O Meigallos pasou apuros pero finalmente amosou que por algo lidera a táboa. Venceu na casa esta fin de semana pola mínina diferenza dun gol ao Casás (7-6). Foron os sarriaos de menos a máis mentres o Casás facía o contrario. Chegaron a estar 5-1 pero os de Nino recuperaron tensión e achegáronse antes do descanso ata o 5-3.
Partido moi competido na segunda metade, na que o local deixou pasar e o Casás fallou moito polo que o marcador foise aproximando pouco a pouco ata o 6-6 a cinco minutos do final. Finalmente, sería Borja o que poñería a vitoria sobre a mesa cando faltaban dous minutos.
O polo momento campión de grupo está xa clasificado para a segunda rolda no grupo que pelexará polo titulo e o ascenso con colchón cómodo de 7 puntos diante do Burela.
Os mariñaos ocupan agora o posto de prata tras arrebatarlle o lugar ao 5 Coruña no duelo desta fin de semana no Vista Alegre, no que os locais foron claros nas súas aspiracións. Os burelaos foron sempre por diante e abriron a conta no minuto 4. Rematou a primeira metade cun 3-2 que non daba nada por suposto pero no regreso, o Burela estivo consecuente e volveu coller o control do partido para seguir goleando.
Vitoria tamén in extremis do Begonte sobre o Ventorrillo. Xogaron os chairegos un partido que se complicou innecesariamente xa que aos 10 mimnutos ían gañando 0-4. Reaccionou o Ventorrillo antes do descanso e cunha individualidade e logo un erro do Begonte marcharon 2-4 ao descanso.
Na segunda parte, os chairegos dedicáronse máis a defender en media pista e saír en transicións polo que se ampliou de novo a vantaxe. Aínda así, o local recuperou terreo perigosamente con dous gous en xogadas illadas.
O Guitiriz caeu de novo co Hércules, 6-4, pero cun resultado menos avultado que no partido de ida. Foi un partido moi disputado que comezou co Guitiriz durmido e encaixando un gol nada máis comezar. Empataron cedo e comezou un intercambio de xogo moi visual que lles permitiu a ambos progresar no marcador moi igualados na maior parte das ocasións cos chairegos por diante.
Na segunda metade, chegaron a poucos minutos do final 4-4 pero un erro provocou o quinto do Hércules e despois marcou o sexto sobre a bucina.
MEIGALLOS 7 - 6 CASÁS
Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel (2), Sami (2), Iván, Alberto (1), Jorge, Pablo, Alonso (1) e Manuel.
Cancha: José Mario González.
BURELA 7 - 3 5 CORUÑA
5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo (2), Rubén, Antón, Jairo (1), Víctor, Álvaro N, Álvaro A, Carlos e Matías.
Cancha: Vista Alegre.
HÉRCULES 6 - 4 GUITIRIZ
EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Aitor (1), Anxo, Alexandre (1), Sergio, Yanira, Bruno, Xoel (2) e Lois.
Cancha: Barrio das Flores.
VENTORRILLO 4 - 5 BEGONTE
Concello de Begonte FS: Daniel, Martín (1), Pablo V, Rodrigo, José María (1), Pablo P (1), Marcos, David, Ramón e Antonio (2).
Cancha: Ventorrillo.
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A |
---|
Resultados xornada 15
Meigallos | 7-6 | Casás |
Burela | 7-3 | 5 Coruña |
Hércules | 6-4 | Guitiriz |
Ventorrillo | 4-5 | Begonte |
D | Vilalba |
Próxima xornada
Casás | - | Vilalba |
5 Coruña | - | Meigallos |
Guitiriz | - | Burela |
Begonte | - | Hércules |
D | Ventorrillo |
Liga Feminina
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B |
---|
Próximas xornadas (21/02)
Vilalba | - | Cidade das Burgas |
Ribeira | - | Burela |
Burela | - | Vilalba |
Cidade das Burgas | - | Ribeira |