O Burela volve a casa líder tras arrebatarlle no parqué a praza ao Carballiño cunha vitoria

Tamén no grupo alto, o Meigallos venceu cómodo ao Redondela e xa é segundo

Grupo 1º

O Burela arrebatou no parqué a primeira praza do grupo alto ao Carballiño tras vencelo 4-6 a domicilio. Partido importante para os laranxas, que se xogaban o liderado e que comezaron gañando firmemente, tal e como teñen por costume. De feito, marcaron 0-3 pero logo a situación complicouse sobre o descanso xa que o rival achegouse ata o 2-3 grazas un penalti.

Á volta de vestiarios saíron motivados de novo e levantaron o resultado ata o 2-6 pero nos últimos minutos o Carballiño non perdeu de vista o obxectivo e acurtou distancias pero no foi suficiente e cunha vantaxe de dous goles os mariñaos volveron a casa líderes.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos tamén logrou un ascenso á segunda praza esta fin de semana tras vencer ao Redondela nun partido moi competido no que foron superiores e que gañaron 5-1.

Colleron vantaxe pronto os locais que conseguiron poñerse 2-0 na primeira metade, pero os rivais tamén tiveron ocasións, sobre todo nas contras, pero o porteiro Saúl fixo un moi bo partido.

Na segunda parte marcaron pronto o 3-0 e a partir de aí tiveron bastantes ocasións polo que conseguiron poñerse 5-0 deixando ao rival marcar o 5-1 nunha xogada de 5 para 4 o 5-1.

A próxima semana será un novo partido de altura, xa que se enfrontarán os dous equipos da provincia polo liderado.

MEIGALLOS 5 - 1 REDONDELA

Os Meigallos FS: Saúl T, Brais, Gonzalo, Pablo (2), Borja, Álex, Óscar (1), Adrián, Iago, Saúl F (2) e Jesús.
Redondela FS: Izan, Pedro, Antón, Aarón (1), Martín, Lois, David, Adrián, Enrique, Uxío e Braian.
Cancha: O Chanto.

CARBALLIÑO 4 - 6 BURELA

Carballiño FS -Gri Carballiño: Mateo, Samuel (3, un de penalti), Pablo, Oliver, Xacobo (1), Yerai, Samuel, Adonai, Santiago e Bruno.
Pescados Rubén Burela FS: Roi, Bruno (2), Elías, Hugo (2), Isaias (1), Unai, Diego P, Diego E, Luis Miguel, Rafael (1), Saúl, David e Diego X.
Cancha: Paco Chao.   

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 1º 

                Resultados xornada 2

Bueu 6-4 Hércules
Carballiño 4-6 Burela
Meigallos 5-1 Redondela

Próxima xornada

Bueu - Carballiño
Burela - Meigallos
Hércules - Redondela

            

      

Grupo 2º

Toca descanso para o Begonte e o Vilalba esta fin de semana debido á retirada do Poio desta segunda fase.

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 2

Marín 1-6 Pecheches
Begonte D Vilalba

Próxima xornada 

Vilalba - Marín
Begonte D Pecheches

          

Grupo 3º

O Casás, despois dunha moi boa primeira fase, está tendo serios problemas nesta segunda, na que encaixou a segunda derrota consecutiva dende a parte fonda.

Novamente adoleceron os de Nino de resolución de xogadas na porta contraria e os goles custaron moito en meter malia dispoñer de oportunidades e ofrecer un bo xogo. Foron os amarelos os encagados de abrir a caixa dos goles pero o Campito púxose por riba rapidamente para ir ao descanso 1-3. 

Á volta, o Casás volveu marcar pero o Campito non deixou de ter a vantaxe e malia o último gol do local, non foi suficiente para rabuñar algún punto.

Consulta aquí a clasificación

Trala inauguración da segunda fase cunha goleada, o Guitiriz volveu caer esta fin de semana ante o Sala Ourense por 5-2. Equipo ao que se enfrontaban por primeira vez esta tempada e no que nos primeiros dez minutos o Guitiriz estivo asentado no parqué e dispuxo de varias ocasións pero o partido acabou converténdose nun correrrúas que non favoreceu aos de Maradona.

Así, marcaron os dous primeiros goles, logo o Guitiriz parou este tipo de xogo ata despois da pausa. O intento do equipo visitante quedou sen efecto tras uns minutos nos que o Sala Ourense amosouse moi superior e marchou no marcador. Intentaron recuperar o duelo os chairegos co 5 para 4 pero a expulsión de Anxo, por dobre amarela, condicionou o resto e acabaron perdendo por 5-2. 

CASÁS 4 - 5 CAMPITO

Club Polideportivo Casás: Raúl, Sami, Iván (1), Alberto, Diego (2), Jorge, Alonso (1), Sergio e Manuel.
Campito Chapela FS: Luis, Xián, Martín (1), Pablo (2), Pedro (1), Raúl (1), Mateo D, Borja, Ismael e Mateo S.
Cancha: O Palomar.

SALA OURENSE 5 - 2 GUITIRIZ

Sala Ourense 2014: Hugo, Pablo Coello, Juan (2), Alejandro (1), Jorge (1), Mauricio, Samuel, Ignacio, Martín (1), André e Pablo Casal.
EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel (1), Aitor (1), Sergio, Anxo, Iago, Lois e Bruno.
Cancha: Oira.

               

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 2

La Peña 4-10 Ventorrillo
Sala Ourense 5-2 Guitiriz
Casás 4-5 Campito

Próxima xornada  

La Peña - Sala Ourense
Guitiriz - Casás
Ventorrillo - Campito