O Acasti Reformas recupera a senda do triunfo cunha goleada ao River Zamora

Na Galega, resultados para todos os gustos. As vitorias foron para o Burela, que a piques estivo de volver ao liderado, e do Vilalba, que suma a terceira consecutiva

División de Honra Xuvenil

O Acasti Reformas levouse o partido xuvenil sen despeitearse esta fin de semana ante o River Zamora, colista do grupo. Os brancos dominaron de principio a fin e non cederon en ningún momento. Deste modo recuperan a senda da vitoria logo de dous empates e unha derrota e volven subir na clasificación ata a sétima posición. Saíron moi fortes e en 5 minutos tiñan xa tres goles ao seu favor. Aínda que marcou o rival nun fallo, antes do descanso conseguiron abrir unha fenda ata o 7-1. Na segunda parte non mudou o conto e seguiu o afán goleador ata o final.

O Ribeira caeu ante o Benavente e deixou escapar os puntos nun duelo no que houbo moitos altibaixos. De feito, comezou cun gol do equipo local que se dobrou rapidamente. O equipo lugués logrou sobrepoñerse e acadou o empate no intermedio.

Á volta de vestiarios volveron a adiantarse os locais con dous goles pero novamente o equipo lugués loitou para igualar o marcador a falta de dez minutos. Foi nese tempo do final cando o Benavente foise no resultado ata abrir a vantaxe de 8-4 coa que terminaron.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 16 - 1 ZAMORA

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Iván (3), Pablo (3), Pedro (4), Raúl (2), Daniel (2), Anxo (1), Diego, Luis (1), Hugo e Teo.
River Zamora FS Héctor, Miguel (1), Carlos, Raúl, Eduardo, Jorge, Pablo e Raúl.
Cancha: O Palomar.

BENAVENTE 8 - 4 RIBEIRA

Lácteas Cobreros Atlético Benavente FS: Raúl, Unai, Diego (1), David (3), Alejandro M (2), Alejandro R, Adrián, Aday, Daniel, Sergio A (2), Javier e Sergio B.
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai (1), Xabier (1), Mateo, Roberto, Alejandro S (1), Martín, Bruno e Alejandro P. Un en propia porta do rival.
Cancha: La Rosaleda.

 

Resultados xornada 10

 
Pontevedra 4 1 Salamanca
Inter Sala 4 6 Carballiño
Tres Columnas 6 5 Parrulo
Acasti Reformas 16 1 Zamora
Benavente 8 4 Ribeira
5 Coruña 9 1 Valladolid
  D Vigo
Próxima xornada
Pontevedra - - Inter Sala
Carballiño - - Tres Columnas
Parrulo - - Acasti Reformas
Zamora - - Benavente
Ribeira - - 5 Coruña
Salamanca - - Vigo
  D Valladolid
 
 
 

Liga Galega Xuvenil

O Burela tivo preto a ocasión de desmontar ao Noia do liderado do grupo pero finalmente o equipo coruñés venceu esta fin de semana pero tamén o fixo o laranxa, que derrotou ao Alto do Vento por 3-5.

Os mariñaos entraron algo perdidos ao parqué e tiveron que ver como o marcador se poñía 3-0 antes de reaccionar. Finalmente antes do intermedio puxéronse 3-2 e xusto á volta de vestiarios xa estaba empatados. Non se moveu máis o marcador ata preto do final do partido, cando o lograron a vitoria con dous goles máis. Non aproveitaron a superioridade na cancha logo de dúas tarxetas vermellas.

O Meigallos non sae da mala xeira que lle levou a acumular cinco derrotas consecutivas e baixar ata a novena praza despois de estar pelexando polo liderado. O rival xogou moito mellor, con moita intensidade, o contrario que o Meigallos, que acudiu lastrados por varias baixas por unha epidemia de gripe. O rival púxose por diante e o Meigallos empatou na seguinte xogada cun golazo de Tomás. Pero o rival seguiu engordando o resultado ata o 4-1 que foi cando os sarrios metéronse no partido para recuperar a distancia xusto antes do intermedio e ir ao descanso 4-3.

