O Burela, que venceu ao Guitiriz, súmase ao Meigallos como clasificados para a loita polo ascenso

O líder empatou mentres que o Vilalba acabou coas opcións do Casás de coarse na segunda fase no grupo alto

O Meigallos sufriu esta fin de semana un pequeno revés en forma de empate ante o 5 Coruña, co que quedou 2-2. Xogaron un partido con pouco ritmo onde non tiveron os sarrios o seu mellor día. Eles adiantáronse na primeira parte nun roubo e unha contra moi ben executada, e na segunda parte o Meigallos estivo un pouco mellor e conseguiu empatar o encontro, pero noutra perda e desorden defensivo o 5 Coruña marcou o 2-1. A partir de aí xogaron os de Éric con porteiro xogador e empataron o encontro. Tamén tiveron despois ocasións para ganalo pero o resultado final foi 2-2.

O Burela fixo valer a segunda praza da categoría e a clasificación para loitar polo ascenso na segunda fase, para levarse a vitoria ante o Guitiriz a domicilio. Bo partido dos dous equipos que competiron ben. O Burela tivo a posesión e o control do xogo, sumando dos tantos no primeiro tramo do partido, un en propia do Guitiriz. Aínda así recuperou folgos antes do descanso o equipo local, que entrou na segunda con forza para falar de ti a ti aos laranxas. Co empate a 3 no marcador o Burela pegou un arreón e despegouse do equipo de Maradona para levar ao equipo ao 4-7 do final.

Consulta aquí a clasificación

O Vilalba sumou esta fin de semana a súa segunda vitoria trala xornada de descanso e fíxoo ás costas do Casás, que queda sen opcións de achegarse ao último posto que dá acceso a loitar polo título, o terceiro. 

Mal partido para os de Nino, que perdoaron moito tras o primeiro gol no minuto 2 da primeira parte. Co empate xusto no intermedio, na segunda tampouco houbo moito acerto por ningún dos dous equipos ata avanzada a sesión. Os chairegos viñéronse arriba e lograron poñerse por diante no marcador co 2-1 e logo do empate, ao minuto seguinte, a dous do final coaron o gol da vitoria ante un Casás que queda condeado a loitar por evitar o descenso na segunda fase.

Xusto por debaixo na táboa queda o Begonte, que perdeu tamén esta fin de semana na casa ante o Hércules, un dos aspirantes a entrar no grupo de privilexio. 1-5 foi o resultado final dun partido igualado na primeira metade e sen case ocasións para os dous equipos cun parcial de 1-2.

Na segunda, o Begonte xa dispuxo de ocasións para marcar pero foi o Hércules o que sumou, primeiro cun tanto en propia do local e despois cun penalti. Finalmente encaixaron o último cando estaban con porteiro xogador.

CASÁS 2 - 3 VILALBA

Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel (1), Sami, Iván (1), Alberto, Jorge, Uxío, Alonso e Manuel.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Diego M (1), Javier (1), David, Noé (1) e Pablo.
Cancha: Casa do Deporte.

5 CORUÑA 2 - 2 MEIGALLOS

5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo, Rubén, Antón, Matías (1), Álvaro N, Álvaro A, Martín (1), Carlos e Javier.
Os Meigallos FS: Saúl T, Adrián, Gonzalo, Borja, Saúl F, Álex, Jesús, Brais (1), Tomás, Xoel (1) e Iago.
Cancha: Barrio das Flores.                 

GUITIRIZ 4 - 7 BURELA

EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel, Alexandre, Sergio (1), Anxo (1), Aitor (2), Iago e Lois.
Pescados Rubén Burela FS: Javier, Bruno, Luis Miguel (1), Isaias (1), Saúl, Roi, Lucas, Diego (1), Hugo (1), Rafael (1), David José e Fernando (1). Un en propia do local.
Cancha: Jonathan Carro Paz.    

BEGONTE 1 - 5 HÉRCULES

Concello de Begonte FS: Daniel, Pablo P, Martín (1), Pablo V, José María, Anxo, Rodrigo, Marcos, David, Ramón e Antonio.
Sport Sala Hércules FS: Daniel (1), Fernando (2, 1 de penalti), Darío, Martín (1), Rodrigo, Xoel, Matías, Sergio e Manuel.
Cancha: Municipal de Baamonde.           

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 16

Casás 2-3 Vilalba
5 Coruña 2-2 Meigallos
Guitiriz 4-7 Burela
Begonte 1-5 Hércules
  D Ventorrillo

Próxima xornada 

Vilalba - 5 Coruña
Meigallos - Guitiriz
Burela - Begonte
Hércules - Ventorrillo
  D Casás

                

                          

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira