O Burela aséntase no liderado da Galega e o Vilalba suma os primeiros tres puntos

O Ribeira adianta provisionalmente ao Acasti Reformas na táboa, que perdeu ante o líder na súa volta á competición tras varias semanas sen xogar

División de Honra Xuvenil

O Ribeira adiantou esta fin de semana ao Acasti Reformas na táboa logo da súa vitoria ante o Tres Columnas, un dos equipos da zona máis baixa.

Os lugueses, aos que lles custou atopar os tres paus contrarios, abriron a conta xusto antes do intermedio e á volta marcaron o gol que aseguraba a vitoria. No minuto 31 lograban completar o trío, antes de que o o rival marcase o único gol do duelo.

Pola súa banda, ao Acasti Reformas pasoulle factura o descanso de tres semanas no que encarrilou a súa xornada de descanso, a fin de semana no que non houbo competición e a suspensión polo temporal.

Desde modo, ten un partido de carencia cos seus rivais e esta fin de semana foi derrotado polo líder, o Valladolid, pero cun resultado moi axustado. De feito, os brancos foron sempre por diante no resultado xa que estiveron máis acertados na porta. Foron os encargados de abrir o marcador e malia os continuos empates sempre lograron adiantarse. A falta dun minuto, foi o Valladolid o que marcou o gol da vitoria e o Lugo Sala intentouno con porteiro xogador pero non foi quen de empatar o partido.

Consulta a clasificación aquí

 TRES COLUMNAS 1 - 3 RIBEIRA

CD Tres Columnas Soliges Redmediaria: Francisco, Yassin, Carlos (1), Álex, José Alberto, Juan A, Javier M, Alejandro, Calvo, Javier R, Iker e Pablo.
Ribeira Fútbol Sala: Cristian, Unai (1), Xabier, Mateo, Saúl, Roi (1), Bruno (1), Roberto e Alejandro.
Cancha: Ciudad Rodrigo.

ACASTI REFORMAS 3 - 4 VALLADOLID

Lugo Sala Acasti Reformas: Xurxo, Iván, Pablo, Raúl (1), Teo (2), Manuel, Anxo, Diego, Pedro, Luis e Hugo.
Valladolid Tierno Galván Agrocesa: César, Miguel, Andrés (1), Alberto (1), Alejandro, Eduardo, David (1), Yeray, Roberto, Hugo, Gonzalo e Esteban (1).
Cancha: Municipal de Lugo.

Resultados xornada 8

Carballiño 5 6 Salamanca
Pontevedra 3 7 Parrulo
Inter Sala 13 1 Zamora
Tres Columnas 1 3 Ribeira
Acasti Reformas 3 4 Valladolid
Benavente 9 4 Vigo
  D 5 Coruña
Próxima xornada
Carballiño - - Pontevedra
Parrulo - - Inter Sala
Zamora - - Tres Columnas
Ribeira - - Acasti Reformas
Valladolid - - Benavente
Vigo - - 5 Coruña
  D Salamanca
 
 

 

Liga Galega Xuvenil

O Burela apunta maneiras de campión. Esta fin de semana venceu con moita comodidade a un dos aspirantes ao título, o Hércules.

Os laranxas levaron o marcador ata o 10-6 polo que, cun partido, menos, collen moita vantaxe para facerse co título, aínda que o Noia, que ten aínda menos está moi preto. Malia o resultado, os burelaos saíron algo durmidos e tiveron que encaixar dous goles en 3 minutos, dos que se recuperaron rapidamente. A igualdade foi máxima ata moito despois do descanso chegando a estar 5-5. 

Os últimos dez minutos foi o Burela o que controlou a situación e cun gol en propia porta do rival empezou a coller vantaxe, que completou sobre a bucina.

Boas novas tamén para o Vilalba, que logrou a súa primeira vitoria do curso ante o Alto do Vento por 4-5. Dominaron os vilabeses, que xogaron un partido moito máis completo do que reflicte o marcador, que se mantivo igualado ata o tramo final, cando a falta de 40 segundos o Vilalba marcou o gol da vitoria para levarase os tres puntos.

Outro dos aspirantes ao título, o Noia, superou ao Meigallos, que caeu á sétima praza logo da súa terceira derrota consecutiva despois dun gran inicio de Liga. Xogaron un gran partido ambos e foi o acerto goleador o que marcou o curso do mesmo. Entraron mal os sarriaos polo que o Noia aproveitou para abrir a conta. Reaccionaron ben pero o local mantívose por diante porque o. Meigallos non defendeu con intensidade.

Acabaron 3-2 ao descanso pero o rival aproveitou varias individualidades por banda esquerda para seguir por riba ata o 6-3. No 5 para 4 o Meigallos tivo ocasións para marcar pero non entraron, como tampouco o fixeron as oportunidades que tivo o Noia para seguir abrindo fenda.

Consulta a clasificación aquí

NOIA 6 - 3 MEIGALLOS

Noia Portus Apostoli FS: Raúl, Mateo, Fernando, Álvaro, Miguel, Lucas, Álex, César, Mateo, Xavi, Óliver e Hugo.
Os Meigallos FS: Álex F, Óscar, Saúl, Dennis, Xoel, Álex de la F, Uxío, Jesús, Mauro e Tomás.
Cancha: Municipal de Noia.

BURELA 10 - 6 HÉRCULES

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Bruno, Luis, Rafael, Hugo, Diego P, Iago D, Iago L, Elías e Diego E.
Hércules FS: Óscar, Lucas, Daniel, Sergio, Fabio, Jesús, Diego, Javier e Adrián.
Cancha: Vista Alegre.

 ALTO DO VENTO 4 - 5 VILALBA

Alto do Vento FS Albergue A Casa do Boi: Pedro S, Pedro C, José, Hugo, Saúl, Roberto, Lucas, Álvaro, Guillermo e Samuel.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Anxo S, Anxo L, Alexandre, David, Pablo, Dilan, Pablo R, Samuel, Martín, Javier, Alejandro e Brais.
Cancha: Santa Isabel.

 

Resultados xornada 10

Burela 10 6 Hércules
Noia 6 3 Meigallos
Alto do Vento 4 5 Vilalba
Betanzos 2 4 Coruxo
Campito 4 5 Redondela
Beade 1 3 Narón
Sala Ourense 8 5 5 Coruña B
  D Casás
Próxima xornada
Burela - - Noia
Meigallos - - Alto do Vento
Vilalba - - Betanzos
Coruxo - - Campito
Redondela - - Beade
Narón - - Sala Ourense
5 Coruña B - - Casás
  D Hércules

 

 
 
 

Liga Galega Xuvenil Feminina

 
GRUPO A
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Amarelle 6 2 2 0 0 14 1
Burela  3 2 1 0 1 7 4
Vilalba 0 2 0 0 2 1 17
Próxima xornada (3/02)
Viaxes Amarelle - Burela
  D Vilalba
 
GRUPO B
 
Clasificación
Equipo PT X G E P GF GC
Ourense CF  3 1 1 0 0 8 4
Cidade das Burgas 3 1 1 0 0 2 1
Ribeira 0 2 0 0 2 5 10
Próxima xornada (30/12)
Cidade das Burgas - - Ourense CF
  D Ribeira
Cidade das Burgas - - Ribeira
  D Ourense CF