O Burela deixa escapar o ascenso logo de caer co Hércules e o Meigallos perder co actual campión

O Begonte remata como campión do seu grupo e conserva a categoría para o ano que vén xunto con Vilalba e Casás

Grupo 1º

Finalmente non puido ser e este ano non haberá ascenso da provincia á División de Honra xuvenil. O Burela tíñamo máis preto pero finalmente caeu derrocado co Hércules e o Meigallos perdeu ante o campión de grupo, o Carballiño.

O equipo mariñao, que quedou a dous puntos do asenso, caeu derrotado amplamente ante o Hércules, que ao final foi subcampión, empatado a puntos cos laranxas.

O partido púxose de cara para os locais, que marcaron xa na primeira xogada e non sería ata despois da pausa cando o Burela logrou empatar. Moita tensión nas filas laranxas, que protestaron decisións arbitrais e acabaron con tarxeta amarela para o adestrador e para o delegado de campo xusto antes da pausa Tamén levou a súa o adestrador rival.

Na segunda o Hércules colleu vantaxe pero avultou o resultado no último minuto con dous goles que acabaron coas esperanzas de volver á División de Honra.

O Meigallos, que xa non tiña opcións, podería ter aportado o seu gran de area para facilitar o ascenso do Burela, pero caeu ante o Carballiño, precisamente o equipo que ascendeu.

1-4 foi o resultado final dun duelo moi igualado e no que o acerto na porta foi a clave. Comezaron os sarriaos dominando con tres ocasións pero non conseguiron marcar. Nunha xogada en superioridade, o rival roubou o balón e marcou a portería baleira subindo o primeiro gol. Unha contra foi a causante do segundo e de que o Meigallos baixase un pouco o ritmo.

Antes do descanso, nun dobre penalti criticado chegou 0-3 para o campión de liga. Trala pausa, o Meigallos volveu ao parqué enchufado tratando de recuperar o xogo pero encaixaron o cuarto e finalmente marcaron os sarriaos, que sacaron porteiro xogador pero non tiveron acerto.

Consulta aquí a clasificación

MEIGALLOS 1 - 4 CARBALLIÑO

Os Meigallos FS: Álex, Iago (1), Gonzalo, Pablo, Saúl F, Saúl T, Adrián, Rubén, Brais, Xoel e Borja.
Carballiño FS-Gri Carballiño: Miguel, Samuel V (1), Samuel R (1), Santiago, Xacobo, Mateo, Lucas, Mauro, Adonai, Oliver (1) e Adrián (1).
Cancha: O Chanto.

HÉRCULES 6 - 2 BURELA

Sport Sala Hércules FS: Daniel, Fernando, Darío, Rodrigo (1), Manuel, Ignacio, Daniel, Álvaro (1), Alan. (1), Martín (1), Sergio (1) e Matías (1).
Pescados Rubén Burela FS: Javier, Luis (1), Isaias, Rafael, Fernando, Roi, Bruno, Elías, Diego P, Lucas, Hugo (1) e David José.
Cancha: San Francisco Javier.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 1º 

       Resultados xornada 10

Meigallos 1-4 Carballiño
Redondela 7-3 Bueu
Hércules 6-2 Burela

    

Grupo 2º

O Begonte venceu ao Vilalba no último partido de liga, no que ningún dos dous se xogaba nada, xa que a salvación xa estaba clara para os dous. Debido a isto todos os xogadores dispuxeron de moitos minutos.

Comezou o partido máis igualado, co Begonte con máis posesión e o Vilalba saíndo en trasicións. Chegaron 1-1 ao desanso. Trala pausa o local entrou mellor e con dous goles asegurou a vitoria, que sentenciou no tramo final con dous máis.

O equipo chairego remata como campión do seu grupo con 4 vitorias e dúas derrotas, tres puntos por diante do Pecheches. Cos mesmos puntos está o Vilalba, que gañou os mesmos partidos que perdeu, 3.

Consulta aquí a clasificación

BEGONTE 6 - 2 VILALBA

Concello de Begonte FS: Daniel, Anxo, Martín (2), Pablo V, Antonio (1), Pablo P, Jesús Manuel, Rodrigo (1), Marcos, José María (2), David e Ramón.
Grupo Forma-T Vilalba: Dilan, Diego A, Diego M, David (1), Pablo D (1), José, Noé, Michael, Mario, Pablo L e Brais.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 10

Begonte 6-2 Vilalba
Pecheches D Marín

 

Grupo 3º

Con goleada rematou o Casás a súa participación na competición, fóra da zona de perigo e sendo superior ao Sala Ourense, ao que venceu 7-2.

Pecha así un ciclo o equipo amarelo, terceiro do seu grupo e fóra dos postos de descenso. Na primeira parte dominou o Casás pero encaixou un gol no 5x4. Trala pausa marcaron rápido para empatar e xa se puxeron por diante para comezar a abrir fenda amosando unha gran superioridade.

O Guitiriz, pola súa conta, xogará o xoves o último partido, co Ventorrillo, sabéndose xa descendido.

Consulta aquí a clasificación

CASÁS 7 - 2 SALA OURENSE

Club Polideportivo Casás: Raúl (1), Sami, Alonso (3), Alberto, Diego (3), Samuel, Pablo e Manuel.
Sala Ourense 2014: Martín T, Pablo, Juan (1), Alejandro (1), Martín V, Marco, Jorge, Samuel, Ignacio, Pablo, Jorge e Víctor.
Cancha: O Palomar.

  

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 10

Casás 7-2 Sala Ourense
Campito 3-2 La Peña
Ventorrillo A Guitiriz

       

Liga Feminina

Co Burela fóra da competición, trala eliminatoria co Poio, só queda a final, que será o día das Letras Galegas entre Bembrive e Poio.               

LIGA GALEGA FEMININA - FASE FINAL

         Semifinais

Bembrive 4-0 Narón 
Burela 0-2 Poio

   Final (17/5)

Bembrive - Poio