Dobre xornada para Vilalba e Guitiriz, con dobre empate do equipo da capital da Chaira

O Meigallos segue líder tras vencer ao Ventorrillo malia unha desastrosa primeira metade

Dobre xornada esta fin de semana para Vilalba e Guitiriz, que xogaron o derbi pendente entre eles da pasada xornada. Dous empates e dous puntos sacou de renda o equipo vilalbés, que se enfrontou o venres ao de Maradona. Foron neste duelo por diante os de Guitiriz na primeira metade, marcando un parcial de 0-3 pero na segunda cambiou o conto coas lesións de Yanira e do capitán Anxo. Estes dous cambios trouxeron a remontada do local quen tamén se fixo valer dun rexeite perdido para lograr o ansiado empate nos últimos segundos.

O segundo empate do Vilalba foi na xornada propia contra o Begonte, tamén na casa e cun resultado de 3-3. Xogaron os begontinos unha primeira parte mala que impulsou ao Vilalba ata o 2-0 antes do descanso. O segundo foi faltando un minuto para o intermedio, cando o Begonte foi sancionado coa expulsión do porteiro e non tendo máis no banco tivo que poñer un xogador. 

Os begontinos reiniciaron o xogo co 3-0 en contra pero a partir de aí foron superiores, con máis posesión e finalizacións. Ao final meteron os tres goles que necesitaron para o empate, os dous últimos nun minuto e no final. E aínda tiveron opcións de facerse cos tres puntos nalgunha ocasión máis.

O outro dobrete do Guitiriz foi co Casás, duelo ao que chegou cos dous xogadores lesionados en falta, ao igual que os amarelos. Primeira parte moi competida cos de Maradona por diante no marcador, aínda que no descanso estaban 2-2.

No reinicio, dúas contras puxeron ao Casás no partido co 4-2 e a partir de aí pasaron por riba dos chairegos.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos pola súa conta segue liderando comodamente cunha nova vitoria, ante o Ventorrillo. Os sarriaos tiveron que remontar outra vez tras facer unha primeira parte moi espesa e na que fallaron moitas ocasións. 0-2 foi o parcial, a favor dos visitantes no intermedio con dous golazos do pibote e unha gran actuación do porteiro visitante.

Na segunda xa o Meigallos comezou a xogar e foron moi superiores aínda que seguiron fallando moito, debido tamén ao porteiro do Ventorrillo. Marcaron un gol para recortar diferenzas aos 4 minutos de empezar a segunda e tiveron moitas ocasións para empatar pero este non chegou ata que quedaban 5 minutos.

Foi nese último tramo cando se concentraron todos os goles, pasando do 2-2 ao 5-2 cos dous equipos xogando de cinco. O 3-2 chegou nunha recuperación e contra e os 4-2 e 5-2 en recuperacións.

Burela tamén se fixo coa vitoria ante o Hércules, por 5-3. Foron os mariñaos sempre por diante no marcador aínda que tardaron en atopar a portería contraria. A dous minutos do intermedio entraron os dous primeiros. Na segunda recuperou terreo o equipo visitante pero no tramo final, un gol en propia do Hércules abriu unha fenda que se mantivo ata o 5-3 final.

MEIGALLOS 5 - 2 VENTORRILLO

Os Meigallos FS: Álex, Iago, Pablo, Borja, Saúl F (2), Saúl T, Adrián, Rubén, Brais (2), Gonzalo (1) e Sergio.
Distrito Ventorrillo FS: Alejandro P, Diego, Xoel, Alejandro V (2), Abel, Jaime e Santiago.
Cancha: José Mario González.

CASÁS 8 - 2 GUITIRIZ

Club Polideportivo Casás: Raúl, Uxío (2), Alberto, Diego (4), Pablo (1), Jorge, Nicolás (1) e Manuel.
EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Aitor, Alexandre, Sergio, Lois, Yanira, Xoel (1) e Anxo. Un en propia porta do rival.
Cancha: O Palomar.                    

BURELA 5 - 3 HÉRCULES

Pescados Rubén Burela: Javier, Bruno, Hugo, Rafael (1), Fernando, Roi, Elías (2), Diego P, Lucas, Isaias (1) e Saúl. Un en propia porta do rival.
Sport Sala Hércules: Ignacio,Martín, Rodrigo (2), Darío, Sergio, Manuel e Daniel. (1)
Cancha: Vista Alegre.                    

VILALBA 3 - 3 BEGONTE

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Pablo (1), Javier (1), Brais, José, Diego M, Michael (1) e David.
Concello de Begonte FS: Daniel, Antonio (1), Martín (1), Pablo V, Rodrigo (2), Ramón, Pablo Prado, Marcos, Anxo, David  e José María (1).
Cancha: Municipal de Vilalba.                    

VILALBA 4 - 4 GUITIRIZ

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Pablo L (1), Diego A, Javier, Brais (2), José, Pablo D, Diego M, Michael (1) e David. Un en propia do Guitiriz.
EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Aitor, Alexandre, Sergio (2), Anxo, Xoel, Iago e Lois (2). 
Cancha: Municipal de Vilalba.                    

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 10

Burela 5-3 Hércules
Meigallos  5-2 Ventorrillo
Vilalba 3-3 Begonte
Casás 8-2 Guitiriz
  D 5 Coruña
Vilalba 4-4 Guitiriz

      Próxima xornada

Hércules - Meigallos
Ventorrillo - Vilalba
Begonte - Casás
Guitiriz - 5 Coruña
  D Burela

                                        

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira