Con todo decidido esta fin de semana na parte alta da clasificación, o Vilalba protagonizou a xornada, trala vitoria dos dous equipos da cabeza en derbi.
O equipo da Chaira foi protagonista ao arrebatarlle o triunfo ao 5 Coruña, terceiro na táboa, nun partido disputado e no que o local brillou para sumar a terceira vitoria da tempada.
Os vilalbesese abriron a conta no minuto 1, repetiron a xesta no 6 e no descanso estaban xa 3-0, que se converteu en 4-0 aos dos minutos do regreso do intermedio.
Reaccionou o rival intentando darlle a volta ao resultado pero non puido pasar do 4-3, momento no que o Vilalba recuperou forzas e marcou de novo no último minuto, segundos antes de que o 5 Coruña finalizara intentado o empate pero sen logralo (5-4).
O líder, o Meigallos, que xa é campión da fase unha xornada antes de que remate, venceu ao Concello de Guitiriz, que tamén rematará último de grupo. 5-3 foi o resultado co que os de Éric marcharon para casa tras mostrar superioridade ante un rival que puxo as cousas moi complicadas na primeira parte, especialmente a súa porteira, Yanira, que evitou que a conta fose maior.
O outro duelo da xornada foi o do Burela co Begonte. Os locais foron contundentes e pecharon a actuación do día cun 5-0 no que amosaban porque están clasificados para a segunda rolda na zona de ascenso. O Begonte contivo ao rival ata a segunda parte co 1-0 no marcador na pausa. Dous goles seguidos na segunda xa anunciaban un final no que os tres puntos ían ir para os laranxas.
O Casás, que non entrará finalmente no grupo de cabeza, tivo descanso esta fin de semana.
VILALBA 5 - 4 5 CORUÑA
5 Coruña FS B-Mera FS: Víctor, Álvaro N (1), Carlos, Antón, Matías, Álvaro A, Gonzalo, Samuel (3) e Javier.
Cancha: Municipal de Vilalba.
MEIGALLOS 5 - 3 GUITIRIZ
EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel (1), Aitor (1), Anxo (1), Sergio, Iago e Lois.
Cancha: O Chanto.
BURELA 5 - 0 BEGONTE
Concello de Begonte FS: Daniel, Pablo P, Martín, Pablo V, José María, Anxo, Rodrigo, Marcos, David, Ramón e Antonio.
Cancha: Jonathan Carro Paz.
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A |
---|
Resultados xornada 17
Vilalba | 5-4 | 5 Coruña |
Meigallos | 5-3 | Guitiriz |
Burela | 5-0 | Begonte |
Hércules | 4-4 | Ventorrillo |
D | Casás |
Próxima xornada
5 Coruña | - | Casás |
Guitiriz | - | Vilalba |
Begonte | - | Meigallos |
Ventorrillo | - | Burela |
D | Hércules |
Liga Feminina
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B |
---|
Próximas xornadas (21/02)
Vilalba | - | Cidade das Burgas |
Ribeira | - | Burela |
Burela | - | Vilalba |
Cidade das Burgas | - | Ribeira |