Na segunda parte saíron con porteiro xogador pero o Betanzos fixo o 5-3, que fixo moito dano e a partir de aí foron marcando de forma continuada ata abrir a vantaxe de 7-3. Os dous últimos entraron coa defensa adiantada e ás contras.

O Vilalba segue a crecer logo de lograr a terceira vitoria consecutiva da sesión cun 2-6 contra o Campito. Gran traballo dos vilalbeses, que estiveron de 10, sendo os máis destacados os porteiros. Tampouco creou o rival situacións de moito perigo e de feito na primeira parte o Vilalba pechou un 0-2 impecable. Na segunda, lograron empatar os locais pero rapidamente o equipo de Nuno volveu adiantarse para seguir abrindo fenda ata o 2-6.

O Casás apañou tamén un punto esta fin de semana ante o Narón logo de empatar 4-4 no Municipal dos Deportes de Lugo e iso que estiveron a piques estiveron de levarse o partido. Aínda que o rival estivo por diante todo o partido non o deixou escapar en ningún momento. No descanso estaban 1-2 e o empate entrou nos últimos segundos do duelo.

Resultado satisfactorio para os amarelos, que se enfrontaban a un rival que está por riba na táboa e do que sacaron 1 punto que lles permite estar na zona segura.

Consulta a clasificación aquí

ALTO DO VENTO 3 - 5 BURELA

Alto do Vento FS Albergue A Casa do Boi: Nicolás, José, Pablo, Saúl, Samuel, Hugo S, Iago, Pedro, Hugo M, Uxío e Guillermo.
Pescados Rubén Burela FS: Unai, Bruno, Luis, Rafael, Hugo, Diego, Iago D, Iago L, David e Elías.
Cancha: Santa Isabel.

BETANZOS 9 - 3 MEIGALLOS

Grelo Troula Betanzos: Alonso, Simón, Daniel, Javier, David, Dilan, Pablo, Carlos, Andrés e Rodrigo.
Os Meigallos FS: Álex F, Xoel, Saúl, Mauro, Tomás, Álex de la F, Adrián, Jesús, Dennis, Uxío e Rubén.
Cancha: Municipal de Betanzos.

CAMPITO 2 - 6 VILALBA

Campito Chapela FS: Luis, Eyasu, Víctor, Gabriel, Borja, Ismael, Álex, Iker, Raúl, Pedro e Hugo.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexandre, David, Pablo D, Dilan, Pablo R, Ismael, Noé, Martín, Javier e Alejandro.
Cancha: Municipal Redondela.

CASÁS 4 - 4 NARÓN

Club Polideportivo Casás: Jorge, Manuel, Alonso, Yerai, Samuel, Mateo, Joel e Nicolás.
SDCyR. Narón O Freixo: Samuel, Manuel, Edgar, Brais, David, Alberto, Martín e David.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 12

Noia 8 7 Hércules
Alto do Vento 3 5 Burela
Betanzos 9 3 Meigallos
Campito 2 6 Vilalba
Beade 4 2 Coruxo
Sala Ourense 3 4 Redondela
Casás 3 4 Narón
  D 5 Coruña B
Próxima xornada
Noia - - Alto do Vento
Burela - - Betanzos
Meigallos - - Campito
Vilalba - - Beade
Coruxo - - Sala Ourense
Redondela - - Casás
Hércules - - 5 Coruña B
  D Narón

 

 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Amarelle 6 2 2 0 0 14 1
Burela  3 2 1 0 1 7 4
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada (3/02)
Viaxes Amarelle - Burela
  D Vilalba
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  3 1 1 0 0 8 4
Cidade das Burgas 3 1 1 0 0 2 1
Ribeira 0 2 0 0 2 5 10
Próxima xornada (30/12)
Cidade das Burgas - - Ourense CF
  D Ribeira
Cidade das Burgas - - Ribeira
  D Ourense CF