Casás e Meigallos vencen en senllos derbis provinciais a Burela e Vilalba

As mariñás lideran a táboa feminina no inicio da competición o pasado martes

O Casás continúa unha semana máis no liderado da táboa tras vencer de novo, nesta ocasión ao Burela.

O resultado foi 1-3 para os amarelos e tras un partidazo por parte dos dous equipos, que ofreceron unha ampla variedade de propostas tácticas e de acción sobre o parqué. Os visitantes controlaron o encontro dende o inicio e aínda tiveron máis oportunidades de marcar das que se convertiron en gol. Abriu moi cedo o reconto o equipo de Nino, cun tanto no minuto 1. O Burela fíxose forte no Vista Alegre para empatar, resultado co que foron ao descanso. Á volta, o Casás volvería adiantarse para rematar o resultado sobre o minuto 34.

Vitoria tamén do Meigallos sobre o Vilalba no outro derbi provincial da categoría, un partido moi competido. Os sarriaos ocupan a terceira praza cun partido menos e se levaron os tres puntos cun 5-2 na casa.

Gran traballo dos de Éric, que tiveron moitas máis ocasións pero que se atoparon co muro do porteiro vilalbés. Foron precisamente os visitantes os primeiros en marcar cun tiro lonxano que entra tras rebotar no porteiro sarriao e o largueiro. Os locais insistiron para lograr o empate cunha boa xogada de Brais que finaliza Saúl no segundo pau. O terceiro sobe mediante un roubo tras unha presión de Adrián, resultado co que foron ao descanso.

Na segunda metade Gonzalo marca o 3-1 nunha boa xogada individual e nun despiste os vilalbeses aproveitan para achegarse co 3-2 pero acto seguido Rubén pon de novo distancia. Preto do final, o Vilalba saca porteiro xogador pero é Borja quen marca o quinto e definitivo.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte, situado no medio da táboa, tivo descanso e o Guitiriz, que pecha a clasificación con moitas baixas, caeu goleado polo Ventorrillo.

Os de Maradona, que estaban en cuadro por baixas e sancións, aguantaron ben a primeira metade e de feito foron ao descanso 2-1 pero a segunda fíxose moi larga e o estado físico pasou factura para encaixar o resto de tantos cos que foron goleados. 

MEIGALLOS 5 - 2 VILALBA

Os Meigallos FS: Saúl T, Rubén (1), Iago, Pablo, Borja (1), Brais, Gonzalo (1), Adrián (1) e Saúl F (1).
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Pablo L (1), Diego A, Javier, David (1), José, Pablo D, Diego M e Michael.
Cancha: José Mario González.

BURELA 1 - 3 CASÁS

Pescados Rubén Burela: Roi, Hugo, Luis Miguel, Rafael (1), Fernando, Javier, Bruno, Diego P, Lucas, Diego E e Saúl.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel, Sami, Alberto (1), Diego (1), Jorge, Uxío, Alonso, Iván (1) e Pablo.
Cancha: Vista Alegre.

VENTORRILLO 7 - 1 GUITIRIZ

Transricard Distrito Ventorrillo FS: Rubén, Álvaro, David, Xoel (3), Diego (1), Alejandro, Aarón, Nicolás (1) e Noé (2).
EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Xoel, Aitor, Alexandre (1), Lois, Yanira e Bruno.
Cancha: Ventorrillo.

                                                    

 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 5                                  

Meigallos 5-2 Vilalba
Burela 1-3 Casás
Hércules 1-2 5 Coruña
Ventorrillo 7-1 Guitiriz
  D Begonte

                Próxima xornada        

Casás - Meigallos
5 Coruña - Burela
Guitiriz  - Hércules
Begonte -  Ventorrillo
  D Vilalba

                         

Liga Feminina

O pasado mércores 12, na xornada festiva, tivo lugar en Burela a primeira xornada na categoría xuvenil feminina, qeu se xoga, como a alevín e como o ano pasado, por concentración de xornadas. Dúas tiveron lugar ese día no Vista Alegre para deixar ao equipo anfitrión líder da categoría tras vencer ao Ribeira,

O lugueses foron os únicos en facer dobrete de partidos e, tras caer cos mariñaos, disputaron tamén o duelo co Vilalba, co que empataron a 2.

As do Burela foron contundentes no tramo final, xa que foron ao descanso con só un gol en carteira e tras facer outro á volta, os últimos dous foron a tres minutos do final.

O outro duelo da xornada foi o derbi Ribeira-Vilalba que se saldou con empate a 2. As chairegas foron por diante no marcador, cun gol tempraneiro, que foi empate contra o descanso.

O Cidade das Burgas non se presentou polo que o nin o Burela nin o Vilalba xogaron de novo. A próxima xornada será o 1 de novembro.

Consulta aquí a clasificación

BURELA 5 - 0 RIBEIRA

Burela FS (Pescados Rubén): Evelina, Nerea, Iria, Mariia (1), Sofiia K (2), Ester, Sofía, María, Laura, Claudia e Daria (2).
Ribeira FS Lieders: Alba L, María, Paula R, Carla D, Alba P, Azahara, Mara, Iria, Carla V, Noelia, Paula M e Ariadne.
Cancha: Vista Alegre.         

RIBEIRA 2 - 2 VILALBA

Ribeira FS Lieders: Alba L (2), María, Paula R, Iria Alba P, Azahara, Mara, Carla V, Carla D, Noelia, Paula M e Ariadne.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Sandra, Leire, Ainara, Jennifer, María (2), Iris, Iria, Aitana e Naira.
Cancha: Vista Alegre.
 
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

                Resultados xornada 1 e 2                                      

Ribeira 2-2 Vilalba
Cidade das Burgas S Burela
Cidade das Burgas S Vilalba
Burela 5-0 Ribeira

                 Próxima xornada (1/11)                                          

Vilalba - Burela
Ribeira - Cidade das Burgas
Vilalba - Ribeira
Burela - Cidade das Burgas