O Begonte vence ao Meigallos no partido adiado da fin de semana pasada no que non se xogaban nada

Este martes terá lugar a última sesión da Liga feminina en Ourense, que lidera o Burela

O Begonte e o Meigallos disputaron o venres o último duelo que adiaran a fin de semana anterior. Partido de trámite xa que ningún equipo se xogaba nada importante. Os sarriaos ían quedar igual campións de grupo mentres que os chairegos non tiñan opcións para o grupo de cabeza.

Abriron a conta os do Meigallos, que amosaron un xogo un pouco superior pero a partir dun tempo morto dos locais estes melloraron e marcaron o 1-1 ademais de dispoñer dalgunha ocasión máis.

Nunha acción a balón parado, o Meigallos volveu romper o empate para finalizar a primeira metade.

Na segunda, o Begonte saíu moito mellor e tiveron varias ocasións claras ata que chegou o empate. O equiop visitante sacou o 5x4 faltando 7 minutos pero foi o local o que anotou o 3-2 nunha boa xogada colectiva. O Meigallos seguiu co 5x4, fixeron unha falta ao perder a posesión e quedaron cun xogador menos polo que non foi quen de remontar o resultado en contra, o segundo de toda a tempada.

Consulta aquí a clasificación

Deste modo, á espera dos calendarios definitivos, o Meigallos e o Burela irán ao grupo alto na segunda fase, mentres que Casás e Guitiriz entrarán nun grupo e Begonte e Vilalba noutro na loita pola permanencia.

BEGONTE 3 - 2 MEIGALLOS

Concello de Begonte FS: Daniel, Martín, Ramón, Pablo V, Antonio (1), Pablo P, Íker, Rodrigo (1), Mosé María, David e Jesús (1).
Os Meigallos FS: Saúl T, Brais, Gonzalo (1), Borja, Saúl F, Álex, Jesús, Óscar, Iago (1) e Pablo.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 18 adiado

Begonte 3-2 Meigallos

            

                          

Liga Feminina

Este martes, día de Entroido, terá lugar en Ourense a última sesión da primeira fase da Liga xuvenil feminina, que está claramente liderada polo Pescados Rubén Burela, que non fixo máis que gañar ata o de agora.

Nos postos intermedios están Ribeira e Vilalba, empatados a puntos. O líder enfrontarase aos outros dous lugueses mentres que Vilalba e Ribeira tamén loitarán co Cidade das Burgas.

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira