O Begonte e o Guitiriz aproveitaron os días previos ao Nadal para disputar o partido que aprazaron da xornada 13, prevista para a fin de semana do 18 de decembro.
E os aires de festa sentáronlle ben ao equipo chairego, que goleou ao Begonte, na que foi a primeira vitoria da tempada.
A incorporación de varios xogadores de baixa axudou a que os de Maradona lograsen estes primeiros tres puntos aínda que se manteñen no máis baixo da clasificación.
O Guitiriz volveu ser un pouco o de antes e o regreso de Anxo, o capitán, axudou, sumado á actuación de Sergio, que fixo un hat trick e axudou a empuxar ao equipo ata a primeira vitoria. Tres goles por riba iban no intermedio o que significou para o equipo visitante un espaldarazo a unha tempada que está a ser moi dura.
O Begonte que goleara no partido de ida saiu un pouco confiado e malia que xogou ben e tivo ocasións non puido parar a un Guitiriz, ao que lle saiu todo.
BEGONTE 1 - 7 GUITIRIZ
EDM Concello de Guitiriz FS: Yanira, Aitor (2), Anxo (1), Alexandre (1), Sergio (3), Xoel, Iago e Lois.
Cancha: Jonathan Carro.
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A |
---|
Resultados xornada 13
Begonte | 1-7 | Guitiriz |
Próxima xornada
Vilalba | - | Meigallos |
Casás | - | Burela |
5 Coruña | - | Hércules |
Guitiriz | - | Ventorrillo |
D | Begonte |
Liga Feminina
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B |
---|
Próximas xornadas (21/02)
Vilalba | - | Cidade das Burgas |
Ribeira | - | Burela |
Burela | - | Vilalba |
Cidade das Burgas | - | Ribeira |