O Casás ponse primeiro cun partido máis e despois da vitoria sobre o Hércules na casa

Dobre derbi na xuvenil con vitoria de Burela e Concello de Begonte sobre Vilalba e Guitiriz

Un dos derbis da xornada estivo a cargo do Vilalba e o Burela con vitoria dos laranxas por 0-4 mentres o Meigallos fixo o descanso obrigado mirando dende a súa terceira praza aos rivais.

O Burela sumou a segunda vitoria e deixa ao Vilalba na parte fonda da táboa. Os laranxas marcaron rápido e foron superiores agás nos últimos dez minutos da primeira metade, onde as forzas quedaron máis equilibradas pero, a partir da segunda metade o duelo deixou ao Burela liderando e abrindo a fenda coa que rematou o partido. 

Vermella no tramo final para David José, alterado tras un forte golpe e que tivo que acudir a consulta médica ao rematar o duelo.

Vitoria tamén para o Casás, que dominou o partido de forma notoria agás no último cuarto do duelo no que as rotacións provocaron unha baixada de brazos, que no puxo en perigo a vitoria pero que abriu o camino ao rival.

O Casás marcou cedo e, unha vez aberta a veda, sucedéronse os goles ata o 6-0 antes do descanso, que se convertiría en 7-0 xusto á volta. O Hércules aproveitou para maquillar o resultado no tramo final, xa que nos catro últimos minutos meteu 4 goles.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte pasou por riba do Guitiriz para firmar un 2-8 que nada ten que ver co resultado do amistoso disputado antes do comezo de liga.

Os visitantes foron moi superiores, moi cohesionados e cun xogo de grupo que conseguiu controlar as xogadas individuais dos tres xuvenís que o Guitiirz tiña en pista.

Estas individualidades costaron caras ao equipo local, que intentou solucionar a desfeita da primeira parte pero xa no puido cambiar o curso do partido, no que tamén foron expulsados Sergio polo local e Martín,  polo visitante, por unha pelexa entre eles. Ademais da falta de Sergio, o Guitiriz deberá enfrontarse á baixa de Anxo por un esguince co que a situación se lle complica para os próximos partidos.

VILALBA 0 - 4 BURELA

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Pablo, David, Brais, Javier, Pedro, Diego e Michael.
Pescados Rubén Burela: Javier, Rafael (1), David José, Fernando, Luis (2), Bruno, Diego P, Lucas, Diego E e Saúl (1).
Cancha: Municipal de Vilalba.

CASÁS 8 - 5 HÉRCULES

Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel (1), Sami (3), Alberto, Diego (3), Jorge, Uxío, Carlos (1) e Pablo.
Sport Sala Hércules FS: Ignacio (1), Martín, Fernando C (2), Rodrigo, Fernando C, Sergio (1), Daniel (1) e Alan.
Cancha: O Palomar.

GUITIRIZ 2 - 8 BEGONTE

EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Aitor, Alexandre, Sergio, Anxo, Yanira, Bruno, Xoel (1) e Lois (1).
Concello de Begonte FS: Daniel, Antonio (1), Rodrigo (2), Pablo (1), José María (1), Ramón (1), Martín (1) e David. Un en propia porta do rival.
Cancha: Jonathan Carro Paz.

                                                    

 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 4            

Vilalba 0-4 Burela
Casás 8-5 Hércules
5 Coruña 3-3 Ventorrillo
Guitiriz  2-8 Begonte 
  D Meigallos 

                Próxima xornada                                            

Meigallos - Vilalba
Burela - Casás
Hércules - 5 Coruña
Ventorrillo - Guitiriz
  D Begonte

                   

Liga Feminina

Este mércores, 12 de outubro, comezará de novo a Liga feminina xuvenil coa partipación de tres equipos, o Ribeira, o Vilalba e o Burela. Será o debut das vilalbesas, que xogarán no grupo B novamente en tres concentracións durante esta primera fase. A primeira sesión, dobre, terá lugar no Vista Alegre e as seguintes serán o 1 de novembro e o 21 de febreiro, aproveitando o Entroido.

 
LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA GRUPO B

                Primeira xornada (12/10)                                          

Ribeira - Vilalba
Cidade das Burgas - Burela
Cidade das Burgas - Vilalba
Burela - Ribeira