Dous dobre penaltis marcaron o duelo igualado Begonte-Burela mentres o Meigallos foi moi superior ao Guitiriz

Na categoría feminina o Burela mantense líder incuestionable e invicto a oito puntos dos seus rivais, os outros equipos da provincia

O Meigallos continúa pola senda da vitoria e suma a quinta consecutiva da tempada, na que segue liderando a clasificación. Esta fin de semana venceu ao Guitiriz, equipo da zona baixa ao que se lle está facendo esta tempada moi costa arriba.

Os sarriaos gañaron fácil en Guitiriz nun partido onde foron superiores. A primeira parte non foi o mellor pero foron ao descanso 0-3, aínda que os de Maradona tiveron algunhas ocasións para marcar. Na segunda saíron os visitantes e conseguiron aumentar a vantaxe ata o definitivo 0-8.

O outro derbi da xornada estivo moi apertado, entre Begonte e Burela aínda que foron os mariñaos os que se levaron o gato á auga tras dous dobres penaltis moi discutidos.

Moita tensión no xogo, que trouxo en suma dúas expulsións por dobre amarela, o porteiro laranxa no minuto 28 e o local Martín, xa preto do final.

Partido igualado que comezou cun gol madrugador para os visitantes nun córner que sobe como gol en propia porta do Begonte tras golpear nun defensa. Tralo empate o Begonte púxose por diante para volver empatar o rival e adiantarse antes da pausa.

Reanudouse o xogo co 3-3 no marcador e a un minuto do final dous dobres penaltis, discutidos, en contra do equipo chairego cambiaron o curso da sesión. Anotaron os laranxas polo que o Begonte sacou porteiro xogador desbocando o marcador con dous goles máis para cada equipo.

Consulta aquí a clasificación

A derrota foi para o Vilalba, que caeu co 5 Coruña por 6-3. O maior movemento no marcador produciuse nos primeiros minutos. Un 2-0 que acabou en 3-2 no minuto 10, o mesmo resultado co que se foi ao descanso.

Á volta, o 5 Coruña seguiría dominando o electrónico para subir tres tantos máis por un que meteu o equipo vilalbés.

O Meigallos segue a liderar metnres que o Casás están na terceira posición pero o restos dos luguese ocapan as últimas prazas comezando con Burela (o mellor situado) para seguir con Begonte, Vilalba e Guitiriz.

5 CORUÑA 6 - 3 VILALBA

5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Rubén (2), Antón, Matías (1), Javier (1), Álvaro (2), Gonzalo, Samuel, Carlos e Íker. 
Grupo Forma-T Vilalba FS: José, Pablo L (2), Diego A (1), Brais, Javier, Dilan, Pablo D, Diego M e David.​
Cancha: San Francisco Javier.

GUITIRIZ 0 - 8 MEIGALLOS

EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Aitor, Alexandre, Sergio, Anxo, Xoel, Iago, Lois e Bruno.
Os Meigallos FS: Álex, Brais, Gonzalo (1), Pablo (2), Borja, Saúl T, Óscar, Adrián (1), Rubén (1), Iago (1) e  Saúl F (2).
Cancha: Jonathan Carro.

BEGONTE 5 - 6 BURELA

Concello de Begonte FS: Daniel, Pablo (3), Rodrigo (1), Martín, Antonio, Anxo (1), Marcos, José María e Ramón.
Pescados Rubén Burela: Javier, Hugo (1), Luis Miguel (1), Isaias, Rafael (3), Roi, Bruno, Elías, Diego P, Lucas, Saúl e Fernando. 1 en propia porta do rival.
Cancha: Municipal de Baamonde.                    
 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 8

5 Coruña 6-3 Vilalba
Guitiriz  0-8 Meigallos
Begonte 5-6  Burela
Ventorrillo 4-3 Hércules
  D Casás

     Próxima xornada  

Casás - 5 Coruña
Vilalba - Guitiriz
Meigallos - Begonte
Burela - Ventorrillo
  D Hércules

                                         

Liga Feminina

Os equipos xuvenís femininos da provinia disputaron o día 1 de novembro, festivo, a terceira e cuarta xornada de liga no Somos Fútbol de Lugo.

O Burela asegurou o seu dominio claro e contundente da táboa con dúas vitoria máis que o manteñen invicto na clasificación e con moita vantaxe xa que Ribeira e Vilalba están a 8 puntos. Ademais, marcou xa 23 goles fronte aos 10 do segundo clasificado.

Na dobre xornada desta fin de semana, o Burela goleou en primeiro lugar ao Vilalba (0-5), ao que no lle deixou marcar e en segundo ao cidade das Burgas, tamén cun 7-2 claro e contundente.

Para o Ribeira, que vai segundo na táboa, aínda que empatado a puntos co Vilalba, foi unha de cal e outra de area. Venceu ao Vilalba por un cómodo 2-5 pero caeu ante o Cidade das Burgas por 1-2.

A competición continuará o martes de Entroido, 21 de febreiro. 

Consulta aquí a clasificación

VILALBA 0 - 5 BURELA

Grupo Forma-T Vilalba FS: Iria, Iris, Leire, Naia, María, Aitana, Alejandra, Lucía, Iria, Sofía, Sara e Sandra.​
Burela FS (Pescados Rubén): Ester, Iria (1), Sofiia (1), Mariia (1), Sofía, Evelina, Laura, María, Nerea (1) e Claudia (1).
Cancha: Somos Fútbol.

RIBEIRA 1 - 2 CIDADE DAS BURGAS

Ribeira FS Lieders: Alba L, Carla, Paula, María, Mara (1). Ainara, Iria, Alba P, Ariadne e Xenia.  
Cidade das Burgas FS: Noa R, Sheila (1), Fara (1), Ánxela, Carmen, Noa C e Andrea.
Cancha: Somos Fútbol.

VILALBA 2 - 5 RIBEIRA 

Grupo Forma-T Vilalba FS: Iria, Iris, Leire (1), Sandra, María (1), Aitana, Alejandra, Lucía, Iria, Sofía, Naira e Sara.​
Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla (1), Paula, María, Mara (3). Alba L, Iria, Alba P, Noelia (1), Ariadne e Xenia. 
Cancha: Somos Fútbol.

BURELA 7 - 2 CIDADE DAS BURGAS

Burela FS (Pescados Rubén): Ester, Nerea, Sofiia (1), Mariia (3), Evelina, Laura, María, Iria e Claudia (2).
Cidade das Burgas FS: Noa R, Sheila, Fara (1), Ánxela, Carmen (1), Noa C e Andrea.
Cancha: Somos Fútbol.

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

                Resultados xornadas 3 e 4                                         

Vilalba 0-5 Burela
Ribeira 1-2 Cidade das Burgas
Vilalba 2-5 Ribeira
Burela 7-2 Cidade das Burgas

                    Próximas xornadas (21/02)                        

Vilalba - Cidade das Burgas
Ribeira - Burela
Burela - Vilalba
Cidade das Burgas - Ribeira