniel C, Alejandro (1), Mateo, Hugo (1), Lois, Borja (2), Antón, Asier (1), Adrián (1), Brais (1) e Daniel V (1).
Cancha: Municipal de Lugo.

Resultados xornada 17

Salamanca 11 0 Zamora
Ribeira 3 8 Parrulo
Valladolid 5 0 Carballiño
Vigo 7 3 Pontevedra
5 Coruña 11 2 Tres Columnas
Benavente 6 4 Acasti Reformas
  D Inter Sala
Próxima xornada
Parrulo - - Zamora
Carballiño - - Ribeira
Pontevedra - - Valladolid
Inter Sala - - Vigo
Acasti Reformas - - 5 Coruña
Benavente - - Salamanca
  D Tres Columnas
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

O Burela segue na súa liña de non deixar ir as ocasións para regresar á División de Honra e esta fin de semana volveu gañar un partido moi complicado co 5 Coruña, un dos seus rivais directos.

O equipo laranxa sufriu moito, especialmente na primeira parte, igualada pero na que lle tocou ir por detrás no marcador.

De feito, chegaron ao descanso 2-2, pero na segunda foi o burelao o que se puxo por diante e malia que lle empataron foi o rival, cun gol en propia porta, o que lle deu o primeiro impulso para romper as táboas e camiñar cara a unha vitoria que se avultou no último minuto.

O Casás obtivo a outra vitoria para a provincia. O equipo amarelo, que está no terzo inferior da clasificación, venceu cun 8-5 ao Alto do Vento, equipo co que competía por posición directamente e ao que adiantou na xeral.

Os de Nino deixáronse ir na primeira parte, na que o rival logrou poñerse 1-5 pero nos últimos dez minutos espertaron e lograron darlle a volta ao marcador con cinco goles catro minutos e poñerse 6-5. Nos últimos intres abriron aínda máis a distancia con dous goles máis.

O Vilalba volveu caer esta fin de semana, e foi ante o Redondela, un dos aspirantes ao título. Puido facer máis o equipo chairego, que marcou primeiro e durante un minuto liderou o marcador. Moita igualdade na primeira parte, que rematou 3-2. Xa na segunda fallaron un penalti co 5-3 que podería telos metido de cheo no partido. Non axudaron as dúas expulsións polo que o local ampliou a vantaxe ata o 7-3 final.

O Meigallos volveu perder esta fin de semana, de novo logo de dominar o partido e o xogo, pero non logra superar a dificultade para marcar. Fixo moito dano ás contras o rival, con dous xogadores moi rápidos en banda e tiveron moito acerto. Os sarriaos pudieron achegarse en numerosas ocasións pero no tramo final o rival escapou.

Probaron co 5 para 4 despois de que a fenda se abrise ata o 8-3 e nese momento puideron sumar dous tantos, que non foron suficientes para a remontada.

Consulta a clasificación aquí

REDONDELA 7 - 3 VILALBA

Redondela FS Maramar: Izan, Antón, Adrián, Noé, Nicolás, Lois, Pedro, David, Roi, Uxío e Carlos.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L. Ismael, Javier, David, Pablo R, Alejandro, Noé, Martín, Dilan e Brais.
Cancha: A Marisma.

NARÓN 8 - 5 MEIGALLOS

SDCyR Narón O Freixo A: Samuel, Brais, Alberto, Manuel, Edgar, Matías, David, Iván, Gael e Martín.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Saúl F, Xoel, Uxío, Tomás, Adrián e Rubén.
Cancha: As Lagoas.

5 CORUÑA 3 - 6 BURELA

5 Coruña FS B-Mera FS: Adolfo, Leo, Iago, Gerardo, Rodrigo, Pablo, Bruno M, Brais, Aarón e Bruno B.
Pescados Rubén Burela FS: Unai, Luis, Rafael, Iago, Hugo, Brais, Bruno, Jocelino, Diego, Iago, David e Elías.
Cancha: Novo Mesoiro.

CASÁS 8 - 5 ALTO DO VENTO

Club Polideportivo Casás: Jorge, Manuel, Mateo, Alonso, Yerai, Marcos, Héctor, Saúl, Nicolás e Samuel.
Alto do Vento FS Albuergue A Casa do Boi: Pedro, Lucas, Gabriel, Hugo M, Saúl, Hugo S, Pablo, Pedro, Uxío, Guillermo e Samuel.
Cancha: O Palomar.

 

Resultados xornada 19

Hércules 5 2 Coruxo
Redondela 7 3 Vilalba
Narón 8 5 Meigallos
5 Coruña B 3 6 Burela
Casás 8 5 Alto do Vento
Sala Ourense 4 6 Betanzos
Beade 4 2 Campito
  D Noia

Próxima xornada

Vilalba - - Coruxo
Meigallos - - Redondela
Burela - - Narón
Noia - - 5 Coruña B
Betanzos - - Casás
Campito - - Sala Ourense
Beade - - Hércules
  D Alto do Vento
 
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

A competición ligueira feminina que estaba prevista para este martes de Entroido, 13 de febreiro, con dobre partido para o Vilalba e un para Ribeira e Burela, foi aprazado nun caso para o 25 de marzo e suspendido nos outros dous debido á convocatoria da selección autonómica.
 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Burela 6 3 2 0 0 13 5
 Amarelle 6 3 2 0 1 15 7
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada (13/02)
Burela A Vilalba
  D  
Vilalba S Viaxes Amarelle
  D Burela
 
GRUPO B

Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  6 2 2 0 0 11 5
Cidade das Burgas 6 3 2 0 1 9 4
Ribeira -3 3 0 0 3 5 16
Próxima xornada (13/2)
Ribeira S Ourense CF
  D Cidade das Burgas
Ourense CF S Cidade das Burgas
  D Ribeira