O Meigallos vence ao Burela nun agónico partido que se decidiu nos últimos 5 segundos

Vitorias do Begonte ante un dos aspirantes ao liderado, e do Casás, mentres que o Vilalba acabou empatando co Hércules

O Meigallos mantén o liderado tras un partido agónico contra o Burela, moi igualado e no que a equiparación dos equipos foi ata en tarxetas vermellas, unha para cada equipo no tramo final. Foron durante todo o duelo intercambiándose no liderado do marcador.

Chegaron 5-5 e a 5 segundos do final, o Meigallos marcou o gol da vitoria tras un duelo no que foi perdendo os xogadores máis representativos por baixa ou expulsión. O Meigallos mantense logo 8 puntos por riba do segundo na táboa con tres equipos pisándolle os talóns.

Un deses equipos que esperan na recámara é o Casás, que venceu ao Ventorrillo nun partido no que o que máis traballou foi o marcador, xa que chegaron a 9-8. 

Partido de ida e volta, un espectáculo de caídas e xogo no que foi mellor o Casás. Enturbiou o resultado que o equipo encaixou moitos goles. O marcador estivo 9-6 a catro minutos do final, pero o Ventorrillo meteu os dous últimos.

Consulta aquí a clasificación

Vitoria tamén para o Begonte, que se fixo co triunfo ante o 5 Coruña, un dos aspirantes ao título. Partido igualado no que comezaron perdendo dende o minuto 1 pero no que puideron refacerse cun empate e poñéndose por diante antes do descanso. Colocáronse en media pista e fixeron unha boa defensa a partir do gol aproveitando as ocasións en ataque. 

Na segunda parte, máis do mesmo. O Begonte abriu máis a fenda cun gol dende a pista visitante e faltando 10 segundos o Coruña achegouse, pero non foi a máis.  

O Vilalba sumou un punto ante o Hércules, co que empatou 2-2. Tardaron en abrir a caixa dos goles, xa que foi polo minuto 15 cando entrou o primeiro, por parte do Hércules, que rapidamente contestou o Vilalba. Na segunda parte serían os chairegos os que se adiantarían ata que a cinco minutos do final o visitante puxo o empate no marcador e este non se moveu máis.

MEIGALLOS 6 - 5 BURELA

Os Meigallos FS: Álex, Brais (1), Pablo, Borja (2), Saúl F (1), Saúl T, Óscar, Adrián (1), Iago, Pablo e Xoel. Un en propia do rival.
Pescados Rubén Burela FS: Javier, Hugo (2), Rafael (1), Isaias, Fernando, Bruno, Elías, Diego (1), Lucas, Luis (1) e Saúl.
Cancha: O Chanto.

CASÁS 9 - 8 VENTORRILLO

Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel (1), Sami (1), Alberto (2), Diego (2), Uxío, Alonso (3) e Pablo.
Distrito Ventorrillo FS: Alejandro P, Abel, Diego, Alejandro V (2), Xoel, Ramón (2), Brais (4), Miguel e Noé.
Cancha: Ventorrillo.                    

VILALBA 2 - 2 HÉRCULES

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A (1), Diego M, Pablo D, Brais, David (1), Noé e Pablo L
Sport Sala Hércules FS: Daniel, Fernando, Darío Q (1), Martín, Sergio, Alan (1) e Darío R.
Cancha: Municipal de Vilalba.                    

5 CORUÑA 2 - 3 BEGONTE

5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo, Rubén, Antón, Jairo (1), Víctor, Álvaro (1), Enrique, Samuel, Íker e Javier. 
Concello de Begonte FS: Daniel, Martín, Pablo V, Rodrigo (2), José María, Pablo P, Antonio (1), Marcos e Ramón.
Cancha: Novo Mesoiro.                    

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 12

Meigallos  6-5 Burela
Vilalba 2-2 Hércules
Casás 9-8 Ventorrillo
5 Coruña 2-3 Begonte
  D Guitiriz

         Próxima xornada  

Burela - Vilalba
Hércules - Casás
Ventorrillo - 5 Coruña
Begonte - Guitiriz
  D Meigallos

                                  

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira