Pequeno esvarón do Meigallos, que empatou ante o Hércules aínda que mantén o liderado

As decisións arbitrais empañaron a vitoria do Begonte sobre o Casás mentres o Guitiriz perde pero mellora a presenza na pista

O Meigallos mantén o liderado da xuvenil malia o esvarón que tivo esta fin de semana, xa que non puido pasar do empate co Hércules, o mesmo equipo co que perdeu na primeira volta, a única derrota da tempada.

Comezaron o partido moi ben, dominando e ante un conxunto que actuou pechado atrás. A relaxación do que se sabe líder pasou factura e encaixou tres goles cedo, noutras tantas contras. O Meigallos, vendo a situación, recuperou a presenza e apertou para poder levantar o resultado pero non puido pasar do empate. 

Co Burela en xornada de descanso, situado na terceira posición, o Casás perdeu ante o Begonte. Partido condicionado polas decisións arbitrais, que protestaron dende o equipo amarelo. Moita igualdade no marcador, xa que sempre estiveron moi próximos co Begonte por diante na maior parte das ocasións. Moitos goles que deron emoción pero que non deixaron moita satisfacción polo devenir do partido. 

Consulta aquí a clasificación

O Concello de Guitiriz finalizou con derrota ante o 5 Coruña pero tamén pechou un dos partidos máis completos da tempada. O equipo de Maradona puido disputar a segunda parte ao mesmo nivel que a primeira, algo que non vén sucendendo nas últimas xornadas. Mereceu máis o equipo chairego que fixo un gran labor de novo co reducido do seu banco e co capitán aínda de baixa por lesión.

1-2 ao descanso e foi empate xa no inicio da segunda metade. O rival puido irse no marcador só no final.

Derrota incuestionable do Vilalba co Ventorrillo a domicilio por 9-1. Tres goles nos primeiros 5 minutos lastraron un resultado que se mantivo en 3-0 ata a segunda metade. Trala pausa seguiron caendo os goles lentamente ata o tramo final onde engordaron o resultado.

HÉRCULES 3 - 3 MEIGALLOS

Sport Sala Hércules: Daniel, Álvaro (1), Martín, Sergio, Rodrigo (2), Ignacio, Fernando C, Manuel e Codesal.
Os Meigallos FS: Álex, Brais, Pablo, Borja (1), Saúl F (1), Saúl T, Rubén, Iago, Gonzalo (1) e Xoel.
Cancha: Tarrío.

BEGONTE 6 - 5 CASÁS

Concello de Begonte FS: Yerai, Anxo (3), Pablo (1), Martín, Rodrigo (1), David, José María (1) e Ramón.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel, Alonso (2), Alberto, Diego (3), Jorge, Uxío, Pablo e Manuel.
Cancha: Municipal de Baamonde.                    

VENTORRILLO 9 - 1 VILALBA

Distrito Ventorrillo FS: Alejandro P, Álvaro, Xoel, Diego (1), Abel (1), Jaime, Brais (5), Miguel (2) e Noé.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A (1), Michael, Javier (1), David, Diego M, Pablo e Brais.
Cancha: Ventorrillo.                    

 GUITIRIZ 2 - 5 5 CORUÑA

EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel, Aitor, Alexandre, Sergio (2), Iago, Lois e Bruno. 
5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge (1), Gonzalo, Rubén, Jairo (1), Matías, Víctor, Álvaro, Gonzalo, Antón, Samuel, Íker e Javier (2). Un en propia porta do Guitiriz.
Cancha: Jonathan Carro.                    

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 11

Hércules 3-3 Meigallos
Ventorrillo 9-1 Vilalba
Begonte 6-5 Casás
Guitiriz 2-5 5 Coruña
  D Burela

         Próxima xornada    

Meigallos  - Burela
Vilalba - Hércules
Casás - Ventorrillo
5 Coruña - Begonte
  D Guitiriz

                                 

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira