O Meigallos ponse líder en solitario trala vitoria ante o 5 Coruña desta fin de semana

O Casás venceu ao Vilalba a domicilio e o Burela ao Guitiriz no Vista Alegre nos dous derbis da xornada, que completou a derrota do Begonte co Hércules

O Meigallos pasa a ser o novo líder en solitario da táboa tras unha nova vitoria, nesta ocasión ante o 5 Coruña por 5-3. Partido case perfecto e intenso contra un moi bo equipo pero no que os sarriaos foron superiores.

Adiantáronse cun moi gran gol de Brais tras unha xogada colectiva de todo o equipo. O segundo, obra de Saúl, chega tras unha boa presión arriba, e o terceiro márcao o porteiro Álex tras unha xogada na que o gardamallas rival adiantouse para finalizar unha xogada.

Con este resultado chegaron ao descanso e na segunda parte eles conseguen marcar 2 goles, os 2 con algo de fortuna tras rebotes, pero o Meigallos aguantou o achegamento e tras unha boa xogada individual de Brais marca Rubén o 4-2 no segundo pau, Borja fai o 5-2 nun penalti por man, para rematar co 5 Coruña, que deixou o resultado final tras unha perda atrás.

O Casás mantén a segunda praza da categoría xuvenil tras sumar unha nova vitoria, neste caso ante o Vilalba, penúltimo da listaxe.

Os amaremos, que acudían á capital da Chaira con moitas baixas apostaron polo traballo defensivo, pechados atrás e preparados para saír ás contras.

O Casás xerou ocasións e logrou finalizar coa portería a cero. Tres goles entraron na primeira metade e dous na segunda cun hat trick de Manuel López.

Consulta aquí a clasificación

No segundo derbi da xornada, o Burela acabou de afundir a un Guitiriz que volveu facer unha boa primeira parte pero que adoleceu o cansazo na segunda.

7-3 foi o resultado con que se chegou ao final, pero a situación foi máis apertada na cancha. O Burela comezou dominando claro e subiu un 3-0 ao marcador en 11 minutos, antes de que o Guitiriz reaccionara para chegar a manterse 4-3 e logo 5-3 antes do descanso.

Comezou a segunda parte co Guitiriz loitando polo cuarto gol, frustado por unha gran parada do porteiro burelés, pero a sorte trouxo un novo tanto laranxa polo que o Guitiriz xa non puido máis. O 7-3 mantívose ata o final do duelo.

O Begonte caeu 11-6 ante o Hércules aínda que foron os chairegos os que abriron o reconto nada máis comezar. Remontaron os coruñeses de cara ao final da primera metade aínda que dominaron pero sen goles, xa que a falta dun minuto para a pausa o Begonte sacou porteiro xogador pero sen fortuna anotadora pero si un gol en contra.

Na segunda metade igualouse o conto rapidamente ata ver o 3-3 no electrónico. O Hércules comezou unha espectacular remontada cun gol en propia do Begonte e seguiu marcando ata que os chairegos volveron optar polo porteixo xogador. Marcaron un par de goles pero o rival tamén subiu a conta tres máis.

VILALBA 0 - 5 CASÁS 

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Pablo, Diego, David, Javier, José, Pablo, Diego e Brais.​
Club Polideportivo Casás: Raúl, Iván, Alberto, Diego (1), Pablo, Jorge, Uxío (1), Carlos e Manuel (3).
Cancha: Municipal de Vilalba.

MEIGALLOS 5 - 3 5 CORUÑA

Os Meigallos FS: Álex (1), Brais (1), Gonzalo, Pablo, Borja (1), Saúl T, Rubén (1), Iago, Adrián e  Saúl F (1).
5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo (1), Rubén, Antón, Jairo, Víctor, Álvaro, Carlos, Matías (2) e Íker. 
Cancha: José Mario González.

BURELA 7 - 3 GUITIRIZ

Pescados Rubén Burela: Roi, Hugo (3), Luis Miguel (2), Rafael (1), Fernando, Javier, Bruno, Diego P, Lucas (1), Diego E e Saúl.
EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel (1), Aitor, Alexandre (1), Sergio, Iago, Lois, Anxo (1) e Bruno.
Cancha: Vista Alegre.

HÉRCULES 11 - 6 BEGONTE

Sport Sala Hércules FS: Daniel (2), Martín (4), Rodrigo, Darío Q (1), Fernando, Manuel, Sergio (1), Alan (1), Darío R (1) e Álvaro. Un en propia porta do Begonte.
Concello de Begonte FS: Daniel, Rodrigo (2), Martín, Ramón, Antonio (2), Anxo (2), Pablo P, Pablo V e Marcos.
Cancha: Barrio das Flores.

                                   

 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 7

Vilalba 0-5 Casás
Meigallos 5-3 5 Coruña
Burela 7-3 Guitiriz
Hércules 11-6 Begonte
  D Ventorrillo

               Próxima xornada

5 Coruña - Vilalba
Guitiriz  - Meigallos
Begonte -  Burela
Ventorrillo - Hércules
  D Casás

                                 

Liga Feminina

Trala retirada do Cidade das Burgas, os enfrontamentos continuarán o día 1 de novembro no Municipal de Lugo.

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

                Próxima xornada (1/11)                                          

Vilalba - Burela
  D Ribeira
Vilalba - Ribeira
  D Burela