Os puntos da xornada na categoría foron para o Meigallos, que pasou apuros para superar ao Casás

Partido con moitos goles, no que a alternancia foi o rasgo máis distintivo. O Burela levantou un resultado aciago pero non foi quen de gañar

A única vitoria da xornada na categoría foi para o Meigallos, que superou ao Casás mediante unha ensalada de goles . Deste modo, os sarriaos quedan a un punto do líder, o 5 Coruña. Partido que puido caer para calquera das dúas partes e no que notáronse en falta dous xogadores de peso entre os amarelos.

Os goles foron alternando para cada equipo e na primeira metade compartiron tamén o dominio no marcador. No descanso, o 3-4 co que remataron non deixaba nada claro para onde irían os tres puntos. Na segunda o Meigallos tomou posicións a través de Borja e Saúl Fernández, que completaron un hat trick cada uno. Malia que os de Sarria foron por diante, estiveron moi preto de darlle a volta ao marcador en varias ocasións.

Pola súa banda, o Burela levantou un partido que viña mal dado pero non foi quen de gañar ao 5 Coruña. O duelo quedou marcado no minuto 6 co solitario gol do local que se convertiría en 2-0 por outro en propia porta. Finalmente e antes do descanso chegaría o 4-0. Malia que trala pausa a diferenza ampliouse, o Burela reaccionou na segunda metade para acurtar distancias pasando do 5-1 ao 5-3 e posteriormente ao 6-4 co que rematou o duelo.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte perdeu ante o Ventorrillo por 3-6 e dende a casa. Paradoxicamente o rival tivo máis ocasións na primeira metade pero foi o Begonte o que se foi ao descanso 2-0. Na segunda, os de Suso Castro estiveron mellor chegando a poñerse 3-2 e con moitas ocasións de convertilo en 4-2 pero co empate do Ventorrillo, o equipo veuse abaixo e comezou a encaixar goles.

O partido rematou cunha vermella ao adestrador visitante por protestar.

O Guitiriz volveu caer derrotado cun avultado marcador. O equipo, que sobrevive co 90% dos xogadores con idade cadete, enfrontouse ao Hércules, un dos equipos máis físicos da competición. Aguantaron ben os de Maradona durante a primeira metade, sobretodo tralo regreso de Yanira, tras dous meses de baixa, e de Sergio, por sanción.

Aguantaron a primeira parte bastante ben aínda que foron ao descanso 0-3 e tras dúas boas ocasións de acurtar a distancia. Na segunda parte, pola contra, foise o partido cando o cansazo fixo a súa aparición.

CASÁS 7 - 9 MEIGALLOS

Club Polideportivo Casás: Raúl, Alonso (2), Iván. (1), Alberto, Diego (2), Jorge, Uxío (1) e Pablo (1).
Os Meigallos FS: Álex, Rubén, Gonzalo (2), Borja (3), Saúl F (3), Saúl T, Brais (1), Iago, Pablo e Adrián.
Cancha: O Palomar.

5 CORUÑA 6 - 4 BURELA

5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo (1), Rubén, Antón, Jairo, Víctor, Álvaro (3), Gonzalo, Martín, Samuel, Matías (1) e Javier. Un en propia do rival.
Pescados Rubén Burela: Roi, Luis Miguel, Rafael (2), Saúl, Fernando (1), Javier, Bruno, Diego P, Lucas, Diego E e Hugo V (1).
Cancha: Barrio das Flores.

GUITIRIZ 1 - 8 HÉRCULES

EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Xoel, Aitor, Alexandre (1), Lois, Sergio, Yanira e Bruno.
Sport Sala Hércules FS: Daniel, Martín (2), Rodrigo (2), Darío, Fernando Conchado (2), Ignacio, Manuel (1), Sergio, Alan, Matías (1) e Fernando Codesal.
Cancha: Jonathan Carro.

BEGONTE 3 - 6 VENTORRILLO

Concello de Begonte FS: Daniel, Anxo (2), Rodrigo (1), Ramón, Antonio, Pablo, Marcos e David.
Transricard Distrito Ventorrillo FS: Alejandro (1), David, Diego, Brais (3), Noé (2) e Rubén.
Cancha: Municipal de Baamonde.

             

                                              

 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 5

Casás 7-9 Meigallos
5 Coruña 6-4 Burela
Guitiriz  1-8 Hércules
Begonte 3-6  Ventorrillo
  D Vilalba

                  Próxima xornada             

Vilalba - Casás
Meigallos - 5 Coruña
Burela - Guitiriz
Hércules - Begonte
  D Ventorrillo

                        

Liga Feminina

Trala retirada do Cidade das Burgas, os enfrontamentos continuarán o día 1 de novembro no Municipal de Lugo.

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

 

                Próxima xornada (1/11)                                          

Vilalba - Burela
Ribeira - Cidade das Burgas
Vilalba - Ribeira
Burela - Cidade das Burgas