O Burela aséntase na promoción pero o Meigallos perde as opcións cunha derrota inxusta

O equipo mariñao xogarase o ascenso a próxima fin de semana co Hércules a domicilio. O Casás tamén ten un partido decisivo para deixar lonxe o risco de descenso

Grupo 1º

O Burela mantén o liderado do grupo cunha nova vitoria sobre o colista, o Redondela, por 5-1. Os burelaos foron claramente superiores e dominaron o partido aínda que na primeira parte costou máis chegar ao gol. 2-0 foron ao descanso pero xusto á volta asentaron o marcador con dous máis. O Redondela estreouse tralo último gol de Diego polo.

O Meigallos caeu co Bueu, 7-5, nunha pista que sempre se lle atraganta. Non empezaron mal os sarriaos, que marcaron os dous primeiros goles antes dos cinco minutos. A partir de aí, houbo ocasións para seguir collendo vantaxe pero non as aproveitaron. Na metade do primeiro tempo, o Bueu marcou un gol nunha xogada illada. Foi entón cando o Meigallos baixou a intensidade e o nivel, propiciado polos paróns do árbitro.

Nun balón parado volveron marcar de córner e acabaron poñéndose por diante antes do descanso cun dobre penalti.

A segunda parte comezou mal de novo pero co 4-2 puxéronse por diante unha vez máis xogando moi ben pero nunha polémica acción expulsouse a un xogador sarriao, o que marcou o resto do partido. O Bueu meteu un gol para empatar e o Meigallos arriscou co 5 para 4 pero o local acabou impoñéndose con dous goles nas contras.

Partido no que non mereceron perder pero que non lles afecta á clasificación xa que están sen opcións para o ascenso e tampouco descenden.

Consulta aquí a clasificación

BUEU 7 - 5 MEIGALLOS

ADFS Bueu Grupo Roslev: Ángel, Eloy (1), Antón, David (4), Daniel (1), Pedro (1), Fernando, Marco e Raúl.
Os Meigallos FS: Álex, Iago, Gonzalo (3), Pablo, Saúl F, Óscar, Adrián, Rubén, Brais (1) e Borja (1).
Cancha: Municipal de Bueu.

BURELA 5 - 1 REDONDELA

Pescados Rubén Burela FS: Javier, Luis (2), Isaias, Rafael, Fernando (1), Roi, Bruno (1), Elías, Diego P (1), Hugo, David José e Diego X.
Redondela FS: Lois, Pedro, Antón, Enrique, Nicolás, Yeison, Izan, Simón, David, Adrián, Uxío (1) e Pablo.
Cancha: Vista Alegre.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 1º 

       Resultados xornada 9

Carballiño 3-2 Hércules
Bueu 7-5 Meigallos
Burela 5-1 Redondela

Próxima xornada 

Meigallos - Carballiño
Redondela - Bueu
Hércules - Burela

    

Grupo 2º

Segura ten a súa praza o Begonte, que venceu esta fin de semana ao Pecheches nun partido apertado e que rematará a liga co derbi co Vilalba, ambos os tres empatados na táboa.

Queda por tanto un mero trámite para ambos, que repetirán categoría. Malia non xogarse nada, o duelo foi intenso. O Begonte comezou dominando e chegou ao descanso cunha vantaxe clara, de 0-2. Pero xusto á volta, nunha pausa o rival empatou pero o Begonte volveu poñerse por diante, situación que se mantivo ata o final. No último minuto marcou o Pecheches o gol que apertaba o marcador. Finalmente o Begonte levouse os tres puntos.

Partido no que foron mellores e no que na primeira parte, moi superiores, puideron marcar algún gol máis, pero o porteiro fixo boas intervencións.

Na segunda, o Pecheches tivo nalgúns momentos máis o balón que foi cando se adiantaron pero o Begonte non deixou que se achegasen no marcador ata o final.

Consulta aquí a clasificación

PECHECHES 3 - 4 BEGONTE

Pecheches FS: Lois, Pablo (1), Miguel, Yerai, Samuel (1), Aday (1), Lucas, José Manuel e José Carlos. 
Concello de Begonte FS: Daniel, Anxo, Martín, Pablo V (1), Antonio (1), Pablo P, Rodrigo (2), Marcos, José María e David.
Cancha: Balaídos.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 9

Pecheches 3-4 Begonte
Marín D Vilalba

      Próxima xornada

Begonte - Vilalba
Pecheches D Marín

 

Grupo 3º

Goleada do Casás no penúltimo partido da tempada ante La Peña. 3-12 foi o resultado co que o equipo amarelo se fixo coa vitoria e ten máis preto a permanencia. O Casás foi moi superior ao rival. De feito nos primeiros cinco minutos de partido xa levaba ao seu favor un parcial de 0-4. Malia que o rival empurrou no descanso os luguesas tiñan collido o partido cun 3-7 no marcador.

Na segunda foi aínda máis claro o dominio dos visitantes, que ampliaron a vantaxe ata os minutos finais, axudados tamén por un gol en propia dos locais.

O Casás ocupa a terceira praza pero aínda hai opcións de caer á cuarta, na que optaría ao descenso. A pelexa está co Sala Ourense co que se enfrontará a próxima fin de semana no último partido.

O descendido Guitiriz disputou o mellor partido da tempada ante o Campito, un equipo moi superior fisicamente pero ao que superaron tecnicamente polo que mereceron gañar.

Foron moi superiores os de Maradona na primeira parte, levando o control do partido e dando unha lección de fútbol sala. De feito, foron 3-1 ao descanso, pero na segunda o físico pasou factura. Eles apertaron e ao Guitiriz costoulle saír e ademais nas contras chegaban algo desfondados ante 12 xogadores máis grandes e fortes. Os locais dispuxeron de varias contras pero cando o partido estaba en 3-2 pasou a ser de ida e volta ata que o rival marcou o gol do empate, que o Guitiriz xa non puido levantar.

Consulta aquí a clasificación

LA PEÑA 3 - 12 CASÁS 

Club Deportivo La Peña LP: Gabriel, Iván D, Iván R, Cristhian, Iván L, Manuel Alfonso, Iago, Kevin e Ángel.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Sami (3), Alonso (3), Alberto, Diego (2), Jorge, Pablo (2) e Manuel (1). Un en propia do rival.
Cancha: A Raña.

GUITIRIZ 3 - 3 CAMPITO

EDM Concello Guitiriz: Yanira, Alexandre (1), Sergio, Lois, Anxo (2), Xoel, Aitor, Iago e Bruno.
Campito Chapela FS: Jesús, Ismael, Pablo (1), Mateo, Pedro, Luis, Raúl, Juan, Hugo (1), Xián, Pedro (1) e Mateo.
Cancha: Jonathan Carro.

  

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 9

Sala Ourense 4-4 Ventorrillo
La Peña 3-12 Casás
Guitiriz 3-3 Campito

Próxima xornada 

Casás - Sala Ourense
Campito - La Peña
Ventorrillo - Guitiriz

       

Liga Feminina

Co Burela fóra da competición, trala eliminatoria co Poio, só queda a final, que será o día das Letras Galegas entre Bembrive e Poio.               

LIGA GALEGA FEMININA - FASE FINAL

         Semifinais

Bembrive 4-0 Narón 
Burela 0-2 Poio

   Final (17/5)

Bembrive - Poio