Derbi lugués na máxima categoría xuvenil con reparto de puntos entre dous compañeiros de táboa

O Burela perde o liderado da Galega logo de caer ante o Noia, mentres o Vilalba firmou a segunda vitoria da tempada, consecutiva, e foi o único en puntuar para a provincia

División de Honra Xuvenil

Fin de semana no que se disputou o esperado derbi lugués, que supuxo un empate dos dous equipos, que están xuntos na parte morna da táboa.

O Ribeira facía de anfitrión e estivo máis atinado de cara ao gol, o que lle permitiu ir con vantaxe de dous goles ao descanso. A segunda parte foi para o Acasti Reformas, que controlou o balón pero non foi quen de facer goles. Tivo que esperar aos últimos minutos, cando un gol de estratexia e outro xogando de cinco permitiulle empatar o partido.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 2 - 2 ACASTI REFORMAS

Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai (2), Xabier, Roberto, Alejandro P, Alejandro S, Mateo L, Bruno, Saúl, Álvaro e Mateo M.
Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Pablo (1), Diego, Teo, Iván, Alejandro, Pedro, Daniel, Anxo, Luis (1), Raúl e Hugo.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados xornada 9

Carballiño 7 7 Pontevedra
Parrulo 8 1 Inter Sala
Zamora 3 9 Tres Columnas
Ribeira 2 2 Acasti Reformas
Valladolid 2 3 Benavente
Vigo 2 5 5 Coruña
  D Salamanca
Próxima xornada
Pontevedra - - Salamanca
Inter Sala - - Carballiño
Tres Columnas - - Parrulo
Acasti Reformas - - Zamora
Benavente - - Ribeira
5 Coruña - - Valladolid
  D Vigo
 

Liga Galega Xuvenil

O Burela perdeu o liderado ao caer derrotado ante o Noia, que lle quita a primeira praza cun partido xogado menos. Os laranxas perderon ante un rival durísimo, que busca o ascenso. Encaixaron o primeiro gol xa moi cedo e aínda que empataron, resultado co que chegaron ao descanso, a segunda metade foi do Noia, con dous goles no mesmo minuto, que deixaron sentenciado o duelo aínda que o cuarto foi no final.

Nova derrota do Meigallos, e xa van catro seguidas, co que o equipo cae á oitava praza. Nesta ocasión o rival foi o Alto do Vento, co que queda empatado a puntos (1-3). Malia o resultado, foi un gran partido, no que os sarriaos foron moi superiores ao rival pero fallamos moitas ocasións moi moi claras pero o rival si estivo atinado de cara a porta.

Empezou o Meigallos marcando moi pronto cunha boa presión, tiveron varias ocasións claras para poñerse con máis vantaxe pero eles déronlle a volta ao marcador en dúas contras nas que non estiveron acertados nas transicións, e antes do descanso xa estaban 1-3.

Na segunda parte saíron máis enchufados e os rivais practicamente non saíron do seu campo, só tiveron unha ou dúas ocasións en tiros afastados cando estaban xogando de 5. O Meigallo tívoas de todo os tipos para marcar pero a pelota non quixo entrar.

A outra vitoria da fin de semana foi a do Vilalba, que se recupera dun mal inicio de tempada coa segunda vitoria consecutiva. Nesta ocasión superou ao Betanzos, co que comparte agora espazo na táboa.

O resultado foi 5-3 e podería ser tido máis avultado para os locais pero o porteiro visitante foi o mellor deles e parou varias ocasións claras. Un gol en propia porta do visitante deulle ao Vilalba o primeiro tanto na primeira xogada e no minuto 16 xa estaba 3-0, que foi 3-1 antes do descanso. Á volta, o resultado ampliouse ata o 5-1 pero o rival achegouse nos últimos minutos con dous tantos.

O Casás foi derrotado polo 5 Coruña por 7-4. Os de Nino entraron moi mal ao partido e encaixaron un 4-0 que dificultou a recuperación. Melloraron na segunda metade, logo de abrir a súa conta, pero non foi suficiente.

Os amarelos chegaron a poñerse 5-4 a falta de 7 minutos pero o 5 Coruña volveu coller vantaxe.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 1 - 4 NOIA

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Luis Miguel, Rafael, Iago, Hugo, Bruno, Diego, Iago, David e Elías.
Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Mateo Míguez, Fernando, Álvaro, Miguel, Raúl, Álex, César, Mateo V, Xavi, Óliver e Hugo.
Cancha: Municipal de Noia.

MEIGALLOS 1 - 3 ALTO DO VENTO

Os Meigallos FS: Álex, Óscar, Saúl F, Mauro, Tomás, Saúl T, Adrián L, Jesús, Xoel, Adrián G, Uxío e Rubén.
Alto do Vento FS Albergue A Casa do Boi: Hugo, Álvaro, José, Pablo, Saúl, Pedro, Iago, Guillermo e Samuel.
Cancha: O Chanto.

  VILALBA 5 - 3 BETANZOS

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Alexandre, Javier, David, Pablo D, Pablo R, Anxo, Ismael, Samuel, Noé, Martín e Alejandro.
Grelo Troula Betanzos: Miguel, Simón, Daniel P, Andrés, Daniel S, David, Dilan, Ayana, Carlos e Javier.
Cancha: Municipal de Vilalba.

5 CORUÑA 7 - 4 CASÁS

5 Coruña FS B-Mera FS: Nicolás, Tomás, Leo, Brais, Aarón, Iago, Pablo, Bruno e Gerardo.
Club Polideportivo Casás: Jorge, Manuel, Alonso, Nicolás, Samuel, Mateo, Joel, Yerai e Sergio.
Cancha: Barrio das Flores.

 

Resultados xornada 11

Burela 1 4 Noia
Meigallos 1 3 Alto do Vento
Vilalba 5 3 Betanzos
Coruxo 1 4 Campito
Redondela 5 2 Beade
Narón 7 0 Sala Ourense
5 Coruña B 7 4 Casás
  D Hércules

Próxima xornada

Noia - - Hércules
Alto do Vento - - Burela
Betanzos - - Meigallos
Campito - - Vilalba
Beade - - Coruxo
Sala Ourense - - Redondela
Casás - - Narón
  D 5 Coruña B
 
 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Amarelle 6 2 2 0 0 14 1
Burela  3 2 1 0 1 7 4
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada (3/02)
Viaxes Amarelle - Burela
  D Vilalba
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  3 1 1 0 0 8 4
Cidade das Burgas 3 1 1 0 0 2 1
Ribeira 0 2 0 0 2 5 10
Próxima xornada (30/12)
Cidade das Burgas - - Ourense CF
  D Ribeira
Cidade das Burgas - - Ribeira
  D Ourense CF