O Meigallos lévase a vitoria ante o Burela mentres o resto de equipos da provincia non puntúa

Venceu ao Burela e tamén caeron derrotados Casás, por un gol, Begonte e Vilalba. Guitiriz perdeu o duelo aprazado co 5 Coruña

O Meigallos foi o único en vencer na provincia e fíxoo ante o Burela nun partido no que non faltaron as tarxetas vermellas. Vitoria moi importante para os de Eric nun partido igualado e intenso no que os locais foron superiores. Empezaron marcando os mariñaos, pero os locais déronlle a volta ao marcador con dúas xogadas de saque de banda. Malia que volveron empatar, antes do descanso xa estaban dous arriba tras un roubo e unha boa xogada.

Na segunda metade marcaron o 2-5 e cando quedaban 4 minutos o Burela achegouse cun golazo. Finalizou a sesión cunha pelexa entre xogadores de ambos equipos que se saldou con varias amonestacións

O Casás tamén caeu derrotado polo Ventorrillo, pero cun resutado moi axustado nun partido con moitos goles, 7-6. O Casás adoleceu das numerosas baixas coas que acudiu ao partido e pagou cara a inexperiencia de xogadores que se estreaban na categoría. Varios erros condicionaron un resultado que estivo moi igualado durante todo o partido. No minuto 35 o marcador tiña un 6-6 que o local rompeu no último momento.

Consulta aquí a clasificación

Derrota máis clara do Vilalba, ante un Hércules que foi decisivo dende o minuto 2, cando marcou o primeiro tanto. O equipo local dominou e levouse o marcador de cara ata o descanso, no que fixo a pausa coa tranquilidade que dá o 5-1.

Á volta o Vilalba intentouno de novo pero só logrou marcar un novo gol, que foi contestado nos últimos minutos polo Hércules.

O Begonte sucumbiu ante o 5 Coruña na casa por 3-7. Un partido máis igualado do que se pode ver polo resultado, xa que o Begonte dispuxo de varias ocasións pero non foi capaz de finalizar.

Púxose o rival por diante nunha xogada polo exterior e marcaron dous seguidos antes de que o Begonte apostara polo 5 para 4 nun intento de que non se lle fose o resultado. Non conseguiron marcar pero si encaixar. A segunda parte seguiu na mesma liña e os goles intercambiáronse de cara ao final, aínda que o visitante estivo mellor.

Por outra banda, o Guitiriz, que descansaba esta fin de semana, disputou o partido que tiña pendente da pasada fin de semana e sumou a primeira derrota. Queda así cun punto procedente do empate da primeira xornada. Partido difícil para os chairegos aos que lles espera unha dura tempada xa que a maior parte do equipo está formado por cadetes.

O 5 Coruña fixo valer a súa superioridade física e o gran número de xogadores cos que acudiu ao duelo. O Guitiriz aguantou ben a primeira metade, cun gran xogo defensivo, pero na segunda metade dous erros nas transicións trouxeron o 2-4. Na segunda, dous erros en transicións fixeron o 4-2. Os chairegos viñéronse abaixo e xogaron de 5 pero non foron capaces de recuperarse.

BURELA 3 - 5 MEIGALLOS

Pescados Rubén Burela: Rois, Isaias (1), Rafael (2), Fernando, Luis, Javier, Bruno, Diego P, Lucas, Diego E e Saúl.
Os Meigallos FS: Álex, Rubén, Gonzalo, Pablo, Borja, Saúl Tourón, Adrián, Brais (1), Iago (1) e Saúl Fernández (3).
Cancha: Vista Alegre.

 HÉRCULES 6 - 2 VILALBA

Sport Sala Hércules FS: Daniel L, Martín (1), Fernando, Rodrigo, Darío, Daniel M, Manuel (1), Sergio, Matías (2), Fernando e Álvaro (2).
Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A (1), Diego M, Brais, Michael, Pablo L (1), Pablo D, David e Javier.
Cancha: Barrio de Las Flores.

VENTORRILLO 7 - 6 CASÁS

Transricard Ventorrillo FS: Rubén, David (1), Xoel (2), Diego (1), Noé, Alejandro P, Aarón, Alejandro A, Brais (3), Nicolás e Hugo.
Club Polideportivo Casás: Jorge, Uxío, Samuel (2), Sami (3), Alberto, Alejandro, Pablo (1), Nicolás e Manuel.
Cancha: Ventorrillo.

BEGONTE 3 - 7 5 CORUÑA

Concello de Begonte FS: Daniel, Anxo, Martín, Pablo, Rodrigo, Daniel, Manuel, José María (1), David, Ramón e Antonio 82).
5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo V (1), Rubén (2), Antón (1), Íker, Víctor, Álvaro, Carlos, Jairo (1) e Matías (2).
Cancha: Municipal de Baamonde.         

5 CORUÑA 5 - 2 GUITIRIZ

5 Coruña FS B-Mera FS: Jorge, Gonzalo V (1), Rubén (1), Antón (1), Javier, Álvaro (1), Gonzalo H, Martín, Carlos, Víctor, Jairo (1) e Íker.
EDM Concello Guitiriz FS: Iago, Aitor, Anxo (2), Alexandre, Sergio, Yanira, Bruno, Xoel e Lois.
Cancha: Novo Mesoiro.

                                                    

 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                Resultados xornada 3                                          

Burela 3-5 Meigallos
Hércules 6-2 Vilalba
Ventorrillo 7-6 Casás
Begonte 3-7 5 Coruña
  D Guitiriz
5 Coruña 5-2 Guitiriz

                Próxima xornada                                        

Vilalba - Burela
Casás - Hércules
5 Coruña - Ventorrillo
Guitiriz  - Begonte 
  D Meigallos