O Meigallos asegura o liderado tras vencer a un Begonte que foi por diante ata mediada a segunda parte

Intensidade para un Casás que empatou a 7 co 5 Coruña nun partido de continuas idas e voltas

O Meigallos segue dominando unha semana máis a táboa clasificatoria tras vencer ao Concello de Begonte por un apertado 5-4, pero que lle supón de novo tres puntos máis, na que é a sétima vitoria en 8 xornadas.

Un gran e emocionante partido disputaron os dous equipos xa que o Begonte non puxo as cousas fáciles ao líder, que tamén fallou moitas ocasións. Os sarriaos aproveitaron as contras para sumar goles. 

Empezou o partido con Meigallos atacando e o Begonte defendendo a media pista. Foron os visitantes os que se adiantaron cun gol con fortuna de Anxo que conseguen tras unha xogada individual e un golpeo desde a banda.

O Begonte logrou poñerse por diante de novo, co segundo de Anxo e o dobrete de Rodrigo, nunha contra antes do descanso e na segunda aproveitou dúas perdas dos locais para subir o marcador ata o 1-4. O Meigallos reaccionou aumentando o ritmo e as ocasións, que non entraron ao principio pero cando o fixeron empataron en 3 minutos con 2 golazos de Saúl (un golpeo desde a banda que entra pola escadra e un de tacón) e con outro gol de Gonzalo, que foi o encargado de tirar do equipo.

Cando quedaba 1 minuto e medio o Meigallos sacou porteiro xogador para intentar consolidar a remontada e a falta de 15 segundos Brais logrou marcar o gol da victoria.

O Burela camiña tamén seguro na súa viaxe desta primeira fase e foi contundente unha fin de semana máis vencendo ao Ventorrillo por 7-0. Dous goles na primeira metade marcaron un partido no que os laranxas dominaron.

Consulta aquí a clasificación

O Casás xogou co 5 Coruña un partido de moitas idas e voltas e con moita intensidade, que rematou cun 7-7. A igualdade foi total no marcador. Foron primeiro os do Casás os que se adiantaron pero o empate chegou pronto. Con esta máxima de adiantarse e empatar se mantivo o resto do partido, aínda que foi o 5 Coruña o que ía por diante.

As lesións dos amarelos están pasando factura a un equipo que se enfrontou a un 5 Coruña que acudiu coa formación ao completo. Aínda así os de Nino tiveron a ocasión de levarse a vitoria a falta de 4 segundos nun dobre penalti.

O partido do entre o Vilalba e o Guitiriz, os dous equipos da parte baixa, disputarase o venres ás 19.00 horas.

MEIGALLOS 5 - 4 BEGONTE

Os Meigallos FS: Álex, Iago, Pablo, Borja, Saúl F (2), Saúl T, Adrián, Rubén, Brais (1), Gonzalo (2) e Sergio.
Concello de Begonte FS: Daniel, Martín, Pablo V, Rodrigo (2), Antonio, Anxo (2), Pablo Prado, David  e Ramón.
Cancha: José Mario González.

CASÁS 7 - 7 5 CORUÑA

Club Polideportivo Casás: Raúl, Iván (1), Alberto (1), Diego (4), Pablo, Jorge, Alonso (1), Nicolás e Manuel.
5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo, Rubén (2), Jairo (1), Matías (2), Víctor, Gonzalo, Carlos (1), Antón (1), Samuel, Íker e Javier.
Cancha: O Palomar.                    

BURELA 7 - 0 VENTORRILLO

Pescados Rubén Burela: Javier, Hugo (2), Luis Miguel (1), Isaias, Rafael (2), Roi, Bruno, Elías (1), Diego P, Lucas, Saúl (1) e Fernando. 
Distrito Ventorrillo: Alejandro, Aarón, Diego, Brais, Xoel, e Jaime.
Cancha: Vista Alegre.                    

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 9

Casás 7-7 5 Coruña
Vilalba A Guitiriz
Meigallos 5-4 Begonte
Burela 7-0 Ventorrillo
  D Hércules

Próxima xornada  

Burela - Hércules
Meigallos  - Ventorrillo
Vilalba - Begonte
Casás - Guitiriz
  D 5 Coruña

                                              

Liga Feminina

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

             Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira