O Burela apunta ao ascenso cunha nova vitoria mentres o Meigallos cae derrotado

Yanira Guizán, do Guitiriz, e Aroa Rodríguez, do Vilalba, foron convocadas coa selección española sub 17
XUV_Burela-Meigallos_Noe-8
photo_camera XUV_Burela-Meigallos_Noe-8

Grupo 1º

As posicions xa están máis claras no grupo alto. O Burela apunta con todo de cara ao ascenso a División de Honra. Venceu esta fin de semana por 2-0 ao Hércules e, invicto como está, acumula 6 puntos de vantaxe sobre os seus rivais. Duro partido para os laranxas no que finalmente se fixeron coa vitoria cun marcador moi axustado.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos, pola contra, caeu ante o Carballiño por 8-2. Abriron a conta os sarriaos, que marcaron posición rápido pero de cara ao final da primeira parte, a igualdade perdeuse para que o equipo local dese a volta ao marcador. Xusto á volta a fenda seguiu abríndose. Co 6-2 xa parecía todo decidido pero nos últimos tres minutos aún entraron dous goles máis.

CARBALLIÑO 8 - 2 MEIGALLOS

Carballiño FS-Gri Carballiño: Miguel, Samuel V (4), Adonai (1), Santiago, Ismael (1), Lucas, Samuel R, Oliver (1), Adrián (1), Mateo e Jacobo.
Os Meigallos FS: Saúl T, Brais, Gonzalo (1), Pablo (1), Borja, Álex, Adrián, Rubén, Iago e Saúl F.
Cancha: Cea.

BURELA 2 - 0 HÉRCULES

Redondela FS: Javier, Elías, Hugo, Rafael (1), Fernando, Roi, Bruno, Diego, Luis (1), Isaias, David e Diego.
Pescados Rubén Burela FS: Daniel, Martín, Rodrigo, Manuel, Fernando, Ignacio, Fernando C, Daniel e Sergio.
Cancha: Vista Alegre.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 1º 

       Resultados xornada 5

Carballiño 8-2 Meigallos
Bueu 6-4 Redondela
Burela 2-0 Hércules

Próxima xornada

Bueu - Burela
Carballiño - Redondela
Meigallos - Hércules

 

      

Grupo 2º

Derbi provincial entre os dous equipos chairegos esta fin de semana. A vitoria foi para o local, o Vilalba, que superou en 5-2 ao Begonte. O Begonte, con dúas baixas importantes, entrou mal o partido o que fixo que o local se puxese por riba xa na primeira parte.

Na segunda, o Begonte refíxose pero sería o Vilalba o que abrirá a fenda ata o 5-1. Marcou o Begonte no tramo final e aínda dispuxo de máis ocasións, pero estas non entrarían.

VILALBA 5 - 2 BEGONTE

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Mario (1), Pablo (1), Brais, José, Diego M, Michael, Javier, David (2) e Pablo. Un en propia do Vilalba.
Concello de Begonte FS: Daniel, Antonio, Martín (1), José María (1), Rodrigo, Pablo (3), Íker, Jesús Manuel, David e Ramón.
Cancha: Municipal de Vilalba.

 

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 5

Vilalba 5-2 Begonte
Marín D Pecheches

Próxima xornada 

Vilalba - Pecheches
Marín - Begonte

         

Grupo 3º

Un punto de renda sacou o Casás, que se enfrontou ao Sala Ourense. As baixas lastraron aos de Nino que na primeira parte estiveron moi espesos, pero mereceron gañar xa que a segunda parte foi moi boa. Cando chegaron ao descanso o equipo amarelo estaba por riba, pero á volta de vestiarios cambiaron as tornas e o Sala Ourense adiantouse ata o 4-2. Nos últimos minutos os lugueses lograron firmar o empate para sumar un punto.

Consulta aquí a clasificación

SALA OURENSE 4 - 4 CASÁS

Sala Ourense 2014: Martín, Juan, Martín, Jorge R (2), Jorge M (1), Hugo, Pablo Coello, Víctor, Ignacio (1), André e Pablo Casal.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Sami (1), Iván (2), Alberto, Diego, Jorge, Samuel (1), Pablo e Manuel.
Cancha: Campus universitario.

              

  

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 5

Sala Ourense 4-4 Casás
La Peña 5-10 Campito
Guitiriz A Ventorrillo

         Próxima xornada

Ventorrillo 6-4 Sala Ourense
Casás A La Peña
Campito 9-5 Guitiriz

  

Liga Feminina

Tres das nosas coa Selección Española. A porteira Yanira Guizán (EDM Concello de Guitiriz) e as xogadoras Aroa Rodríguez (Vilalba FS) e Carla Martínez (Viaxes Amarelle FSF) recibiron a chamada do combinado nacional da categoría sub 17 para participar na próxima concentración.

A seleccionadora Clàudia Pons fixo oficial esta lista de convocadas para a concentración da selección sub 17 feminina que levará a cabo do 2 ao 6 de abril en Boticas (Portugal). Alí, España enfrontarase á selección lusa os dias 4 e 5 de abril.

Yanira Guizán e Aroa Rodríguez disputaron esta mesma tempada o Campionato de España de Seleccións Autonómicas coa Selección Galega sub 19, mentres que Carla non puido asistir ao estar mancada.

O Burela disputará o 1 de maio as semifinais do campionato de Liga na súa Fase Final. Será o único representante da provincia.               

LIGA GALEGA FEMININA - FASE FINAL

         Semifinais (1/05)

Bembrive - Narón 
Burela - Poio