Remata a primeira fase na xuvenil sen sorpresas e co derbi Meigallos-Begonte aprazado

Derrota do Casás e o Burela a domicilio e vitoria do Guitiriz sobre o Vilalba, a terceira da tempada

Fin da primeira fase nunha categoría que estaba decidido o principal semanas atrás. O Meigallos e o Concello de Begonte aprazaron o seu duelo ao venres pero pase o que pase para os de Sarria non impedirá que rematen líderes aínda que os chairegos teñen a posibilidade de cambiar de grupo, xa que poderían poñerse sextos de gañar.

Quen xogou foi o outro clasificado para o grupo alto xunto co Meigallos, o Burela, que caeu a domicilio co Ventorrillo, equipo da zona media, aínda que non se xogaba nada e que segue segundo. Non as tivo todas o equipo laranxa, que comezou a encaixar cedo e que no intermedio tiña un 3-0 que se convertiría en 3-1 á volta de vestiarios. Aínda así, o Ventorrillo marcou sobre a bucina o cuarto.

O Casás caeu co 5 Coruña B e pasa á segunda fase como quinto de grupo. 5-3 foi o resultado co que volveron os de Nino a casa na última sesión. Xogaron unha primeira parte malísima chegando tarde ao balón e vapuleados polo local para rematar 5-0. Tralo paso por vestiarios cambiou o conto, o Casás asentouse no partido e comezou unha remontada que se quedou corta para igualar o partido e mesma para gañar porque houbo oportunidades claras.

Consulta aquí a clasificación

Na parte baixa da táboa o Guitiriz e o Vilalba xogaron un derbi no que nada podía cambiar na clasificación e nada cambiou. Aínda así, os de Maradona leváronse a vitoria por 3-2 no Jonathan Carro.

Foron superiores os locais que lograron abrir fenda rapidamente con dous goles antes dos dez minutos. Logo na segunda marcaron de novo e cando o escaso do banco volveu pasar factura o Vilalba remontou ata o 3-2. Con este resultado, a falta de 2 segundos o árbitro pitou dobre penalti a favor dos vilalbeses pero Yanira fixo alarde do seu bo facer unha vez máis para paralos e deixar sumar ao seu equipo tres puntos máis. Deste modo, Guitiriz pecha a clasificación e Vilalba queda penúltimo.

Para a seguinte fase Burela e Meigallos compartirán grupo na loita polo título e o ascenso á División de Honra. 

No grupo 2 pola permanencia está o Vilalba e podería sumarse o Concello de Begonte se gaña ao Meigallos. No grupo 3 coinciden de novo, polo momento Casás e Guitiriz. Haberá seis equipos en cada grupo e descenderán os dous últimos de cada un.

5 CORUÑA 5 - 3 CASÁS

5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo (1), Rubén Antón (1), Matías (1), Víctor, Álvaro A, Álvaro N, Gonzalo, Martín (1), Samuel (1) e Jairo.
Club Polideportivo Casás: Raúl (1), Sami, Iván, Alberto (1), Manuel, Jorge, Alonso (1) e Sergio.
Cancha: San Francisco Javier.

GUITIRIZ 3 - 2 VILALBA

EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel, Aitor, Sergio (2), Anxo (1), Iago e Lois.
5 Coruña FS B-Mera FS: Dila, Diego A, Javier, Pablo L (1), Brais, José Diego M, Michael, David e Pablo D (1).
Cancha: Jonathan Carro.

VENTORRILLO 4 - 1 BURELA

Distrito Ventorrillo FS: Rubén, Diego (1), Brais (1), Germain, Abel, Alejandro P, Noé, Ramón, Álvaro, Jaime (1), Miguel e Alejandro V (1).
Pescados Rubén Burela FS: Roi, Bruno, Elías, Hugo (1), Saúl, Javier, Diego P, Lucas, Diego E e Diego X. 
Cancha: Ventorrillo.   

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 18

5 Coruña 5-3 Casás
Guitiriz 3-2 Vilalba
Begonte A Meigallos
Ventorrillo 4-1 Burela
  D Hércules

            

                          

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira