Meigallos ponse líder na primeira xornada tras superar amplamente ao Ventorrillo

Cinco dos seis equipos da provincia copan as primeiras posicións da táboa trala primeira sesión

Dous derbis abriron a liga no grupo A da categoría xuvenil esta fin de semana que deixou ao Meigallos na cabeza da táboa trala goleada ao Ventorrillos (3-8).

Comezaron os sarriaos a súa visita ao campo contrario marcando o primeiro tanto cedo pero con dificultades para poñer terra de por medio, de feito chegaron ao descanso 2-3 no marcador. Na segunda asentaron o xogo e dominaron na pista durante o resto do partido. O terceiro gol local foi en propia do Meigallos.

Un dos derbis da xornada foi a vitoria do Begonte, segundo agora na táboa, sobre o Vilalba. Os locais foron mellores na primeira parte. De feito chegaron ao descanso cun 3-0 que reflectía o que pasaba na cancha. Na segunda, o Begonte marcou o cuarto de falta aos 5 minutos ao que seguiron outros dez minutos de baixón que o Vilalba aproveitou para marcar os dous tantos seguidos. Metéronse os vermellos de novo no partido para no último arreón chegar ata o resultado de 7-2.

O Guitiriz e o Casás firmaron unhas táboas que saben mellor ao equipo local que ao Casás. Os de Maradona, que este ano contan cun equipo lastrado polas baixas e o abandono de varios xogadores da categoría para centrarse no sénior, conseguiron un empate nun partido moi disputado no que a primeira parte foi máis do Guitiriz en xogo aínda que o marcador na pausa tamén era empate: 2-2. De feito o visitante aproveitou para probar cousas novas durante este tempo. Na segunda metade o Casás dominou o xogo claramente pero os locais sacaron forzas de fraqueza para levantar un 2-4 e chegar ao empate. 

Os visitantes sacaron porteiro xogador pero os locais defenderon ben e impediron ao Casás levarse o partido.

Consulta aquí a clasificación

O Burela tamén sumou tres puntos e cun avultado marcador na casa do Hércules (5-7). O equipo fixo unha primeira parte moi boa, cos xogadores sen conceder ocasións ao rival e dominando, o que deixou un 2-6 no marcador pero que podería ter sido moito máis ampla a vantaxe.

O Burela dominou sen dúbida tamén na segunda malia que a situación complicouse coa arbitraxe. O colexiado sacou oito tarxetas aos mariñaos, 6 amarelas durante o duelo e dúas vermellas ao final. Dúas das tarxetas de xogo foron para o adestrador, Javier Pardeiro, por protestar, e unha das vermellas para o delegado, Ramón Cordido.

Sete dobres penaltis en contra do equipo laranxa levaron o resultado final ata o 5-7. Malia a arbitraxe, a vitoria do Burela non perigou.

HÉRCULES 5 - 7 BURELA

Sport Sala Hércules FS: Daniel, Fernando, Rodrigo, Sergio (1), Álvaro, Ignacio, Manuel (1), Martín, Darío (1) e Codesal (2).
Pescados Rubén Burela: Roi, Hugo (1), Isaias (1), Rafael (1), Fernando (3), Javier, Elías, Diego, Lucas, Saúl, David e Luis (1).
Cancha: San Francisco Javier.

 VENTORRILLO 3 - 8 MEIGALLOS

Transricard Distrito Ventorrillo FS: Rubén, Noé, Álvaro (1), Xoel, Brais(1), Alejandro, David e Hugo. Un en propia porta do rival.
Os Meigallos FS: Álex, Brais, Gonzalo (1), Borja (3), Saúl F (1), Saúl T, Adrián, Rubén (2), Iago e Pablo (1).
Cancha: Ventorrillo.

BEGONTE 7 - 2 VILALBA

Concello de Begonte FS: Daniel, Martín, Rodrigo (2), Pablo (2), Antonio (1), Daniel, Anxo (2), Manuel, Marcos, José María e Ramón.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Pablo D, Brais, Michael (2), Pablo L, David, Diego M e Pedro.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 GUITIRIZ 4 - 4 CASÁS

EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Aitor, Anxo (1), Alexandre, Sergio (1), Yanira, Bruno (1), Xoel (1) e Lois.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel (1), Sami (2), Alberto, Diego, Jorge, Uxío (1), Nicolás e Manuel.
Cancha: Jonathan Carro Paz.
                                                       
 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

          Resultados xornada 1                                                                                   

Hércules 5-7 Burela
Ventorrillo 3-8 Meigallos
Begonte 7-2 Vilalba
Guitiriz 4-4 Casás
  D 5 Coruña

          Próxima xornada                                                                             

Meigallos - Hércules
Vilalba - Ventorrillo
Casás - Begonte 
5 Coruña - Guitiriz 
  D Burela